ALEGATO FINAL DESTA WEB EN DEFENSA
DOS RÍOS DE GALICIA. 1995-2024
30 anos loitando en Galicia polos nosos ríos sin conseguir
casi nada.
Eso foi ó que fixo esta páxina e outras
que teño dedicadas aos ríos galegos, moi pouco.
A Xunta de Galicia fixo moito
menos,
salvo no bipartito BNG-PSG onde estaba ao frente o enxeneiro José Benito
Reza, sendo Director Xeral de Medio Ambente, e que fixo un estudio a fondo
de todos os ríos galegos intentando ver os problemas que tiñan para poñerlle
remedio logo; o traballo, co cambio de goberno, foi a basura e nin tan
siquera se publiqou...seguro que había moitos intereses para non seguir...
Os pescadores, casi chegamos aos 100.000
en tempos, sempre moi preocupados de pescar pero deixando facer e nunca
plantexando solucións para manter sans os nosos ríos, salvo moi poucos deles,
que se contan cos dedos das mans. Desilusión, nunca xuntos polos nosos
ríos...
Resultado final, despois de 30 anos, a 2024,
os nosos ríos
desgraciados, inservibles a maioría, enganando a uns poucos pescantíns que
inda quedamos que xa debemos andar polos 10.000 ou vamos camiño de ese
número e cada ano somos menos.
Por eso lendo estas noticias, á que
vou a poñer a continuación síntome mal, hai lugares no mundo, en
España, en Europa, en EEUU ... que loitan polos seus ríos sexa
quen sexa os gobernos, actuan...
