La www de N. Fabian. Fotografía de esa www.  AVISOS COORDINADORA   -   SOS  La www de N. Fabian. Fotografía de esa www.

Coordinadora Anti-Encoro de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña  

Apartado de Correos, 21 - 36650 - CALDAS DE REIS (Pontevedra) 

e-mail: rioumia @ hotmail.com  

¡Encoro NON! ¡Embalse NO!  

                  Salir                                                             Sair

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A TÓDALAS ASOCIACIÓNS ECOLOXISTAS.

A tódolos colectivos ecoloxistas e persoas preocupadas pola conservación dos recursos naturais

 

A Coordinadora Anti-Encoro de Caldas, Cuntis e Moraña, que está a traballar pola defensa no rio Umia -un dos poucos ríos da península ibérica que aínda conserva o seu cauce natural, sen ningunha presa- e que está amenazado pola construcción dun encoro, pidevos axuda para que se axilice a queixa que desde o ano 1998 está tramitándose no Parlamento Europeo.

 

O Estudio de Impacto Ambiental que presentou a Xunta é unha copia doutro feito para o Municipio de Puebla de Guzmán (Huelva) e o inventario faunístico refírese íntegramente a especies do Sur Peninsular. Cando denunciamos isto á Xunta non se lles ocorre mellor cousa que mandarnos un fax que dicía:

 

Donde dice PRESA DE SANLUCAR debe decir PRESA DE CALDAS ...

Donde dice PUEBLA DE GUZMÁN debe decir CALDAS DE REIS ...

Donde dice RIBERAS DEL GUADIANA debe decir RIBERAS DEL UMIA ...

 

Do inventario faunístico nada. E con iso deron por subsanada a inexistencia do estudio da afección do encoro en especies como o salmón atlántico, a troita, a anguía, a boga, o mexilón de río, a lontra ... etc.

 

Estamos loitando nos tribunais e nos medios de comunicación, denunciando tódalas irregularidades e agora precisamos da vosa axuda para que mandedes un escrito de solidariedade con esta loita e pola supervivencia do rio Umia ó Parlamento Europeo, onde teñen competencia para paraliza-las obras por infracción da normativa comunitaria no procedemento de evaluación ambiental.

 

Sería un simple escrito pedíndolle ó Presidente da Comisión de Peticións que se dean presa antes de que acaben co río e o seu entorno.

 

O enderezo é o seguinte:

NINO GEMELLI

PRESIDENTE DE LA COMISIÓN DE PETICIONES DEL PARLAMENTO EUROPEO.

RUE WIERTZ 50   1048 BRUSELAS  BELGICA.

QUEJA NÚMERO 79/98

 

 

Sería tamén de axuda que nos confirmarades se o enviades para poder decilo así ós medios de comunicación.

 

Moitas gracias e un saúdo,

 

COORDINADORA ANTI-ENCORO

Apartado de Correos, 21 - 36650 - CALDAS DE REIS

E-mail: rioumia@hotmail.com

Esta pode se-la carta.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A TODAS LAS ASOCIACIONES ECOLOGISTAS.

A TODOS LOS COLECTIVOS ECOLOGISTAS Y PERSONAS PREOCUPADAS POR LA CONSERVACION DE LOS RECURSOS NATURALES.

 

La coorinadora Anti-Encoro de Caldas, Cuntis y Moraña, que está trabajando por la defensa del rio umia – Uno de los pocos rios de la Peninsula Iberica que aun conserva su cauce natural, sin ninguna presa- y que esta amenazado por la contrucción de un embalse, os pide ayuda para que se agilice la queja que desde el año 1998 se esta tramitando en el PARLAMENTO EUROPEO.

 

El estudio de impacto Ambiental que presentó la XUNTA DE GALICIA es una copia de otro hecho para el Municipio de Puebla de Guzmán en Huelva, y el inventario faunistico se refiere integramente a especies del Sur Peninsular. Cuando denunciamos esto ante la Xunta lo unico que nos dieron como respuesta fue un fax con el texto:

 

DONDE DICE PRESA DE SANLUCAR DEBE DECIR PRESA DE CALDAS

DONDE DICE PUEBLA DE GUZMAN DEBE DECIR CALDAS DE REIS

DONDE DICE RIBERAS DEL GUADIANA DEBE DECIR RIBERAS DEL UMIA...

 

 

Del inventario faunistico, nada. Con esto dieron por subsanada la inexistencia del estudio de afeccion del embalse en especies como el salmon atlantico, la trucha. La anguila, la nutria, el mejillon de rio...etc.

 

Estamos luchando en los tribunales y en los medios de comunicación, denunciando todas las irregularidades y en este momento necesitamos “toda” vuestra ayuda para que mandeis un escrito de solidaridad con esta lucha y por la superviviencia del rio UMIA al PARLAMENTO EUROPEO, donde tienen competencia para paralizar las obras por infraccion de normativa comunitaria en el procedimiento de evaluacion ambiental.

