COMPÁS DE ESPERA.

O encoro NON PODE ANEGAR AS TIERRAS DE CALDAS DE REIS, CUNTIS Y MORAÑA. ASÍ O DICE O TSXG.

A Portavoz e un representante deste Colectivo. Ánimo dende esta folla www. A miña admiración.

Coordinadora antiencoro do Umia.

Dende logo a miña máis sentida consideración a este colectivo.

Ó final van a conseguilo o que resultaría incríble, xa o teñen na man e por conseguinte témolo todos os galegos que amamos a nosa natureza, os nosos ríos e somos coherente co noso amor.  NON SE DESTRUE O QUE SE AMA DE VERDADE. 

 

 

A CHAPUZA - CUIÑAS dice o 28-03-2000 : "El embalse en dos años estará en funcionamiento.

El embalse abastacerá de agua al Salnés...y controlará las inundaciones, además ( argumento novo) permitirá mantener el caudal ecológico en verano"

 

   

A fotografía de X.C. está ben clara e perteñece a unha das moitas manifestacións que se fixeron "O UMIA NON SE VENDE"  esto e o que dicen os alcaldes da zona, os veciños de Caldas , Cuntis e Moraña e moitos, moitísmos galegos que tamén o decimos.

Tamén o Tribunal Superior de Xisticia de Galicia TSXG dixo que as expropiacións eran ilegais.

Frente o anterior o Sr Cuiñas decía fai uns días " O encoro seguirá adiante..."

A verdade é que cando o Sr. Cuiñas fala os ceus rachan, os argumentos resultan incríbles, e parece que sempre está en posesión da verdade e si nono está é igual , el sempre ten razón, os demais nunca a teñen:

Ahora resulta :

  • Que a única finalidade do encoro é o abastecemento de auga. ( incríble).
  • Logo veu a idea da central eléctrica ( que ahora son dúas) , ese non era o proxecto, esta posibilidade veuse despois, o principal era a auga.
  • Fenosa non interven (como dice a oposición)  , trátese de Dragados e Abeconsa. ( incríble, como si Fenosa non tuvera o monopolio da distribución )
  • A obra manterá os caudais ecolóxicos no verán.

Esto eran as razóns que daba o pasado 28-03-2000 pretendendo xustificar a "Vía de urxencia" para as expropiacións das terras.

O final o que veu a decir é que seguiran adiante pase o que pase.

¡¡¡¡SOMOS OS DONOS DE GALICIA !!!!

¡¡¡¡¡ FACEMOS O QUE NOS PETE !!!!!

¡¡¡¡ TEMBLAR CEOS .....!!!!!

 


 

O caso é que O ENCORO ESTÁ ANULADO.

Cuiñas, nun claro engano a opinión pública, dixo o día 15 de dicembre que estaba buscando camiños xurídico-administrativos (feitos consumados, pau e tente texo, deixar pasalo tempo.....) que lle permitiran ocupar tódalas terras .

Ahora en 28-03-2000 volve ó ataque, esta é a táctica de este Señor "pisotear a todo o que se poña por diante, o TSXG , os veciños de Caldas, Cuntis e Moraña.....todos pisoteados, incluida por supuesto a natureza galega."

O resultado de todo o anterior é que:

  • A Xunta e Cortizo non poden anegar as terras.
  • Consecuentemente teñen que parar as obras, non ten sentido seguir cunha obra que non poderá nunca utilizar as turbinas con auga. Claro que seguro que o Sr. Cortizo e a Xunta de Galicia inventan algo, non sei, as turbinas funcionando con aire ( así se expresa a coordinadora).

¿ Que pode facer ahora a Xunta?.

  •  Ou ben compra os terrenos ( cousa que lle vexo dificil xa que hai xente que non venderá nunca) . Dende esta folla o meu ánimo, xa que o encoro é unha auténtica aberración humillante para Galicia.
  • Ou inicia un largo proceso de expropiación ordinario, que poden ser anos e anos.

 

  •  

------------------------------------

Esta actuación da  Xunta no encoro do Umia demostra, as craras, como actúan os nosos mandatarios.

Tiran para adiante, expropian ilegalmente, machacan, mandan a garda civil a defender o indefendible e asustar o personal ( garda civil que non quere estas liortas, a Garda civil está para defender outra cousas, así o fixo saber en Ourense non fai moito co lío do Padre Silva, outra barbaridade da Xunta ) , ameazan, en fin de todo, no hai máis que ler a historia deste encoro, nesta páxina www.

Enfrente,  creron que tiñan a catro paisáns que seguro iban a permitir que lles chegara a auga o pescozo sin rechistar. Pouco a pouco irían minando o personal, esa é a táctica, asustando, "ollo que logo non cobrades", "ollo que......",...."cuidado con ......", estas tácticas estanse a usar hoxe alí, en Caldas e mañan , sabe Deus, ......como fixeron en Lindoso, como fixeron en Castrelo, co fixeron na Edrada, como fixeron  co Cerves, co Barbantiño, co Cados, etc.

¿ Que pasou co Umia?.

Que se equivocaron.

¿ Quen se equivocou ?.

A Xunta-Cortizos and Company.

Que os paisanos souperon defender as súas terras, que estamos no ano 2000, que coñecen os seus direitos, cada día máis, en definitiva que gaña a Xustiza.

Pase o que pase, este caso esta gañado e gañado polo pueblo de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña. E senta un precedente histórico......

Sin dúbida gañan os nosos ríos e gaña a natureza galega que últimamente perdía sempre........, perdemos no Barbantiño, e perdemos en máis de cen lugares da nosa terra.

Que se vaian enterando a Xunta e algunas empresas afines a Xunta,  que están arrasando os ríos galegos sin piedade, que están arrasando a nosa terra, por que xa me dirán para que queren un encoro monumental esta xente no río Umia............ para facer electricidade,  o demais son contos mariñeiros......... e para eso señores da Xunta, Srs Cortizo....... nono precisan. 

------------------------------------

 

 

A Coordinadora tamén esixe o cumplimento da Lei de Protección Ambiental xa que se están a producir danos irreversibles no río Umia e na fervenza de Caldas de Reis.

Efectivamente ver como está quedando arrasada a zona:

Ese muro non ten sentida nesa paisaxe.

Sobra.......

 

Encoro do Umia. Fotografía de Xurxo Lobato. 28-01-2000

Fotografía de Xurxo Lobato. 28-01-2000.

A loita sigue estarei o tanto. Por suposto que saldrán con algunha cousa.......... 

 

Ollo estar alerta. 

 

 

flecha.jpg (1051 bytes)  Subir.                             salir.jpg (922 bytes) Volver.lv