| Ríos Ourensáns : río Bibei. |
Foi en tempos un gran río da Provincia de Ourense, as distintas sucesións de encoros do seu cauce, así como alguns vertidos, deixaron o río para o arrastre. En algunhas zonas o rio queda sen augua e en outras como na zona da Virxen das Ermitas estivo practicamente seco moito tempo. Hoxe ten o caudal ecolóxico, pero non chega a nada. Penoso.
Dos encoros nada que dicir. Unha pena. Son molocotes salvaxes, feitos sen ter en conta o medio ambiente, nin a fauna, nin nada. Só a explotación pola explotación caiga quen caiga. Ata fai moi pouco, non deixaban nin caudal ecolóxico, as escalas non saben o que son nin para que serven. E esto é xeral en toda a provincia.
Penso que as empresas propietarias dos encoros deberan mirar mais pola zona, está desfeita e moi dificil de recuperar. Podía sela zona mais bonita da provincia.
É outra cousa que non entendo, a zona é bellísima e de gran potencial turístico e sin embargo téñena abandonada. O río está lastimoso.
Estado de conservación:
- Tramo Encoro de San Agustín-Coto de Viana:
Do pouco que queda na provincia, sen lugar a dúbidas polo dificil e perigroso acceso o rio. Vai moi encaixonado e é dificil de andar. Sufre o mesmo tempo moitas variacións de nivel. Perigroso.
- Coto de Viana:
Lastimoso. Unha burla para o pescador e para o turista que se acerque. Na cabeceira do coto ten un estercoleiro. Atopei unha lavadora no medio do río, fai dous anos, pero a verdade é que había de todo. Esto pode levantar bastante polvareda, pero é certo e hai que decilo co ánimo posto en que hai que reparar a zona., é una vergoña. Inda por riba paguei 500 pts. por pescar no coto.
Este ano non é coto, pero de seguro que o estercoleiro segue aumentando.
- Encoro do Vao-Desembocadura no Sil :
Moi mal casi non hai río. En alguns sitios o río vai por un tunel. Polos codos de Larouco moitas veces vese o río sen auga, e incríble cando nese lugar xúntanse o río Bibei e o río Xares e vense as augas paradas . E penoso
Nacimento : Na Serra Segundeira. Rotación cultivos: cultivada Afluentes importantes: Por la izquierda el Camba. Por la derecha: el Xares. Pendente: 8.2º Superficie : 598 km2 Textura suelo:Arenoso Diferencia cotas :1430 Dias non útiles vertidos: 188 Longitude: 46 km Acept. choiva invernal:alta Densidade población: 28 hab/km2 Precipitacións: 1430 mm Densidade ganado: 0.8 vac/Ha Deficit hídrico: 60-90 días. Densidade explot: nº 8/km2 Risco contaminación.: 1/3 Material xeológico: granito Porcentaxe ocupación: Manzaneda 10%; O Bolo 20%; Trives : 30%, Viana: 40%.