IBERDROLA, FENOSA e ENDESA: ¡ XA ESTÁ BEN ! 

TEÑEN UNHA DEUDA CÓS RÍOS GALEGOS DENDE 1949. 

 ¡¡ OS RÍOS DEMANDAN VIDA!!. 

Estas empresas, en Galicia,  explotan os nosos ríos o que lles deu e lles da a gana. Xa vai sendo hora de que cumplan a lei, é o menos que se lles pode pedir.

Tanto unha empresa como outra cós grandes encoros ( están rematando dun plumazo cóas especies migratorias, polo menos o salmón e a anguía ) : estas empresas teñen hipotecado o río Sil dende Ponferrada ata Os Peares  ( Iberdrola) , o Miño ata Frieira ( Fenosa), o Bibei ( xa non existe), o Xares (ENDESA)  o río Salas así como algúns dos seus afluentes, etc.  Necesitan facer Vds. algo xa, non poden seguir cós brazos cruzados. 

Dende 1949 soio CONTAN MENTIRAS E SOIO FAN PROPOSTAS PARA A PRENSA PERO NADA DE NADA .

Os últimos bombazos para a prensa:

1.- o día 15-08-98: Fenosa en colaboración con Medio Ambiente vai aportar unha solución á subida do salmón e a anguila no encoro de Frieira por medio dun elevador . 

PERO ¿ EN QUÉ QUEDOU TODO ? : NO 2000 NADA DE NADA.

En xaneiro do 2002 teñen feito algo, catro caixas que non sirven para nada. Ver imáxenes da "obra maestra de Frieira" Senta cátedra decía fai dous anos, o malo é que de momento non exerce a cátedra.

50 ANOS INCUMPLIENDO AS LEIS ECOLÓXICAS.

 

2.-O día 4-08-2000 : Fenosa tardará tres anos en adaptar os seus encoros á lei. Una vergoña se mire como se mire. Casí 50 anos sin cumplir a lei, e inda por riba tres anos máis para NON FACER NADA E SI NON O TEMPO...

REPITO NADA DE NADA. 

3.- Iberdrola,  e Endesa teñen os mismos problemas ou mais que Fenosa na provincia de Ourense , abarcan a conca do río Sil completamente e calquera  encoro ou minicentral que se visite presenta os mismos problemas que os de Fenosa. Ver neste link  algúns exemplos.

Repasando estos textos no ano 2021 estou vendo que me quedei corto con estas empresas, Fenosa, hoxe Naturgy, Iberdrola, Endesa, non fixeron nada para  resolver os problemas que tiñan, ó revés, están ampliando as súas concesións e siguen chupando da nosa auga casi sin pagar nada a cambio. Ver este artículo recinte, xaneiro 2021. Todo mentira e de cara á galería. Pero a culpa tamén a teñen os nosos gobernantes destes anos, ó deixar facer e deixar quenos enganen, unha vergoña...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O PROGRAMA LIFE.

Nota aparecida na Voz de Galicia do día 24-06-99.

Ó parecer o programa Life foi un proxecto presentado por Fenosa, a Xunta e algúns Concellos do Ribeiro e causou sensación en Bruselas. Non soio é orixinal sinon que ademáis senta cátedra  e precedente.

Consiste en habilitar un ascensor no encoro de Frieira para que os salmóns podan remonta-lo río Miño.

A palabra ascensor soio é indicativa xa que ó parecer os salmóns non deberán acceder a unha caixa pechada e  pulsar un interruptor, sinón que disporán dun camiño fluvial coa axuda dunhos rotores.

O proxecto costará 180 millóns e a UE aportará 50 millóns.

Deixando aparte algún dos comentarios anteriores, como "que senta cátedra" , etc. dende esta páxina fágome eco da noticia. Sin dúbida é unha  gran noticia para os ríos galegos. Un raio de luz para tanta e tanta desfeita.

Esperemos para ve-los resultados.

