29 de agosto do 2000:  seguimos en garda.


¡¡¡ Non queremos o encoro !!!

Pero siguen a traballar nos túneis das minicentrais.

Sigue a vergonza no Umia.

Dibuxo da zona actual.

Encoro do Umia. Dibuxo.

Esto é o que hai feito. A zona está desgraciada totalmente.

A tática actual é un día queima aquí, putro queima alí, outro a facer o tunel.

Unha vergoña auténtica.

Mentras tanto a Coordinadora  Antiencoro de Caldas, Cuntis e Moraña sigue a traballar non soio atenta o seu problema sinon sendo solidarios con outros problemas galegos que os hai e moitísmos.

Quero dar as gracias a xente da Coordinadora do Umia por botar unha man en Frieira, no anguieiro do río Miño.  Na vergonza das anguías que non poden subir por culpa do encoro de Frieira, propiedade de Fenosa.

Moita gracias a representación da Coordinadora .

 

Moitas gracias Paloma e compañía, encantado de coñecer a xente coma vos.

Merece a pena.

Unha aperta.

Xa me enterei que seguides vivos e con moita, moitísima gañas de xustiza. Tendes a razón.

¡¡¡ NON O ENCORO DO UMIA!!!.

¡¡¡¡É ILEGAL !!!.

 

Tamén sei do voso comunicado acerca da Inauguración por parte de Fraga Iribarne da  Fervenza do Xallas, que reproduzco a continuación e complemento con fotografías que ilustran o voso comunicado:

A fervenza inaugura por Fraga. A fotografía é de fai 40 anos.

 

Por riba da fervenza en 1999. Sin auga o río Xallas, polo tanto sin fervenza gracias a unha compañia exemplar e coidadosa do medio ambiente :. Ferroatlántica, unha vergoña.

 

A fervenza de 12 a 2 os domingos. Menos mal. Páis pachanguero e bananero. En Medio Ambiente damos pena, estamos o son que toca: Fenosa, Iberdrola, Cortizo, Ferroatlántica, etc.

 

Inauguración de Fraga da fervenza do Xallas, houbo placa, viño español e palabras grandiosas. " O Niagara galego" dixo Fraga. Faltaron os gaiteiros e pouco máis.

Dicen as malas linguas que antes do fin do 2000 Fraga vai inaugurar a lúa chea xusto no Pindo.

MORTE DOS RÍOS

        Reclamamos de toda a cidadanía galega unha seria reflexión sobre o sucedido o día 23 de agosto do 2000 en Ézaro, onde o Presidente da Xunta Sr. Fraga Iribarne e o Conselleiro de Medio Ambiente Sr. del Álamo, xunto co Presidente de Ferroatlántica "inauguraron" nada máis e nada menos que "a natureza", representada pola Fervenza do Xallas, que existía moito antes da existencia deles mesmos.

           Non se debe esquecer que os nosos ríos forman parte de nós mesmos, podemos disfrutalos porque antes empesarios sen escrúpulos e governantes irresponsábeis non viron neles o negócio millonário que agora representan, aínda que sexa a costa da desaparición de miles de especies, da perda da paisaxe ou de cegar fervenzas.

          O papel do Presidente da Xunta inaugurando a desembocadura natural dun río non pode menos que calificarse de patético ou de insulto á intelixencia e memoria dos cidadáns e que mesmo parecía unha volta ao feudalismo onde os Señores, propietarios das vidas e facendas tiñan a ben permitir aos seus súbditos contemplar o discorrer ceibo da natureza.

    A Coordinadora lembra que hai pouco tempo o presidente de Ferroatlántica, concesionaria do río, recoñecía nunha entrevista que cando imaxinaba a Fervenza do Xallas só podía pensar nos cartos que a empresa deixaba de gañar. Unhas declaracións que dan fe da pouca sensibilidade e respeito destes empresarios pola vida dos nosos ríos.

    A Coordinadora ten a seguridade de que se a Xunta non rectifica a súa política hidráulica Manuel Fraga pasará á história como o maior responsábel da morte e desaparición dos ríos galegos despois de Francisco Franco por permitir e/ou impulsar a realización de obras nos nosos ríos que só benefician ás empresas constructores e eléctricas, obras meirande parte dos caos xustificadas fraudulentamente como as do Encoro do Umia, en base a unha suposta "sequía no Salnés", cando en realidade a única finalidade da obra é o aproveitamento eléctrico do Umia.

   Seguiremos loitando para que nen Fraga Iribarne nen nengún outro inaugure nunca a Fervenza de Segade no Umia.

COORDENADORA ANTIENCORO DE CALDAS , CUNTIS E MORAÑA.

 

 

salir.jpg (922 bytes) Sair.