Fotografías do
río Miño:
Ourense-Castrelo de Miño.
Fotógrafo: Secundino Lorenzo.

Fotografía,
dende o Seminario Maior de Ourense, das pontes mais
importantes de Ourense cidade.
En primeiro
lugar a Ponte Novísima, logo a Ponte do Milenio,
sigue a Ponte Vella, una pasarela que desdice
totalmente, logo a Ponte Nova ou Ponte de Ferro e a
máis alta a Ponte do Viaducto do Ferrocarril.
A fotografía é do autor da web e debe ser do ano
2002.
Comenzarei no
encoro de Velle:

Encoro de Velle na misma
cidade de Ourense, unha presa pequena 17 Hm3 e de
82,94 Mw. de prod. eléctrica. É de Gas Natural
Fenosa e foi feita entre 1962 e 1966.
Afectou moitísimo o río Miño
en Ourense e inda afecta. Non entendo como as
autoridades e o pueblo de Ourense deixou facer esta
presa.
O río Miño non é o mismo da
miña xuventude, onde se podía un bañar, sempre
con precaución, dende Oira ata a Ponte Vella. Hoxe é
un río distinto. Ourense e parte das súas termas
están en mans desta presa que ó turbinar anega
moitas veces as termas da Chavasqueira, as do
Muíño da Veiga e as de Termas de Outariz.

Nesta
fotografía pode verse como a Presa de Velle está
xusto a carón das Piscinas de Oira; nos meus
tempos a praia fluvial de Ourense. Tiña un bar no
medio do río e moitos ourensán baixávamos polo río
dende Oira ata a praia da Antena, xunto a Ponte
Vella.

Río Miño preto de
Oira, por debaixo do encoro de Velle. A fotografía
está sacada dende a Pasarela que se fixo para pechar
un circuito ó redor do río Miño, de casi 15 km. de
lonxitude.
A esquerda un
muiño de acea e outra pasarela que se fixo para
salvar o río Loña que desemboca nese lugar. Nesas
escalinatas, que se ven, recóllese a auga que utiliza
a cidade de Ourense.

Nesta fotografía, sacada en
febreiro de 2018, vese a pasarela que pecha o
circuito de andaina do río Miño en Ourense; ó fondo
a presa de Velle e a dereita o edificio onde están
as máquinas que sacan a auga do río Miño para
abastecer a Ourense ciudade. O dibuxo do edificio
parece que anima os pescadores de "cola de rata" a
pescar nesa zona. Efectivamente en tempos había
salmóns, reos, troitas, sábalos, sábogas, anguías e
outros tipos de peixes...Hoxe pode entrar algunha
troita, pero hai moi poucas, os demais xa non
existen, os encoros de Castrelo e Frieira impiden,
de forma ilegal, subir a estes peixes...

Pasarela sobre
o río Loña, que desemboca neste lugar pola esquerda
no río Miño. Esta pasarela forma parte dun recorrido
de casi 15 km. ó redor do río Miño.

Pasarela que se
fixo por debaixo do encoro de Velle, para salvar ó
río Miño e pechar o recorrido circular, xunto coa pasarela
de Outariz, de 15 km.
Esta fotografía
é do ano 2014, e o río Miño iba cheo.

Na fotografía a
Ponte do Viaducto do ferrocarril. Foi
inaugurada en 1957, xunto coa estación
Ourense-Empalme. Esta ponte permitiu chegar a
Ourense cidade por ferrocarril cruzando o río Miño;
antes o ferrocarril viña de Vigo e seguía cara a
Monforte. Rematouse o tramo Puebla de Sanabria -Ourense
da liña Zamora-Vigo (xa era hora...).
O primeiro
proxecto da Ponte foi redactado polo enxeñeiro José
Luis Tovar Bisbal entre 1933 e 1943. A obra
rematouse no ano 1948 xunto coa estación actual, e
non se inaugurou ata 1957.
Ten nada menos
que tres arcos-bóvedas centrais e once laterais,
seis nas Lagoas e cinco na outra ribeira. Os arcos
centrais teñen unha luz de 62 m. e uns 60 m de
altura. O viaducto ten 400 m. de largo.
Por certo é
toda ela de formigón.
Fonte deste
texto "As pontes sobre o río Miño", Historia e
Enxeñería J.M. Eguileta. Faro de Vigo.

Na fotografía a
"Ponte Nova". Foi fundamental para Ourense.
Sirviu para unir a estación de Ferrocarril e o
Parque de San Lázaro.
A Ponte
comenzou a facerse en 1911 baixo a dirección de Martín
Díaz de la Banda, se ben non se rematará ata os
inicios de verán de 1918, baixo a dirección de
Miguel Fdez. Garcia. Cumple polo tanto 100 anos no
2018.
Está formada
por seis arcos de medio punto de sillería e un de
"ferro" feito nos "Talleres de Zorroza" de Bilbao,
cunha luz de 74 m.
Tamén se chama
"Ponte de Ferro".

Os sillares de
granito de Outariz foron cuidadosamente labrados por
canteiros pontevedreses de Cotobade, incluindo un
friso de palmetas modernistas e unhas composición
con elementos profesionais propios dos Enxeñeiros de
Camiños, Canais e Portos; a áncora, a ponte e as
ramas de palma e de carballo. As farolas eran da
fundición madrileña de Talleres Iglesias.
Seica o efecto
desta ponte foi básico para a cidade xa que permitiu
estirala cara o norte, contribuindo a crear o actual
centro agrandado coa rúa Curros Enríquez e
potenciando máis a contorna do Parque de San Lázaro.
Fonte deste
texto "As pontes sobre o río Miño", Historia e
Enxeñería J.M. Eguileta. Faro de Vigo.

