PEQUENA HISTORIA SOBRE A CONTESTACIÓN CIUDADÁN O ENCORO DO UMIA.


wumia6.jpg (19248 bytes)

O título de pequena historia fai honor a verdade. A historia data de 1993 e xa van 6 anos de loita.

Coordinadora anti-encoro de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña.

A COORDINADORA DENUNCIA QUE :
  • O proxecto é un fraude. Que é para aproveitamento hidroeléctrico e se está a utilizar o abastecemento de auga e as enchentes do río como excusa.
  • Que o encoro, ademáis do dano irreversible no patrimonio natural e cultural da Comarca, arruinaría o potencial turístico dos tres Concellos afectados, arruinando ó turismo termal e de natureza, para o que contan coa riqueza natural das augas quentes e da súa paisaxe.
  • Que non se fixeron estudios sobre a posible incidencia do encoro nas augas quentes.
  • Que o anteproxecto presenta gravísimas defiencias nos aspectos xeolóxico e xeotécnico ( existen informes acreditativos destes extremos) o que representa unha ameaza para a vida dos veciños, debido ás fallas do terreo, inadecuado para unha obra destas características ( alta permeabilidade).
  • Que o ESTUDIO DE IMPACTO AMBIENTAL é unha copia dun realizado para outro encoro. A fauna e a flora que se describen, perteñecen ó Sur Peninsular, e incluso figuran topónimos da provincia de Huelva ( Puebla de Guzmán, río Guadiana., etc).
  • Que no anteproxecto, afirmase que a Ponte do Areal, que quedaría anegada polo encoro, e de "principios de século, cando en realidade data de 1834".

 

A COORDINADORA AGRADECE A AXUDA DE MOITA XENTE IMPORTANTE:
  • D. José Luis Aranda, avogado que merece unha mención especial polo seu apoio como profesional.
  • D. Marcos González da Universidade de Santiago.
  • D. Julio Martín e D. Enrique Orche da Universidade de Vigo.
  • Os integrantes de ADEGA e outros grupos ecoloxistas.
  • As asociacións e coordinadoras pola súa solidaridade: Anti-Empacadora de Vilaboa, Asociación para a defensa da Ría de Pontevedra, Irmandade Moncho Valcarce, COAGRET, etc.
  • Deputados e deputadas do BNG e do PSOE que se identificaron co problema.
  • A tódolos cidadáns que participaron nas mobilizacións e actos de protesta para que cesara este abuso de autoridade e o río Umia e o seu entorno non fosen destruidos por un interés empresarial privado.

 

 

Ata abril de 1998 xa houbo moitas manifestacións en Caldas ( 7.000 persoas ),  en Santiago 4.000  , 27.136 alegacións o proxecto, tres pueblos en pé de loita, moita contestación a nivel galego e moita xente, como autor deste páxina www que está a favor da Coordinadora e en contra do encoro de Caldas.

O que sigue é un breve resume tomado dos diarios galegos dende abril de 1998.

Sin dúbida soio é unha pequena historia do moito que pasou e que pasará en Caldas de Reis , Cuntis e Moraña.

wumia3.jpg (14942 bytes)

 

A Voz de Galicia 03 de abril  1998

Según o  diario La voz de Galicia do 03 de abril  1998, a Xunta da o visto bon á central que será construida pola empresa CORTIZO HIDROELECTRICAS S.A. .

LEVARÁ DUOS PRESAS DE 26 m. e 95 m.

Fenosa contribuirá con un canon de 100 millóns o ano.

A Coordinadora do Umia segue a súa loita e levará as súas protestas ó  Defensor do pobo e á Comisión de peticións da UE.

---------------------------------------

A Voz de Galicia do dia 17-04-98

wumia80.jpg (7513 bytes)

Unha fotografía para historia de Galicia.

Un ampio desplegue policial protexeu o comenzo das obras do encoro do río UMIA.

Estas obras iniciáronse as 8 da mañán de onte. Curiosa hora.

A pesar de todo, un pequeno colectivo das localidades de Caldas, Cuntis e Moraña, proferían insultos contra Xosé Cuiña, por estar en contra do encoro.