 

Seria un simple escrito pidiendole al PRESIDENTE DE LA COMISION DE PETICIONES  que se den prisa antes de que acaben con el rio y con su entorno.

 

Direccion:

NINO GEMELLI

PRESIDENTE DE LA COMISION DE PETICIONES DEL PARLAMENTO EUROPEO

RUE WIERTZ 50          1047 BRUSELAS      BELGICA

 

QUEJA NUMERO 79/98

 

Seria tambien de mucha ayuda que nos confirmaseis si enviais algo para poder decirlo asi a toda la prensa.

Muchas gracias y un saludo.

 

                        ENCOROS NON!!!  

Esta puede ser la carta.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CIRCULAR INFORMATIVA DE LA COORDINADORA

O Encoro do Umia

Estado actual das obras e do expediente -setembro/2000-

 

Na actualidade a ocupación das terras afectadas polo Decreto 375/96 está paralizada en virtude das sentencias do T.S. de Xustiza de Galicia de 7/04/1999, que anularon o proceso de expropiación por non ter demostrado a Xunta a necesidade urxente de auga alegada para a declaración de utilidade pública e urxente ocupación (sentencias que a Xunta recurríu ó Supremo), pero a instalación das centrais hidroeléctricas (aprobadas por un segundo Decreto 15 dias despois da emisión das sentencias) continúa, coa excusa de que son obras distintas. A Coordinadora interpuxo recurso contencioso contra este segundo Decreto solicitando ademais a suspensión cautelar, baseándose en que as dúas obras son inconcebibles a unha sen a outra, e que ó estar o primeiro Decreto anulado por non existir razóns as razóns de urxencia esgrimidas pola Xunta tampouco pode considerarse urxente o aproveitamento hidroeléctrico.

 

Desde que en 1995 foi coñecido o anteproxecto a Xunta negou que tivera como finalidade o aproveitamento hidroeléctrico, ata que en outubro de 1998 foi publicado no DOGA o anuncio da concesión de dúas centrais, unha a pé de presa e outra pouco máis abaixo, á altura dos Muíños de Segade. A Coordinadora interpuxo inmediatamente dous recursos contenciosos pero namentras estes se sustanciaban Dragados, coa autorización da Xunta, construíu o muro da presa, que está prácticamente rematado. É por iso que estamos a contemplar unha situación insólita: O Tribunal ordenou a devolución dos terreos ocupados ilegalmente, o que implica a imposibilidade de anega-las terras e, consecuentemente, a paralización da OBRA PRINCIPAL pero estase a realizar a obra COMPLEMENTARIA, as centrais hidroeléctricas, co argumento de que é unha obra diferenciada do encoro e que o recurso da Coordinadora está pendente de sentencia.

 

¿porque loitamos contra o encoro?

L Porque o proxecto é un fraude.- A Xunta de Galicia sempre o xustificou para un abastecemento urxente de auga á Comarca do Salnés pero foron os tribunais os que dixeron que esa urxencia non foi demostrada pola Xunta, anulando todo o proceso de expropiación e as resolucións de Augas de Galicia sobre ocupación de terras. Con anterioridade xa a Coordinadora e os Concellos afectados presentaran un informe da Univ. de S. de Compostela, elaborado polo catedrático F. Diaz Fierros e o enxeñeiro hidrólogo M. Álvarez Enjo, no que se demostraba que esa falta de auga non era certa e que o deseño do encoro estaba pensado para aproveitamento hidroeléctrico.

L Porque o expediente está cheo de irregularidades

O Estudio de Impacto Ambiental

O Estudio de Impacto Ambiental contén un inventario faunístico con especies que só existen no Sur Peninsular (meloncillo, gallipato, buitre negro, ...) e topónimos da provincia de Huelva (Puebla de Guzmán, rio Guadiana), omitindo toda referencia á fauna propia do Umia (salmón atlántico, troita, anguía, mexilón de rio, merlo acuático, martin pescador, nutria ...).

Ademáis das 27.136 alegacións presentadas polos veciños, foron presentadas outras por distintos expertos e colectivos, entre eles o Dr. en Bioloxía da Univ. de Santiago, Marcos González, existindo incluso un informe negativo da Delegación de Agricultura da Xunta, de xuño de 1996, que censuraba rotundamente dito Estudio.

No mesmo sentido se pronunciou o Valedor do Pobo, que en Resolución de xullo de 1998, recollendo un dictame do Decano da Facultade de Bioloxía da Unv. de Santiago de Compostela, recoñece que o inventario faunístico que contén o Estudio refírese íntegramente ó Sur Peninsular. Esta Resolución, ó igual que o resto dos informes e alegacións presentados, non mereceu contestación por parte da Xunta.