Fotografía na
"Ponte Vella" ou en castelán "Puente Viejo", tamén chamada "Ponte Maior", ou mal chamada
Ponte Romana; en realidade é
Ponte
Romana-Medieval. Fotografía do autor da web
anterior ó ano 2000. Hoxe xa non ten este alumbrado
e ten outro aspecto.

Ponte Vella ou
Ponte Maior. Monumento
Histórico dende 1961.
Esta ponte empezou
sendo romana no século I, con 10 arcos. Rematou
sendo romana-medieval de 208,3 m., entre estribos, de lonxitude e
sete arcos. A súa historia téndela neste
link que dedico as Pontes Romanas do
río Miño.
Decir simplemente
que por aquí pasaba a estrada Nacional de Villacastín
a Vigo, a N-625. Deixaron de pasar automóviles
dende o ano 1989, no que pasou a ser peatonal.
Fotografía de
2014

Fotografía da Ponte Vella
sacada en xaneiro de 2018. Observar que xa non ten,
foi retirado, o conducto que levaba as augas
fecais da Ponte a depuradora de Ourense, e tamén foi
cambiado o alumbrado, xa non aparecen as farolas.

Fotografía actual
da Ponte Maior de Ourense, xa coa remodelación feita
no 2016, que foi de limpeza e de cambio de
alumbrado. O nome de "Ponte Vella" venlle
dende 1918 que se inaugurou a "Ponte Nova".

O arco central
ten unha luz de 38,20 m., según Juan Carlos Rivas
(Juan Andrés Hervella fala de 43,7 m). A altura do
arco é de 39 m.
No link xa citado hai mais fotografías desta
ponte, orgullo dos ourensáns. A pila da
dereita, do arco central, a pila que se ve na fotografía, sempre foi o problema desta
ponte, xa que nunca estuvo ben asentado. Estas e
outras cousas están, repito, no link citado.

Fotografía da
"Ponte do Milenio". Esta ponte foi inaugurada
no ano 2001. A fotografía é do 2002. Buscaba unha
conexión entre o Campo dos Remedios e a
Circunvalación Oeste. O arquitecto foi Álvaro Varela
e toda a súa historia, con fotografías e comentarios
esta
recollida nesta web, do que escribe. A web
figura dentro do
Caixon
de Sastre dedicado ó río Miño.

Outra fotografía
da Ponte do Milenio vista río arriba. Ó fondo a
Ponte Vella.

Fotografía
sacada polo autor da web nas Festas do Corpus do ano
2002.

Outra fotografía
do río Miño coa Ponte do Milenio. Está sacada na
chea do 2014 que quedou simplemente nesto. O
espectáculo dende esta ponte, sobretodo dende a
pasarela, é incrible, da a sensación de que casi toca
ó río.

Fotografía da "Ponte
do Ribeiriño" ou "Ponte Novísima" ,
rematada en 1966 entrou en funcionamento en 1971.
Está ponte veu a resolver unha das entradas a cidade
de Ourense, xa que está conectada polos Accesos de
Galicia; é unha conexión oeste da Nacional N-525
Vigo-Madrid. Tamén conecta cunha entrada por
Eiravedras coa autovía Rías Baixas.
Ten 240 m. de
lonxitude, e dous arcos-bóvedas de formigón
paralelos de 60 m. de Luz. Nos laterais conta con
oito vans, seis na zona do Couto e dous na
Cavasqueiura.
Fonte deste
texto "As pontes sobre o río Miño", Historia e
Enxeñería J.M. Eguileta. Faro de Vigo.

No seu día
estaba xustificado o nome de Ponte Novísima.
A primeira ponte sobre o río Miño foi a Romana - Medieval, logo a Ponte
Nova ( a de "Ferro"), logo o Viaducto e despois
esta.

Esta fotografía
mostra en primeiro término a Poza e a Acea da Veiga,
e o fondo a Pasarela de Outariz. Esta pasarela forma
parte do recorrido sensacional que hai en Ourense o
redor do río Miño. 15 km. fantásticos onde por certo
hai as famosas termas do Miño.
Estas termas teñen un apartado
especial neste recorrido polo noso pai Miño e dentro
desta páxina web.
Aqui remato as
pontes de Ourense, que son as vistas máis dúas que
sirven para incorporarse dende a autovia Rías Baixas,
por Eirasvedras, vindo de Vigo, e outra que
une a estrada que ven de Monforte , a N-120, e
o Barrio do Vinteun e a antigua estrada a
Santiago.

Acea de Untes.

Acea por debaixo
de Outariz. Ata esta zona chega a cola do encoro de
Castrelo de Miño.

Outra Acea (muíños
do río Miño) no río Miño, neste caso a altura de
Untes. Enfrente a Freixendo. Nesta zona do río
Miño había moitas aceas, hoxe en estado ruinoso.

Outra
fotografía do río Miño. Ponte da autopista que
conecta a Autovia "Rías Baixas" e Santiago de
Compostela. A esquerda Santa Cruz de Arrabaldo.
A fotografía está sacada dende o pueblo
de Ourantes.

Vista do río
Miño dende Puga. 2017.

Fotografía do
río Miño enfrente o Balneario de Laias; a dereita
Puga.

Outra fotografía
do río Miño. Meandro de Xubin.

Outra
fotografía do río Miño, preto do encoro de
Castrelo de Miño. Enfrente o pueblo de Barral.
Hoxe no Ribeiro, vense estas fincas ben traballadas;
neste caso as de Colección Costeira.

Castrelo de
Miño e San Paio dende a Finca de Colección
Costeira, que é da Cooperativa do Ribeiro. O río
Miño aquí está encorado pola Presa de Castrelo.
A cola do encoro chega por riba de Untes.
Volver
á río Miño
Volver
a río Miño
|