O ENCORO NON PODE ANEGAR AS TERRAS SEGÚN O TSXG.
Coordinadora antiencoro do Umia.
Dende logo a miña máxima consideración a este colectivo.
O final van a conseguilo o que resultaría incríble, téñeno na mán a pouco que se APLIQUE A XUSTIZA EN GALICIA.
O ENCORO NON PODE ANEGAR AS TERRAS DE CALDAS DE REIS, CUNTIS E MORAÑA. ASÍ O DICE O TSXG.
VEREMOS CON QUÉ NOS SALE A XUNTA E O SEU PORTAVOZ O SR. CUIÑAS, UN CONSELLEIRO QUE SEGÚN A COORDINADORA, INTENTOU ENGANAR A OPINIÓN PÚBLICA.
A Coordinadora antiencoro do Umia ven de facer público un feito incríble:
"A Xunta no presentou ningún recurso contra a resolución do TSXG do 7 de abril de 1999, e o plazo xa rematou, un fallo técnico da Xunta, un descuido.....ou hai gato encerrado...". Nesta resolución o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia daba a razón a Coordinadora e declaraba ilegal a ocupación das terras para facer o encoro do Umia. " En realidade anulaban todo o trámite expropiatorio por falta de motivación e ordeaban a devolución dos terrenos non modificados polas obras, no "vaso" do encoro."
O caso é que O encoro ESTÁ ANULADO.
Cuiñas, nun claro engano a opinión pública, dixo o día 15 de decembre que estaba buscando camiños xurídico-administrativos que lle permitiran ocupar tódalas terras .
O resultado de todo o anterior é que:
- A Xunta e Cortizo non poden anegar as terras.
- Consecuentemente teñen que parar as obras, non ten sentido seguir cunha obra que non poderá nunca utilizar as turbinas con auga. Claro que seguro que o Sr. Cortizo e a Xunta de Galicia inventan algo, non sei, as turbinas funcionando con aire ( así se expresa a coordinadora).
¿ Que pode facer ahora a Xunta?.
- Ou ben compra os terrenos ( cousa que lle vexo dificil xa que hai xente que non venderá nunca) . Dende esta folla o meu ánimo, xa que o encoro é unha auténtica aberración humillante para Galicia.
- Ou inicia un largo proceso de expropiación ordinario, que poden ser anos e anos.
------------------------------------
Esta actuación da Xunta no encoro do Umia demostra, as craras, como actúan os nosos mandatarios. Tiran para adiante, expropian ilegalmente, machacan, mandan a garda civil a defender o indefendible e asustar o personal ( garda civil que non quere estas liortas, a Garda civil está para defender outra cousas, así o fixo saber en Ourense non fai moito co lío do Padre Silva, outra barbaridade da Xunta ) , ameazan, en fin de todo, no hai máis que ler a historia deste encoro, nesta páxina www.
Enfrente, creron que tiñan a catro paisáns que seguro iban a permitir que lles chegara a auga o pescozo sin rechistar. Pouco a pouco irían minando o personal, esa é a táctica, asustando, "ollo que logo non cobrades", "ollo que......",...."cuidado con ......", estas tácticas estanse a usar hoxe alí, en Caldas e mañan , sabe Deus, ......como fixeron en Lindoso, como fixeron en Castrelo, co fixeron na Edrada, como fixeron co Cerves, co Barbantiño, co Cados, etc.
¿ Que pasou co Umia?.
Que se equivocaron.
¿ Quen se equivocou ?.
A Xunta-Cortizos and Company.
Que os paisanos souperon defender as súas terras, que estamos no ano 2000, que coñecen os seus direitos, cada día máis, en definitiva que gaña a Xustiza.
Pase o que pase, este caso esta gañado e gañado polo pueblo de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña. E senta un precedente histórico......
Sin dúbida gañan os nosos ríos e gaña a natureza galega que últimamente perdía sempre..., perdemos no Barbantiño, e perdemos en máis de cen lugares da nosa terra.
Que se vaian enterando a Xunta e algunas empresas afines a Xunta, que están arrasando os ríos galegos sin piedade, que están arrasando a nosa terra, por que xa me dirán para que queren un encoro monumental esta xente no río Umia... para facer electricidade, o demais son contos mariñeiros... e para eso señores da Xunta, Srs Cortizo...nono precisan.
------------------------------------
A Coordinadora tamén esixe o cumplimento da Lei de Protección Ambiental xa que se están a producir danos irreversibles no río Umia e na fervenza de Caldas de Reis.
Efectivamente ver como está quedando arrasada a zona:
Ese muro non ten sentida nesa paisaxe.
Sobra...
Fotografía de Xurxo Lobato. 28-01-2000.
A loita sigue estarei o tanto. Por suposto que saldrán con algunha cousa... da a sensación que o TSXG a Xunta failles pouco caso...e incríble.
Ollo estar alerta.
NOTICIA DO DÍA 04-02-2000
A Xunta rechaza O comunicado anterior, alegando razóns dificilmente entendibles. Ó parecer a Xunta , si recurrieron o día 31 de xulio de 1999, no que solicitaban se lles tuvese por personado no recurso e se lles concedera un plazo de trinta días para formaliza-lo recurso de casación. En fin .........
A Coordinadora afirma que : " A Xunta pretende xustificar o inxustificable, que se lles pasou o plazo, algo que só lle pode pasar a alguén que descoñece a xurisdicción contencioso - administrativa".
" A sentencia de abril é firme"
NOTICIA DO DIA 05-02-2000
Siguen as obras.
A Xunta&Cortizo S.A. sigue cos desmontes a saída do tunel.
Esto é demencial e dunha prepotencia vergonzosa. Saben que non poden seguir, saben que o TSXG está en contra...saben moitas cousas..pero...siguen a " GUERRA PSICOLÓXICA, XA QUE TEÑEN QUE DEMOSTRAR QUE SON OS AMOS"
A pretensión : "SEGUIR DEMOSTRANDO QUE NADA SE PODE FACER CONTRA OS QUE ESTÁN ARRIBA.".
EU PENSO QUE SE EQUIVOCAN.