Según Cuiña : este encoro resolve os problemas de augua da Comarca do Salnés, o problema dos enchentes de Caldas e repercutirá en obras culturales sobre os tres pueblos xa que tendrá de canon sesenta millons.

A Coordinadora antiencoro do Umia alega que todo o que dice Cuiñas é mentira:

        É mentira de que o encoro sexa para abastecemento de auga, e posteriormente a misma Xunta lle da a razón, autorizando non una central sinón dúas.

        Mentiron cando dixeron que as actas de ocupación dos terreos eran legais. A proba é que agora, despois de tanto tempo, aínda están tratando de que os propietarios firmen o mutuo acordo.

        O estudio de impacto ambiental é tan impresentable que o mesmo Valedor do Pobo botoulles a bronca e o Xulgado de instrucción nº 5 de Santiago admitiu un trámite unha querella contra os autores do proxecto.

    Os vidas dos caldenses están en serio peligro. Un informe realizado pola Universidade de Vigo e firmado por D. Enrique Orche García, Dr. Enxeneiro de Minas da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais e de Minas, desaconsella a construcción do encoro, xa que os estudios da Xunta non ofrece suficiente.

A Xunta garda silencio.

LÓXICAMENTE A COORDINADORA PIDE A PARALIZACIÓN DAS OBRAS.

NON É PARA MENOS.

----------------------------------

 

A Región dia 19-04-98

Según ADEGA o estudio de impacto ambiental tramitado pola Xunta pra construcción do encoro do Umia " foi unha falsificación".

Nota : todos son unha falsificación. Eso está claro. Si o estudio é negativo,  césase ó que o fixo e faise outro. Caso de Ourense no Barbantiño.

 

----------------------------------

Radio Voz. RNE-21-04-98

O Concello de  Caldas de Reis recurre a execución das obras do encoro xa que ó parecer " non tiñan permiso municipal".

O colmo. Unha vez máis os membros da Xunta demostran que fan ó que lles da a gana. Cuiñas o seu frente.

Espero que esta vez lles salga mal.

---------------------------------

 

A Unión Europea estudia as posibles irregularidades deste encoro. La Región 13-08-98

A UE tramitóu ante a Comisión de Medio Ambiente a petición da Coordinadora de Plataformas anti-encoro de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña sobre as irregularidades das obras do encoro. Así o indicaban os representantes.

Esta plataforma pide á UE que "adopte unha postura sobre os diferentes aspectos do problema".

A UE aceptóu a propuesta e pídelle á Xunta explicacións.

Ánimo.

Non o encoro de Caldas de Reis.

---------------------------------

ADMITIDA UNHA QUERELLA CONTRA OS AUTORES DO ENCORO DO UMIA. 23-10-98

A querella foi presentada polos alcaldes socialistas de Caldas, Cuntis e Moraña a petición da plataforma contra o encoro do Umia. Foron citados o ex-director Xeral de O.P. Emilio Garcia así como a Xunta e Augas de Galicia.

Voz de galicia do dia 23-10-98 ( Unha boa noticia, ánimo)

--------------------------------

 

MANIFESTACIÓN ANTE O TRIBUNAL DE XUSTICIA POLO ENCORO DO RÍO UMIA.

A COORDINADORA ANTI-ENCORO" DE CALDAS DE REIS, CUNTIS E MOAÑA CONVOCAN O PRÓXIMO MARTES 29 DE DECEMBRE DE 1998 UNHA CONCENTRACIÓN ante a Sede do Tribunal Superior de Xusticia, en rechazo á resolución que señala " non procede decreta-la suspensión de obras" xa que o alto tribunal considera "un problema económico a destrucción do río e do seu entorno".

Demencial.

Por suposto a coordinadora deixa ben claro que o problema , ademáis de económico é ecolóxico.

nfab2.jpg (25911 bytes)

 

-----------------------------------------

DIA 28 FEBREIRO DE 1999. Un informe para poñerse a temblar.

¡¡ÚLTIMA HORA !!. Informe dun inxeneiro de Minas especialista en Hidroxeoloxía afirmando o posible derrumbe si este encoro chega a facerse. Incrible e demencial.

-----------------------------------------

 

DÍA 17 DE MARZO DE 1999. Denuncian a Xunta por un suposte fraude no proxecto.

