O Conselleiro de Obras Públicas e o Alcalde de Caldas aseguran que
as inundacións pasaron á historia coas obras do encoro e os muros de
contención mentras o Consello da Xunta do xoves 29 de setembro aproba
un Plan de Emerxencia onde aparece Caldas de Reis como o Concello con
máis risco de Galicia en caso de inundacións
A Coordinadora esixe que se pronuncie o Director Xeral de Protección
Civil
No Plan de Protección Civil para emerxencias e situacións
catastróficas, aprobado o xoves da pasada semana no Consello da Xunta
aparece
Caldas de Reis como o Concello con máis risco de Galicia en caso de
inundacións. Iso a pesar de que
entre a construcción do encoro e os muros de contención se levan
gastado preto de dous mil millóns de pesetas.
A Coordinadora está dacordo con Protección Civil en que agora, co
encoro cheo de auga, o risco para os veciños é máximo. Asi mesmo a
Coordinadora denuncia que a construcción dos muros de contención (que
non estaban previstos no proxecto sometido a información pública no 95)
é debida a que o dia 23 de marzo deste ano o encoro encheuse e botóu
por fóra en menos de 24 horas. De maneira inmediata Cuíña e o Alcalde
de Caldas apresuráronse a facer o dragado do río e os muros de
contención (polo procedemento de
urxencia).
É moi importante asi mesmo non esquencer que no proxecto que saeu a
información pública no 95 non se cita por ningunha parte a regulación
do río para prevención de riadas figurando como única finalidade do
encoro a de abastecemento de auga á Comarca do Salnés con base nunha
suposta sequía, e que na propia Memoria do anteproxecto afirmase
textualmente que o encoro "...non ten a finalidade de palia-las
inundacións do Umia ó seu paso por Caldas debido a que estas teñen a
súa orixe na confluencia dos rios Chaín, Follente e Bermaña ..."
Xa en xaneiro de 1996 a Coordinadora denunciou públicamente que o
encoro era única e exclusivamente para aproveitamento hidroeléctrico
cousa que a Xunta negou rotundamente ata que a finais de 1998 aparece a
concesión hidroeléctrica e xa comenzan a falar da necesidade do encoro
para regular o río (
a pesar do
que dí o propio anteproxecto) á
vista de que o abastecemento urxente de auga non convence, e pensando
que os desbordamentos do rio ó seu paso por Caldas aparecen como unha
coartada perfecta cara á opinión pública.
En 1999 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula a urxencia do
Decreto e todo o proceso de expropiación en base a que (literal) ....
"No se conoce demanda de abastecimiento urgente de agua y
al no darse esa situación de sequía NO se justifica la urgencia
..... Tampoco puede entenderse como justificación de aquella
urgencia la regulación del río para evitar las inundaciones ya
que tal finalidad viene descartada en el propio anteproyecto
....."
A pesar desta sentencia a Xunta continúa coas obras e coas
ocupacións de terras. Sucédense cargas policiais, detencións de
veciños e máis denuncias.
A Coordinadora insiste nas denuncias de que co encoro en
funcionamento o problema das inundacións será maior e os veciños
pasarán a vivir en risco permanente.
Nese mesmo ano a Coordinadora reparte ós medios de comunicación un
informe dun especialista en enxeñería ambiental da Universidade de
Vigo que ven a ratificar outros de expertos anteriores sobre a
incidencia negativa do encoro nas enchentes, explicando
pormenorizadamente e de maneira sinxela por qué o encoro suporá un
agravamento da situación, ó contrario do que se afirma desde a Xunta.
En marzo deste ano 2000, concretamente o dia 23 cando Cuíña ordenou
o peche das comportas o encoro botou por fóra en menos de 24 horas
producindo a inundación máis duradeira en Caldas, xa que a rúa Real
continuaba chea de auga despois de dous días sen chover debido á que
seguía baixando do encoro.
A pesar de iso Cuíña, que repite visitas a Caldas insiste en vender
a obra como unha marabilla, acompañando sempre de Tobío, asegurando o
primeiro que "A menos que se produza un novo diluvio universal
Caldas non volverá a padecer riadas....", mentras que Tobío
afirma que "o problema secular de inundacións en Caldas pasou
á historia con estas obras ..."
Pois ben, resulta que o dia 29 setembro de 2001 o Consello da Xunta
aproba o Plan de Emerxencias de Protección Civil no que aparece o
Concello de Caldas de Reis como o de máis risco de Galicia en caso de
inundacións. Unha de dúas: ou Protección Civil non sabe o que fai ou
realmente estamos nas portas nun novo diluvio universal.
Caldas de Reis, 4 de outubro de 2001