PECHE DA COORDINADORA ANTIENCORO DO UMIA NO CONCELLO DE CALDAS 26-01-2000

Encoro do Umia case rematado.

Encoro do Umia casi rematado.

En primeiro término o Concello de Caldas.

Concello de Caldas.

O UMIA CHORA BÓTALLE UNHA MAN.

 O LEMA 

"PARALIZAR AS OBRAS DO TUNEL MENTRAS O TRIBUNAL DE XUSTIZA NON SE PRONUNCIE"

 

 

   

16 Membros da Coordinadora antiencoro do Umia permanecen pechados no salón de plenos do Concello de Caldas de Reis dende onte a noite día 25 de Xaneiro do ano 2000.

Piden o Alcalde ordee  paralizar as obras relacionadas co aproveitamento hidroeléctrico do encoro do Umia.

Os membros da Coordinadora dicen ter novas de que se vai a dinamitar o túnel da central que inda non está feito ( como se pode ver na fotografía está xa feito o azud da presa) .

Membros da coordinadora pechados no consistorio de Caldas de Reis. ( Foto de Sangiao O Correo Galego)

"Queremos impedir que se dinamite este tunel mentras o TSXG ( Tribunal Superior de Xustiza Galega) non se pronuncie sobre o tema ".

Dende esta páxina, decir que me solidarizo con este peche, non hai direito o que a Xunta e Hidroeléctricas Cortizo está a facer cos veciños de Caldas , Cuntis e Moraña. Inda que o Alcalde diga que é un paso máis a unha derrota, eu penso que hai que loitar ata o final e non baixar os brazos. " Tendes a razón...hai que seguir pedindo xustiza...ata o final...eu persoalmente...dígovos ¡ánimo!."

O alcalde de Caldas de Reis o socialista José María Tobío, reiteroulles os membros da Coordinadora que non pode paralizar a obra, e criticou os intereses electoralistas que os moven....... " Están esporeados polo BNG"..... Segundo o Alcalde de Caldas a Coordinadora  realiza "una política de acenos"...." a central xa está feita.. polo que en calquera momento vaise encher de auga.......a plataforma veciñal soio vai de fracaso en fracaso ata derrota final.....".

( Vailla loitador nato que teñen como alcalde en Caldas.............un auténtico derrotista........ si os veciños teñen razón.... que a teñen........ hai que loitar ata o final......).

A Coordinadora insiste en que antes de continuar coas obras relacionadas co aproveitamento hidroeléctrico da presa, os tribunais deben pronunciarse sobre os preitos en curso.

A maquinaria de Dragados xa entrou en propiedades particulares, de feito cortouse o camiño que o propio Concello e a Mancomunidade fixo para promocionar o senderismo, non existen expedientes expropiatorios nin actas de ocupación. É un autentico desastre.

O Alcalde Jose María Tobío dice que xa requeriu a Xunta para que se cumplan tódolos trámites, pero de forma pouco enérxica, si a obra é ilegal que o é a todas luces hai que por todo por riba da mesa. A Coordinadora ten tódala razón, o Alcalde ten que mollarse cos veciños e defendelos.

A Xunta xa sabemos por onde mexa.... trata de dasanimar a xente,para que xa non quede ninguén que proteste, e vella para adiente. Hoxe en Caldas de Reis, Cuntis e Moraña... e maña no cuarto de estar da súa casa Señor lector...non hai direito no ano 2000.

E así están actualmente as cousas...

 

¡¡¡ PEDIMOS XUSTIZA DUNHA VEZ POR TODAS!!!.

HAI DÚAS SENTENCIAS DO TRIBUNAL SUPREMOS QUE LLE IMPIDEN ANEGA-LAS TERRAS...ESTÁ CLARO....

¡¡¡ NON O ENCORO DO UMIA !!! 

Fotografía da Fervenza de Segade no río Umia.

¡¡¡  Por río Umia vivo !!!.

última hora   XOVES-27-01-2000): MEDIO AMBIENTE PARALIZA AS OBRAS.

Cuidado : ¡ ollo ó lobo.... non vos fiedes !.

Efectivamente o día 28 de xaneiro de 2000, a Xunta nega haber parado a obra nin haber dado ordena de paraliza-la por parte de Augas de Galicia. Está claro como actua la Xunta. Ahí está o lobo outra vez......

Ademáis saca a toda plana un estudio encargado polo PSOE de Caldas en 1986 que preveía centrais hidroeléctricas no río Umia. Pretendendo demostrar  ¿ qué?. ¿ A que ven esta noticia ? . É curioso como se manipula a prensa, a toda plana esta noticia e nun currunchillo o encerro da Coordinadora en contra do encoro fai catro días.

Incluso na Región de Ourense, non dan o encerro dos membros da coordinadora en contra do desastre e da inxusticia que se está a facer  e si ven hoxe día 28 a noticia do estudio encargado polo PSOE en 1986. 

Un estudio que se encargou, fíxose e morreo o mismo ano. Un estudio que non demostra nada dende o meu punto de vista. O mismo alcalde socialista cando se fixo este estudio dixo que sendo el alcalde no se faría, o dito doutro xeito si se facía o encoro dimitiría como alcalde.

A todo esto o encoro prácticamente no azud está rematado.

Encoro do Umia. Fotografía de Xurxo Lobato. 28-01-2000

Fotografía de Xurxo Lobato. 28-01-2000.

A loita sigue estarei o tanto.

 salir.jpg (922 bytes) Volver.lv