O diputado socialista Miguel Cortizo e o Alcalde de Caldes José María Tobío denunciaron á Xunta " por un supuesto fraude na adjudicación en 1993 do anteproxecto do encoro do Umia, ó parecer as tres empresas que optaron ó contrato están relacionadas entre sí, o estudio foi realizado no tempo record dunha semana e pagáronse 7,5 millóns por el".

Hai moitas cousas mal " o falseamiento do informe ambiental, que se correspondía en realidade cún de Huelva e terminando pola utilización de informes xeolóxicos de fai 20 anos".

Hai moita porquería neste asunto.......

 

----------------------------------

 

DÍA 20 DE ABRIL DE 1999. O TRIBUNAL DE XUSTICIA DE GALICIA DA O VISTO BON O ENCORO DO UMIA PERO DECLARA ILEGAL A OCUPACIÓN DE TERREOS.

O Tribunal Superior de Xusticia desestima todos os puntos que poideran dar motivo a paralización da obra e rechaza rotundamente os informes periciais que aportaron os demandantes e que cuestionaban a utilidade pública da obra e os estudios do impacto medioambiental.

Únicamente da a razón os recurrentes no senso de que non se motivou a urgente ocupación dos terrenos. Esto pode dar lugar a unha paralización das obras. Depende como se mire.

Sin dúbida un bon día para a Comarca do Salnés.

 

----------------------------------

 

VERÁN DE 1999. Unha desfeita na zona.

O ocurrido neste verán de 1999 é de vergoña......

Os enfrentamentos son constantes entre os veciños e as forzas de seguridade:

"As obras deben pararse xa que son ilegais" según os veciños.

Gloria Redondo mai dunhas das detidas. Foto Xoan Carlos.

Os primeros enfrentamentos prodúcense o 14 de xulio e foron moi  graves. Nas fotografías poden apreciarse estos momentos de tensión máxima. Unha vergonza que se chegue, remantando o milenio, a estas situacións de enfrentamento.

Os enfrentamentos son constantes. Foto de Xoan Carlos.

O tribunal Superior de Xusticia ordenou a suspensión do decreto da Xunta polo que se declaraba a utilidade pública e urxente ocupación de bens e direitos afectados polas obras do proxecto do Umia.

Según a Coordinadora antiencoro a resolucción "bota por terra os verdadeiros plans de Augas de Galicia ".

Nota: que o lector debe saber que Augas Galicia é unha empresa que a Xunta montou para que pare tódolos golpes relativos a augas: centrais, minicentrais, etc. De tódolos xeitos traducir Augas Galica= Xunta e seguro que se entenderá moito mellor.

Ó parecer ante o intento dos veciños de paraliza-las obras levou a un enfrentamento coas forzas de seguridade.

O abogado Xosé Luis Aranda culpa á Xunta e en concreto a Juan Miguel Diz Guedes " que foi quen diu a orden ás forzas de seguridade para que se desplazasen ata as obras". Na súa opinión este Señor "debera ocuparse do cumplimento das leis e non do quebrantamento das mesmas."

Comentario persoal sobre Diz Guedes:

Diz Guedes. Delegado del Gobierno en Galicia. Moi querido en Caldas.

Diz Guedes delegado del gobierno en Galicia. Unha persoa moi querida na comarca do Salnés.

O día 24 de novembre ten que declarar pola querella presentada pola Coordinadora Antiencoro por expropiación ilegal e por enviar a forza pública.

Sin dúbida este Sr. ten unha lengua incríble.

A verdade que nun estado democrático como o noso que se lle consintan frases como as que figuran no marxen é incríble.

Este Sr. ten unha lingua incríble , polo menos así se deduce de algunhas das súas actuacións:

Sobre as obras do encoro e o Tribunal Superior de Xusticia hai que lembrar a súa frase "O Tribunal Superior de Xusticia dita sentencias e nos ( A Xunta) as interpretamos".

 

Tamén no foro sobre incendios o 13 de xulio de 1999 na Coruña é famosa a súa frase: "En la comunidad autónoma hay quien practica el terrorismo ecológico y provoca incendios con el objetivo de dañar una opción política concreta".

Se refería al BNG.

