COMUNICADO DE LA COORDINADORA.
|
O Conselleiro de Obras Públicas e o Alcalde de Caldas aseguran que as inundacións pasaron á historia coas obras do encoro e os muros de contención mentras o Consello da Xunta do xoves 29 de setembro aproba un Plan de Emerxencia onde aparece Caldas de Reis como o Concello con máis risco de Galicia en caso de inundacións A Coordinadora esixe que se pronuncie o Director Xeral de Protección Civil No Plan de Protección Civil para emerxencias e situacións catastróficas, aprobado o xoves da pasada semana no Consello da Xunta aparece Caldas de Reis como o Concello con máis risco de Galicia en caso de inundacións. Iso a pesar de que entre a construcción do encoro e os muros de contención se levan gastado preto de dous mil millóns de pesetas.A Coordinadora está dacordo con Protección Civil en que agora, co encoro cheo de auga, o risco para os veciños é máximo. Asi mesmo a Coordinadora denuncia que a construcción dos muros de contención ( que non estaban previstos no proxecto sometido a información pública no 95) é debida a que o dia 23 de marzo deste ano o encoro encheuse e botóu por fóra en menos de 24 horas. De maneira inmediata Cuíña e o Alcalde de Caldas apresuráronse a facer o dragado do río e os muros de contención (polo procedemento de urxencia).É moi importante asi mesmo non esquencer que no proxecto que saeu a información pública no 95 non se cita por ningunha parte a regulación do río para prevención de riadas figurando como única finalidade do encoro a de abastecemento de auga á Comarca do Salnés con base nunha suposta sequía, e que na propia Memoria do anteproxecto afirmase textualmente que o encoro "...non ten a finalidade de palia-las inundacións do Umia ó seu paso por Caldas debido a que estas teñen a súa orixe na confluencia dos rios Chaín, Follente e Bermaña ..." Xa en xaneiro de 1996 a Coordinadora denunciou públicamente que o encoro era única e exclusivamente para aproveitamento hidroeléctrico cousa que a Xunta negou rotundamente ata que a finais de 1998 aparece a concesión hidroeléctrica e xa comenzan a falar da necesidade do encoro para regular o río ( a pesar do que dí o propio anteproxecto) á vista de que o abastecemento urxente de auga non convence, e pensando que os desbordamentos do rio ó seu paso por Caldas aparecen como unha coartada perfecta cara á opinión pública.En 1999 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula a urxencia do Decreto e todo o proceso de expropiación en base a que (literal) ....
A pesar desta sentencia a Xunta continúa coas obras e coas ocupacións de terras. Sucédense cargas policiais, detencións de veciños e máis denuncias. A Coordinadora insiste nas denuncias de que co encoro en funcionamento o problema das inundacións será maior e os veciños pasarán a vivir en risco permanente.
Nese mesmo ano a Coordinadora reparte ós medios de comunicación un informe dun especialista en enxeñería ambiental da Universidade de Vigo que ven a ratificar outros de expertos anteriores sobre a incidencia negativa do encoro nas enchentes, explicando pormenorizadamente e de maneira sinxela por qué o encoro suporá un agravamento da situación, ó contrario do que se afirma desde a Xunta. En marzo deste ano 2000, concretamente o dia 23 cando Cuíña ordenou o peche das comportas o encoro botou por fóra en menos de 24 horas producindo a inundación máis duradeira en Caldas, xa que a rúa Real continuaba chea de auga despois de dous días sen chover debido á que seguía baixando do encoro. A pesar de iso Cuíña, que repite visitas a Caldas insiste en vender a obra como unha marabilla, acompañando sempre de Tobío, asegurando o primeiro que "A menos que se produza un novo diluvio universal Caldas non volverá a padecer riadas....", mentras que Tobío afirma que "o problema secular de inundacións en Caldas pasou á historia con estas obras ..." Pois ben, resulta que o dia 29 setembro de 2001 o Consello da Xunta aproba o Plan de Emerxencias de Protección Civil no que aparece o Concello de Caldas de Reis como o de máis risco de Galicia en caso de inundacións. Unha de dúas: ou Protección Civil non sabe o que fai ou realmente estamos nas portas nun novo diluvio universal. Caldas de Reis, 4 de outubro de 2001
COORDINADORA ANTI-ENCORO DE CALDAS DE REIS, CUNTIS E MORAÑA Apartado de Correos, 21 - 36650 - CALDAS DE REIS
|
Dibuxo Del embalse de Caldas de Reis. A pocos kilómetros Caldas. Todo un resgo, que ahora ve Protección civil como máximo.
El embalse de Caldas una auténtica aberración.