Cando a Coordinadora denunciou que o Estudio de Impacto Ambiental era un plaxio doutro realizado para a provincia de Huelva, Agustín Hernández-Fernández, presidente de Augas de Galicia e autor do anteproxecto, contestou remitindo un fax que denominou FE DE ERRATAS, no que dicía o seguinte:

DONDE DICE Presa de Sanlúcar DEBE DECIR Presa de Caldas de Reis

DONDE DICE rio Guadiana DEBE DECIR rio Umia.

DONDE DICE Riberas del Guadiana DEBE DECIR Riberas del Umia ...

 

A falta de estudios xeolóxicos e xeotécnicos: a seguridade dos veciños

Segundo un informe da Univ. de Vigo sobre o anteproxecto, non hai os mínimos estudios sobre o terreo, que dadas as súas características (base de xabre) podería poñer en perigo a medio prazo a integridade dos veciños de Caldas de Reis, cun núcleo de poboación de máis de 4.000 persoas, que quedarían a máis de 100 metros por debaixo do nivel do encoro. A Coordinadora denunciou diante da Xunta e de Protección Civil este perigo despois de recibir o informe da Universidade de Vigo. Tampouco houbo resposta.

 

A agresión ó patrimonio natural

A Xunta nega que a Fervenza de Segade resulte afectada polo encoro, cando isto é unha evidencia xa que o rio sería desviado a través dun túnel de derivación polo monte de Segade para a segunda central. Tamén quedaría anegada a praia fluvial da Pontenova, entre Cuntis e Moraña. A isto hai que engadir o anegamento de máis de 2.000 propiedades particulares, con desaparición da vexetación de ribeira e centos de carballos e outras especies nobles.

O dano no rio (un dos poucos que aínda conserva o seu cauce natural) e no seu entorno sería irreversible, xa que perderíamos para sempre a nosa riqueza natural, paisaxística e arqueolóxica, sen ninguna causa de utilidade pública que o xustifique.

 

• A agresión ó patrimonio histórico e arqueolóxico

A Ponte do Areal -que quedaría anegada- está datada no anteproxecto como de "principios de século", cando en realidade é anterior a 1834, data en que foi confeccionado o Mapa de Domingo Fontán. Este feito está acreditado por informes de expertos e tamén está denunciado diante da Dirección de Patrimonio da Xunta. Sen contestación.

 

A falta de estudios sobre a posible afección do encoro nas augas quentes

A existencia de augas quentes en Caldas e Cuntis, con balnearios en funcionamento, representan un grande potencial turístico cara ó futuro. A pesar diso a Xunta non ten realizado ningún estudio sobre a posible afección do encoro nas augas.

 

L Porque se pretende unha utilidade privada do rio

O aproveitamento hidroeléctrico do encoro -verdadeira finalidade da obra- non é de utilidade pública nin de interés xeral. Somos excedentarios na producción de enerxía eléctrica e os beneficios que esa industria reporta non se traducen en melloras de ningún tipo para os galegos e galegas, nen siquera para aqueles pobos que quedan arruinados para sempre.

 

Informes e alegacións presentados contra o proxecto

• En 1995 presentaronse 27.136 alegacións sobre o impactos ambientais, socio-económicos e de seguridade.

• Alegación de Marcos González González, Dr. en Bioloxía, solicitando a retirada do Estudio de Impacto Ambiental.

• Alegación da Asociación Galega de Pesca Fluvial, elaborada polo Biólogo Pablo Fernandes.

• Informe da Univ. De Santiago (F. Diaz Fierros/M. Álvarez Enjo) no que se conclúe que non existe a necesidade de auga alegada pola Xunta e que o deseño do encoro está pensado para aproveitamento hidroeléctrico.

• Conclusións do Curso Transdisciplinar da Facultade de Económicas da Unv, de Santiago de Compostela, dirixido pola Prof. María García Añón, nas que se afirma, entre outros, que o anteproxecto vulnera a lexislación vixente en materia ambiental e non queda debidamente xustificada a necesidade do encoro.

• Resolución do Valedor do Pobo censurando o Estudio de Impacto Ambiental, de 31 de xullo de 1998.

• Informe de Julio Martin, enxeñeiro especialista en M. Ambiente pola Unv. De Vigo, sobre a incidencia ambiental das obras e a súa repercusión negativa nas inundacións do Umia ó seu paso por Caldas.

• Informe da Univ. De Vigo (E. Orche García, Dr. enxeñeiro de Minas) sobre as graves deficiencias que presenta o anteproxecto nos aspectos xeolóxicos e xeotécnicos, co perigo que iso representa para a seguridade dos veciños.