 

O día 3 de agosto de 1999 vólvense a producir enfrentamentos:

Foto de Capotillo . A Voz de Galicia.

Os veciños, nesta ocasión, logran paralizar pola forza a execución das obras. ( día 04-08-99).

Os gritos que se escoitaron foron : ¡ Encoro non !    , ¡ Queremos xustiza ! e ¡ Cuiña, pimpín, lévao pra Lalín !.

Os veciños entenden que o recente auto do Tribunal Superior de Xusticia obliga á suspensión das obras.

As forzas do orden deron a palabra ós veciños de que ordenarían paraliza-las obras, instándolles a desaloxar as inmediaciones do encoro. Finalmente as obras paralizáronse ( ese día).

Continuará .......

----------------------------------

DÍA 17-08-99. Manifestación en Vilagarcia.

umian.jpg (27793 bytes)

Claro que continua, os vecinos dos pueblos afectados manifestáronse nas festas de Vilagarcía xa que o que daba o pregón era o super-conselleiro Sr. Cuiñas, persoa non grata para estos pueblos e non me extraña......... 17-08-99.

                                               Continuará........

----------------------------------

DÍA 24 DE AGOSTO DE 1999. CONTINUAN OS PAUS.

Claro que continua, o día 24 de agosto houbo un ferido. Ou a Xunta se senta a analizar cos veciños de Caldas e Moraña e tódolos afectados a paralización destas obras ou pode ocurri-lo peor..... No hai dereito. Esto está pasando de castaño a obscuro.

 

Tódolo anterior pode resumirse no seguinte:

Os informes técnicos existentes en contra deste encoro, os autos do Tribunal superior e o dictamen negativo do Valedor do Pobo demostran que algo non encaixa.

A Xunta de Galicia debera ter maior cautela que a demostrada ata o momento. Está metendo a pata soberanamente. No hai dereito.

Por si fora pouco o Supremo inda non se   pronunciou sobre cantidade de súplicas.

Continuará..........

 

----------------------------------

VECIÑOS DO UMIA PIDEN SE ABRA UNHA INVESTIGACIÓN SOBRE A SEGURIDADE DO ENCORO. 09-09-99

A existencia dunha grieta nunha das paredes do muro é a causa. Argumentan que a Xunta impidiu levantar acta notarial da grieta e que dende o inicio da obra foron sustituidos en tres ocasións os inxeneiros responsables.

Adxuntan un escrito dun traballo realizado por Enrique Orche, inxeneiro de minas, onde non sóio advierten do peligro de fugas, senón dun hipotético desmoronamento sobre a población de Caldas pola reducción da parede de xabre - granito alterado- frente ó empuxe das aguas do vaso.

¡¡¡ Acusacións gravísimas que a Xunta de momento non escoita !!!.

É máis, Augas de Galicia, organismo dependente da Xunta afirma ó día seguinte no mesmo medio QUE GARANTIZA A OBRA TOTALMENTE.

¿ Están seguros ? . De verdade ¿ fanse responsables si algo pasa ? . ¿ Quen é Augas de Galicia ?

                                Continuará ...........................................

----------------------------------

Outra VICTORIA da coordinadora antiencoro do río Umia : obligará a para-las obras  XA (30-10-99).nuevog.gif (1087 bytes)

Mentras tanto a Empresa Cortizo Hidroeléctrica anda polos pueblos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña convencendo os veciños da maravilla que está a realizar. Seguro que consigue unhos cantos...... todo ten un precio nesta vida lamentablemente..... pero hai moitos QUE NON LOGRARÁ COMPRAR A NINGÚN PRECIO.

¡¡¡¡ ENCORO DO UMIA NON - POLOS RÍOS DE GALICIA !!!!!

¡¡¡¡ XA ESTÁ BEN DE TANTA CACICADA !!!!!

¡¡¡¡ XA VAI SENDO HORA QUE O CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE DIGA NON , NO NOME DA NATUREZA GALEGA !!!!!.

Chegan as comportas do encoro do Umia con "nocturnidade" e   "alevosía" (24-11-99).nuevog.gif (1087 bytes)

flecha.jpg (1052 bytes)  Volver ó Umia                 email.gif (985 bytes)  Manda información       obras.gif (252 bytes)