A Coordinadora Anti-Encoro
en reunión celebrada no día de onte acordóu remitir a tódolos medios
o seguinte comunicado:
1.- Que o episodio
de alerta que se está a vivir nestas datas polo estado tóxico do río
é resultado da deixación, desidia e irresponsabilidade de TODAS as
autoridades que teñen que velar pola saúde e seguridade das persoas,
así como pola conservación do medio natural.
2.- A Coordinadora
lembra que o Pleno do Concello de Caldas de Reis, en sesión de 1 de
outubro de 2006 acordóu cos votos a favor do BNG e do PSG-PSOE e a
abstención do PP, dirixirxe á Presidencia da Xunta de Galicia
INSTANDO O DESMANTELAMENTO DO ENCORO de A Baxe, por representar un
perigo para a saúde e seguridade das persoas, tras detectarse a
presenza da cianobacteria na auga por parte do profesor Fernando
Cobo, e denunciada públicamente nos xornais pola Coordinadora.
3.- É de
coñecemento xeral que o Encoro anunciado polo PP da Xunta en 1997
como unha obra de interese xeral para abastecemento de auga NUNCA
FOI ISO senón UN DOS MÁIS GRAVES CASOS DE CORRUPCIÓN DO NOSO PAÍS,
disfrazando un NEGOCIO PRIVADO como de utilidade pública, utilizando
fondos públicos e antidisturbios para despoxar ós lexítimos
propietarios das súas terras e CONVERTINDO UN RÍO VIVO NUN PANTANO
PUTREFACTO só por intereses económicos.
4.- Os informes de
científicos de recoñecido prestixio que foron presentados pola
Coordinadora desde 1998 APORTABAN CONCLUSIÓNS GRAVÍSIMAS SOBRE AS
IRREGULARIDADES DO PROXECTO:
“…A capacidade de laminación é só do 4% (…) irrelevante para a
evitación de riadas (…) o deseño técnico da presa determina que non
é para abastecemento de auga senón para aproveitamento
hidroeléctrico …” (Díaz Fierros-Álvarez Enjo, USC).
“… O estudio xeolóxico non presenta a calidade e detalle mínimo
esixibles para constituír a base dun anteproxecto de presa …”. (Escola
Técnica Enxeñeiros Industriais e de Minas. Univ. Vigo)
“… O Estudo de Impacto Ambiental recolle un inventario faunístico
e de flora do sur da península, con topónimos como Río Guadiana,
Puebla de Guzmán …”. (Marcos González. USC).
“… a cianobactería Microcystis só desaparece co río libre …” (F.
Cobo. USC).
E así máis de 20 informes e estudios presentados en todas as
institucións con competencias para paralizar a obra.
5.- Foi o propio
Tribunal Supremo o que ditaminou QUE O CONSELLO DA XUNTA MENTIRA
CANDO FUNDAMENTABA O DECRETO DE CONSTRUCCIÓN DO ENCORO NO
ABASTECEMENTO DE AUGA, PORQUE NON TIÑA PRESENTADO NIN UN SÓ ESTUDIO
SOBRE TAL ABASTECEMENTO NIN APORTABA PROXECTO NINGÚN PARA QUE OS
CONCELLOS RIBEREÑOS RECIBIRAN A AUGA DO ENCORO.
6.- No desastre
producido no Umia hai moitos culpables, tamén os tribunais que
tardaron tanto en actuar, CHEGANDO A SENTENZA QUE ANULABA O DECRETO
CANDO AS COMPORTAS XA FORAN PECHADAS POR CUÍÑA E O ALCALDE DE
CALDAS.
7.- En tantos anos
de loita, con denuncias, persecucións e cargas policiais os membros
da Coordinadora NUNCA TIVERON O APOIO DOS ALCALDES EN NINGÚN DOS NUMEROSOS XUIZOS A QUE FORON SOMETIDOS/AS, mudando a loita
contra o encoro por un acordo con Cuíña que condenaba ó río e ós/ás
veciños/as a ter un auga envelenada nas súas casas.
8.- Sabendo
que
a eliminación da cianobacteria e a recuperación do río SÓ PODEN
CONSEGUIRSE DESMANTELANDO O ENCORO E EXISTINDO A POSIBILIDADE LEGAL
DE RESCATAR A CONCESIÓN POR CAUSA DE SAÚDE PÚBLICA, a Coordinadora
ESIXE A TODAS AS AUTORIDADES, TANTO MUNICIPALES COMO AUTONÓMICAS,
QUE ADOPTEN AS MEDIDAS PRECISAS PARA DEIXAR O RÍO LIBRE PERMITINDO
ASÍ OS SEUS USOS DE ABASTECEMENTO DE AUGA LIMPA E DE LECER.
De non adoptarse
medidas nese sentido a Coordinadora acordóu que solicitará a
intervención da Fiscalía para dirimir posibles responsabilidades
penais pola deixación de funcións por parte dos cargos públicos,
poñendo en perigo á poboación e condenando ó medio natural que teñen
a obriga de protexer.
Caldas de Reis,
31/08/18