• Informes dos Prof. Rafael Araujo do Museo de Ciencias Naturais do CSIC; Gerar Bauer, da Univ. De Friburgo; Mark Young, da Univ. De Aberdeen, sobre a existencia no Umia da especie margaritiferae margaritiferae, coñecida co nome vulgar de mexilón de auga doce ou perla de rio e protexida pola Directiva Hábitats e o Convenio de Berna, onde se establece como un dos perigos para a súa conservación a construcción de encoros.

• Informe do Prof. Pedro de Llano sobre a Ponte do Areal, que data de antes de 1800, contradicindo o afirmado no anteproxecto, que data a ponte como de principios do século XX.

 

O papel da Delegación do Goberno e da Garda Civil no conflicto

O papel das forzas de orde público, dependentes ate ahi pouco de Juan Miguel Diz Guedes, foi o de garante das obras, pese ás resolucións xudiciais, en vez de garantir os dereitos dos veciños. Entre outros sucesos merecen destacarse:

 " A carga policial con motivo do levantamento de actas previas á ocupación, na que resultaron feridos varios veciños que protestaban pacíficamente. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou en 1999 estas convocatorias de actas por ilegais pero as denuncias contra os veciños non foron retiradas.

" O intento de ocupación de terreos por parte de Dragados coa protección da Garda Civil TRES MESES DESPOIS de que as sentencias anularan as actas de ocupación. Os propietarios e os veciños opuxeronse a esta ocupación ilegal, resultando detidos dez deles. Con motivo destes sucesos a Coordinadora presentou unha querela criminal por desobediencia e ocupación ilegal contra o Presidente de Augas de Galicia e o ex-Delegado do Goberno.

" As sancións gubernativas por concentracións e outras protestas (sempre pacíficas).

" Non prestar a debida protección ós bens e dereitos dos propietarios de Grixó (Moraña) e Segade (Caldas) que tiveron que presenciar como a maquinaria de Dragados ocupaba e destruía as súas propiedades.

" Permitir a tala indiscriminada de árbores e o depósito de materiais de construcción no leito do rio.

" Prohibir - en varias ocasións- que o Notario accedera ás propiedades privadas a fin de levantar acta das ocupacións e danos. Especialmente grave foi a negativa por parte da Garda Civil para que o Notario levantara acta dunha greta no muro da presa, detectada no verán de 1999 por membros da Coordinadora e polos medios de comunicación, que poideron grabar a súa existencia e alcance. Están abertas Dilixencias no Xulgado de Caldas.

" Permitir a realización de explosivos en horas nocturnas por parte de Dragados, para a construcción do túnel de derivación das centrais. Só se pararon ditas explosións pola intervención do Valedor do Pobo, ó que tiveron que acudir os veciños.

¡ENCORO NON!

Coordinadora Anti-Encoro de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña

Apartado de Correos, 21 - 36650 - CALDAS DE REIS (Pontevedra)

e-mail: rioumia@hotmail.com

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CARTA PARA ENVIAR AL PARLAMENTO EUROPEO

Copia esta carta y envíala a Bruselas ( Bélgica)  a la atención de Nino Gemelli.

Luego manda un email a la coordinadora indicando que la has mandado. Así sabrán y controlarán en la Coordinadora de Caldas  el número de cartas.

Por cierto este es el email de la Coordinadora:  rioumia@hotmail.com

 

A/A Sr. Nino Gemelli

Presidente de la comisión de peticiones de Parlamento Europeo

Bruselas

Bélgica

 

 

 

 

Asunto de Referencia: 79/98

 

 

 

       Muy Sr. Nuestro:

  

      Nos dirigimos a Usted, con relación al expediente de queja registrado con la referencia antes mencionada, presentado por la COORDINADORA ANTIENCORO DE CALDAS, CUNTIS Y MORAÑA, y referente a la aplicación incorrecta por parte de las autoridades de gobierno de la Xunta de Galicia de directivas Comunitarias relativas a la conservación de los hábitats naturales y a la evaluación de impacto ambiental, con relación a la construcción del Embalse de Caldas de Reis.

 

       Solicitamos que en la Comisión que Usted preside se agilicen todos los trámites necesarios para aplicar urgentemente el derecho comunitario, ante un modo de proceder de las autoridades españolas de la Xunta de Galicia basado en la falsedad y los hechos consumados.

  

     Le recordamos que el estudio de Impacto Ambiental presentado y aceptado por la Xunta de Galicia para este proyecto es una copia de otro realizado para un municipio de Huelva, y cuyo inventario faunistico se refiere íntegramente a especies del Sur Peninsular, omitiéndose en todo momento las especies y hábitats propios de esta zona. (noroeste peninsular)

 

 

       Saludamos muy cordialmente a su persona, y agradecemos de antemano su diligencia.