21 de setembre do 2000: seguimos en guardia.
![]()
Sr. del Álamo, Conselleiro de Medio Ambiente Galego.
Ata o momento calado sobre o encoro do río Umia, o seu departamento non fai absolutamente nada por defender o Único Río Galego "Virxen" ( de largo recorrido) dende que nace ata que desemboca no mar, o río Umia. Ante a aparición do mexilón de río ( margaratifera margaritifera) o único que se lle ocurre decir en plan chiste é comparar esto co río Guadiana : " «porque aparece y desaparece a medida que pasan cosas o dejan de pasar».
O Sr. del Alamo demotra moi pouca sensibilidade cós ríos galegos, o que é gravísimo para un Conselleiro de Medio Ambiente, eu diría que é para temblar, personalmente sei, que non defende os ríos galegos como debera e preocúpame moito, xa que si nono fai el como Conselleiro da nosa Natureza, ¿ quen o vai a facer ?. Esta deixando estragar con minicentrais e macro-centrais como a do río Umia, prácticamente os mellores ríos galegos ( ata 300 ríos estragados a mans de empresas privadas que o único que lle importa é o seu bolsillo e moi pouco os ríos) . Está deixando "mal facer" a outras consellerias e está caladiño, caladiño. Realmente Sr. del Álamo os ríos galegos non se lembrarán para ben de Vd.
Pero o que é candto menos fora de lugar e que poña en tela de xuizo informes científicos contundentes sobre o mexilón de río. Sr. del Álamo un pouco máis de sensibilidade coa natureza galega e un poco de respeto coa nosa Universidade e os informes científicos contrastados. Si se ríe da Universidade, non me extraña que non faga nada por os ríos galegos.
Remítolle únicamente a dos lugares:
Informe do CSIC :Consello superior de investigacións científicas.
...............
Informe do autor da www sobre esta especie. Informe sacado da Universidade de Oviedo.
Os dous informes Sr. del Álamo, son categóricos: a madreperla de río existe no río Umia i é lóxico que aparezca cando se busca e aparece para demostrarLle Á Consellería de Medio Ambiente que " a súa obligación é cuida-los ríos e non deixar que se cometan barbaridades, por certo non legais ( apropiacións indebidas) , con este río".