Razóns da web
A web "Encoro do Umia", nace, no ano 1999, para expoñer a opinión pública o noso desexo de que non se faga o encoro do Umia xa que iba a perxudicar gravemente a natureza do Salnés e de Galicia, en particular iba destrozar o río Umia, e o mismo tempo facer ver a necesidade vital de defender os veciños, propietarios de fincas expropiadas por "utilidade pública", vaia mentira, que anegará o encoro de Caldas, Cuntis e Moraña.
Esta web trata que os galegos e non galegos coñezan unha loita que se estaba a dar en Caldas de Reis, Cuntis e Moraña en contra de facer un encoro irracional e sin pés nin cabeza e que iba, como así está demostrado, destrozar o río Umia para sempre.
Cos obxectivos anteriores naceu, anos antes, a Coordinadora Antiencoro de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña, que canaliza os actos en contra da Xunta e de Hidroeléctricas Cortizo S.A. para que ese encoro non se faga; así como aconsellar e defender os veciños afectados Esta loita comenzou no ano 1994 cando se soupo da construción do encoro.
A COORDINADORA DENUNCIOU NO SEU DÍA E ENTRE OUTRAS COUSAS QUE :
O proxecto é un fraude. Que é para aproveitamento hidroeléctrico e se está a utilizar o abastecemento de auga e as enchentes do río como excusa.
Que o encoro, ademáis do dano irreversible no patrimonio natural e cultural da Comarca, arruinaría o potencial turístico dos tres Concellos afectados, arruinando ó turismo termal e de natureza, para o que contan coa riqueza natural das augas quentes e da súa paisaxe.
Que non se fixeron estudios sobre a posible incidencia do encoro nas augas quentes.
Que o anteproxecto presenta gravísimas defiencias nos aspectos xeolóxico e xeotécnico ( existen informes acreditativos destes extremos) o que representa unha ameaza para a vida dos veciños, debido ás fallas do terreo, inadecuado para unha obra destas características ( alta permeabilidade).
Que o ESTUDIO DE IMPACTO AMBIENTAL é unha copia dun realizado para outro encoro. A fauna e a flora que se describen, perteñecen ó Sur Peninsular, e incluso figuran topónimos da provincia de Huelva ( Puebla de Guzmán, río Guadiana., etc).
Que no anteproxecto, afirmase que a Ponte do Areal, que quedaría anegada polo encoro, e de "principios de século, cando en realidade data de 1834".
Posteriormente o encoro faixe, inda que sexa ilegal, como máis tarde se demostrou nos tribunais. Quedou claro que o único que importaba era a producción hidroeléctrica, o resto eran mentiras para facer o encoro pola "vía da utilidade para Galicia" e así pagar por parte da empresa Hidroeléctricas Cortizo o que lle derá a gana. Unha vergoña nun Estado de Dereito e plena democracia, anos 1994 a 2002.
Pero a loita sigue nos anos posteriores, ata hoxe, xa que o encoro, aparte de destrozar un río virxe dende o seu nacemento, logo fixéronse minicentrais na cabeceira, presenta outros problemas graves, como o tema das riadas, que non resolveu e incluso aumentou, e o tema da auga, da que beben Caldas de Reis, Vilagarcia, e outros pobos do Salnés, que a partir do ano 2006 é un auténtico veleno. Inda por riba estanse a gastar diñeiros que son de tódolos galegos, nunha obra que é para obter diñeiro unha empresa privada. Esperpéntico...
Actualmente, en novembro do 2010 pídese a demolición do encoro. Foi un engano indecente, soio sirve para quitarnos os diñeiros os galegos e para darnos disgustos; e estos inda poden ser máis e peores, pensar que según informes científicos o encoro está feito sobre terreos non estables..
Penso que está máis que xustificado que esta páxina dé a coñecer estas cousas.
Como están as cousas en setembro de 2018: pois podedes velo no último informe da Coordinadora Anti-encoro de Caldes de Reis, Cuntis e Moraña, o tempo deu a razón total a esta coordinadora, tanto que hoxe a única solución para resolver os gravísimos problemas de todo tipo é o desmantelamento do encoro, ben via a demolición ou ven vía inhabilitación. Ver este comunicado.