21-02-2001

(c) S.L.F.

Vovel a la página "O encoro do Umia"

ENCORO DO UMIA

ESTÁN PECHANDO O ENCORO.

¡¡ SALTAN POR RIBA DA XUSTICIA DO TSXG .

 

COMUNICADO URXENTE DA COORDINADORA

   

A Coordinadora informa que na noite do luns 19, operarios da empresa Dragados comenzaron a facer movementos de terras para desviar o curso do río e realizar o peche do encoro.

 

Na tarde de onte un grupo de propietarios requeriron a presencia do Notario para que levantara acta dos traballos e requerira ó enxeñeiro director das obras para que manifestara se as obras que estaban levando a cabo eran efectivamente para o peche do encoro ó que respostou que esa información tiña que facilitala AUGAS DE GALICIA.

 

Desta situación informouse urxentemente vía fax ó Tribunal Superior de Xustiza para que adopte as medidas oportunas e faga cumprir as súas propias resolucións á Xunta de Galicia.

 

A Coordinadora espera que esta actuación absolutamente contraria á legalidade teña a resposta que merece dos Tribunais, que non poden quedar impasibles vendo como se impón a prepotencia e o interés particular duns poucos ó Estado de Dereito e ós intereses da comunidade.

 

Asi mesmo a Coordinadora quere chamar unha vez máis a atención da cidadanía para salientar que estas actuacións representan un gran prexuizo para todos e non só para os veciños de Caldas, Cuntis e Moraña, xa que esta polìtica de feitos consumados suporá o ter que pagar cuantiosas indemnizacións que saen do bolsillo de tódolos cidadáns, e que se executan a sabendas porque non sae do bolsillo do que toma a decisión política de levalas a cabo.

 

Caldas de Reis, 20 de febreiro de 2001 

 

COORDINADORA ANTI-ENCORO DE CALDAS DE REIS, CUNTIS E MORAÑA

Apartado de Correos, 21 – 36650 – CALDAS DE REIS

 

VER A FOTOGRAFÍAS DO PECHE

Estas son as operacións dun cierre de vergoña.

Estas son as operacións dun cierre de vergoña.

Estas son as operacións d un cierre de vergoña.

Estas son as operacións d un cierre de vergoña.

Estas son as operacións dun cierre de vergoña.

A Xunta está pechando o encoro do Umia sen permiso. As operacións de peche  comenzaron na noite do luns 19 . Operarios da empresa Dragados comezaron a facer movementos de terras para desviar o curso do río e realizar o peche da presa. Esa tarde un grupo de propietarios das leiras afectadas levaron alí un notario para que levantara acta dos traballos e que lle pedise ao director das obras información sobre o que se estaba a facer, respondendo este que esa información tiña que achegala Augas de Galicia (departamento da Xunta). Xa que logo, os afectados informaron ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para que adopte as medidas oportunas e faga cumprir as súas propias resolucións á Xunta de Galicia. O Goberno galego está a incumprir repetidamente as sentencias do TXSG que lle dá a razón aos propietarios das fincas. Aplícase así unha política de "feitos consumados", proseguindo ilegalmente coas obras co apoio das Forzas de Seguridade do Estado, ante o abraio de veciños e donos, que nada poden facer contra da forza bruta.

Realmente o anterior é máis cunha vergoña, é un delito.

A Xunta ten que pagar tarde ou temprano estos desmáns. O ciudadán non pode sentir que "non hai xustiza, xa que esta non se aplica", como ciudadáns esiximos que a Xustiza se aplique e non se asoballe ó pobo galego deste xeito.

¡¡¡ A Xunta está actuando como unha auténtica mafia !!.

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír.