VECIÑOS DO "UMIA" PARAN A DERRUBA DUN VELLO MUÍÑO

AS MÁQUINAS DA EMPRESA HIDROELÉCTRICA CORTIZO, CON AXUDA DA GARDA CIVIL NON PARAN. ESTA VEZ PRETENDÍAN DESFACER UN MUÍÑO CON MÁIS DE CEN ANOS DE HISTORIA.

   Máis de medio centenar de veciños de Caldas, Cuntis e Moraña mobilizáronse o día 12 de xaneiro para protexer un muíño de máis de cen anos de antigüidade. As máquinas da empresa Hidroeléctricas Cortizo , que pretenden iniciar alí as obras da segunda central no paran en desfacer a comarca.

    O muiño está moi cerca de fervenza de Segade, unha zona turística onde hai outros muíños que foron restaurados recentemente.

   Paloma Fernández señalou onte que o muiño que pretenden derribar perteñece a Juana Fresco e a Pablo Julián, que por certo foi detido o pasado día 4 polos incidentes ocurridos nunha carga policial. Afirman que non existen actas de ocupación nin declaración de utilidade pública. " O dono simplemente non quere vender".

   Os veciños temen que outro día se volva a producir un intento por parte de Hidroeléctrica Cortizo de derriba-lo muíño de Segade, polo que anuncian vixianza.

  De tódolos xeitos estos feitos son unha auténtica vergonza nun estado que se di de Dereito.

  Hidroeléctricas Cortizo, pisa por Galicia como si fora os dono do ríos e de todo. Sinto vergonza ...

 

 salir.jpg (922 bytes) Volver.lv