
Agustín Hernández-Fernández de Rojas,
actual Conselleiro de
Territorio, Obras Públicas e Medio Ambiente da Xunta de Galicia 2009.
A verdade que este home tuvo un comportamento impresentable,
nada profesional e penoso, cando analizou o impacto ambiental do encoro do río Umia no
ano 1995.
O seu informe foi de xulgado de garda. Víuselle o plumeiro, e por suposto a quen
defendía...
As personas cambian e esperemos que este home non sexa o
daquelas. Si conserva algo, que é o máis seguro, que temblen os ríos galegos,
calquera cousa inda que estropeen os ríos irá para adiante...
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Recordemos aquel detalle do ano 1995
FE
DE ERRATAS REMITIDO Ó SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CALDAS POLO SUBDIRECTOR XERAL DE INFRAESTRUCTURAS HIDRÁULICAS.
A seguinte documentación ( Fax
remitido por Agustín Hernandez-Fernández de Rojas , Subdirector Xeral de
Infraestructuras Hidráulicas) , por si sola é unha auténtica
vergoña, xunto con varios delitos.
Trátase do documento remitido
ó Sr.
Alcalde de Caldas de Reis, en contestación as alegaciones
sobre o documento de Impacto ambiental que facía referencia e
se denunciaba que no estudio sobre o Encoro de Caldas de Reis no
Umia, aparecían topónimos da
Provincia de Huelva, así como no inventario faunístico
animais que no eran galegos...Evidentemente o anterior anulaba por
fraude o documento, entre outras cousas, ...
Está fe de erratas non ten
desperdicio e constituía un auténtico delito por si soa, por
estos puntos:
1.- Un auténtico delito ecolóxico.
2.- Un delito de falsificación de documentos
públicos.
3.- Un delito de malversación de fondos
públicos, xa que polo traballo pagáronse 17 millóns de
pesetas, cando o traballo é unha copia burda de outro da
Provincia de Huelva.
Realmente foi unha vergoña o
que pasou có encoro do Umia. Preto do ano 2000 e con métodos
propios da peor das dictaduras...
Vexamos o escrito:
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL
OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
ASUNTO: ANTEPROXECTO DA PRESA DE CALDAS DE
REIS NO RÍO UMIA.
En relación
co asunto remítolle un exemplar de "Fe de erratas" do
documento citado.
Santiago , 13 de novembro de 1995.
O SUBDIRECTOR XERAL DE
INFRAESTRUCTURAS HIDRÁULICAS.
Asdo: Agustin Hdez. Fdez. de Rojas.
----------------------------------------------------------------------------------------------------
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL
OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
FE DE ERRATAS DEL ANTEPROYECTO DE LA PRESA DE CALDAS DE REIS
EN EL RÍO UMIA.
.-Tomo II, Página 37 , linea 4º
Donde DICE Presa de Sanlúcar DEBE DECIR Presa de Caldas.
.-Tomo II, Página 119, líneas 10ª y 11ª :
Donde DICE Puebla de Guzmán DEBE DECIR Caldas de Reis.
.- Tomo II, Página 168 , Linea 3ª :
Donde DICE Ribera de Guadiana DEBE DECIR Unidad Paisajística de
la presa de Caldas de Reis.
.- Tomo II, página 168 , Linea 5ª
Donde DICE Unidad Paisajística de Caldas de Reis DEBE DECIR
Riberas del río Umia.
|
Realmente de vergoña.
NÓTESE QUE NON RECTIFICA PARA NADA A
CUESTIÓN DA FAUNA.
Calquera Xuiz apreciaría delitos
gravísimos no escrito anterior. Habería que ter medios
económicos, naquel intre non había, para emprender esa acción. Pero que se lle vai facer...soio quedou
o pataleo.
Ata aquí aquela reseña escrita no ano
2002 sobre este asunto...
Ata aquí a Coordinadora
Antiencoro do Umia en Caldas de Reis. 2009

Encoro de Caldas. Simplemente relizado para producir electricidade por parte de Hidroeléctricas Cortizo. Fíxose en contra
de tódolos os informes científicos e pasando por riba dos donos das
terras. Hoxe (xullo do 2009) parece xa cobraron todos, pero
sei, xa que falei con eles no seu día, que moitas noites pasaron sin dormir
ameazados de todo, incluso que lle quitarían as pensións, si non
vendían as súas terras...eso no
ano 2002, nunha España Democrática... Aquel día sentín vergoña e inda a
sigo sentindo...
(Secundino Lorenzo, webmaster da
web Ourense Natural
broma ou realidade)
O que queira profundizar naquela
desfeita do encoro do Umia "Monumento a prepotencia da Xunta de
Fraga", un auténtico crimen a nosa natureza, unha desgracia
para o río Umia e que
pode ser inda peor no futuro, pode visitar este link que fixen daquela dende Ourense pero seguindo paso a paso a desfeita. Foi
unha vergoña o que pasou e nunca debera suceder e menos nun país
democrático como España nos arredores do ano 2000.
Este é o link que explica a loita en contra deste encoro.
Este conselleiro actual Agustín
Hernández, o anterior Presidente da Xunta o Sr. Fraga, o finado Cuiñas, Diz Guedes, Hidroeléctricas Cortizo e
outros tuveron moito que ver neste para mín desastre que nunca se debeo
facer. De momento este encoro soio deu
disgustos (a eutrofización foi galopante nos últimos anos, a auga non sirve para nada)...esperemos que se quede ahí a cousa
e que non se cumplan os peores informes de corremento de terras, por
certo emitidos pola Universidade de Vigo, ou da desaparición no
futuro da ameixa na desembocadura do Umia e outras cousas...Todo esto
foi pasado polo sobaco, por poñer unha expresión fina, por este
Sr. que hoxe, como son as cousas, está o frente da Consellería de Medio
Ambiente.
Persoalmente eu non me podo fiar dunha
persoa así e síntome insultado, independientemente de que como demócrata
lle desexe o mellor, que será nese caso o mellor para a nosa natureza
que é o que defendo dende fai moitos anos...

Unha das moitas fotografías daquelas
datas, soio fai sete anos. As Forzas do Orden dasaloxando os donos
das fincas, catro persoas maiores..., das súas propiedades. O fondo o río Umia o gran
masacrado, xunta con esta xentiña que non se merecían este
trato...



O Encoro de Caldas anegou unha zona marabillosa do río
Umia, afectando a Caldas, Cuntis e Moraña. (Dibuxos de Fran Ameixeiras)

Mapa da zona, cós Concellos afectados.
Sair do informe.
Salir del Informe.
|