Noticia do día 24 de Xunio de 1999. ( Fonte diario A Voz de Galicia).

 

O día 23-09-99 xa aparece life.gif (1719 bytes) este programa presupuestado pola Unión Europea no seu programa LIFE.

Sin duda é unha gran noticia.

En DECEMBRO DO 2000 non se fixo nada de nada. Logo rematouse pero un desastre.

Ese proxecto foi un timo, non serviu para nada e inda por riba pagamos 50 millóns (esto está escrito en xaneiro de 2021). Os salmóns, as troitas, as lampreas, as anguías, os sábalos e as zamborcas siguen sin pasar oencoro de Frieira no 2021... Unha burla.

flecha.jpg (1051 bytes)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FENOSA TARDARÁ 3 ANOS EN ADAPTAR  OS SEUS ENCOROS Á LEI.

¡¡¡ Vale !!!. Os galegos debemos alegrarnos xa que van a cumpli-la lei, despois de 58 anos de incumplimento.

Fenosa e Medio Ambiente firman un acuerdo polo cal Fenosa invertirá 284 millóns de pesetas, mediante o cal ponrán en marcha as actuacións imperativas que figuran nas leis actuais:

Dispositivo de franqueos de peixes, mantenemento de caudais ecolóxicos, dispositivos de protección de fauna, control de vertidos, construccións de centros ictiolóxicos, etc.

Comentario:

POSITIVO: polo menos fálase de cumplir a lei, osea a lei existe e hai que cumplila. Algo é algo......En 1942 xa existía a lei de caudais ecolóxicos e especies migradoras.

NEGATIVO: con 284 millóns non chegrán nin para facer os proxectos.

3 anos son os que fixan para cumpli-la lei, Carlos del Alamo e Victoriano Reinoso ( na  fotografía do 19-07-00) coincidiron en que "las actuales instalaciones están desfasadas desde el punto de vista de la legislación ambiental, porque se construyeron hace décadas, cuando primaba la filosofía productiva en vez de la de protección y conservación del Medio ambiente de los últimos veinte años"

Esto é unha mentira. En 1942 xa había lei de migración de especies e caudais ecolóxicos. Fenosa e Iberdrola levan 58 anos  facendo o que lles da a gana en Galicia e ahora piden novamente  tres anos para prepararse...de vergoña.

Ver un  artículo da revista de pesca  Danica sobre este tema.

 

Escadas como esta, veremos moi poucas cós 284 millóns...

 

Dende esta olla www estarei atento a esas melloras nos ríos galegos, deixando ven claro, xa desde hoxe, a miña opinión:

  • 1.- Vexo positivo o anterior, algo é algo. Non son optimista. Vexo moita desfeita en Galicia. Demasiada.

  • 2.- Vexo unha inversión de chiste, 284 millóns para actuar nas cuencas dos ríos  Miño, Tambre, Ulla, Avia, Viñao, Mao Edrada, Limia, Salas, Belelle, Tambre e Arenteiro, dame a risa. Pero repito algo é algo.

  • 3.- Non confio na filosofía de Fenosa co Medio ambiente galego e remítome os feitos ata o ano 2000, non atopo nada positivo o casi nada xa feito neste sentido. Si algún día se escribe esa historia ( que se fará) demostrará ben ás claras o que siñifica Fenosa para o Medio Ambiente de Galicia. Son 48 anos de esquilmación absoluta dos ríos galegos. A lei de pesca do 1942 xa falaba da protección das especies migratorias e dos caudais ecolóxicos. Lei totalmente iñorada por esta empresa en Galicia dende 1949.

  • 4.- Medio Ambiente terá que exisir o mismo a Iberdrola e as outras compañías eléctricas ou ¿ é que estas teñen bula ?

 

Ver algunhas das barbaridades ecolóxicas da empresa Iberdrola Un pequeno monográfico sobre o oriente da Provincia de Ourense.

Repasando os textos, vexo que todo foi unha mentira, por parte de Fenosa, hoxe  Naturgy e por parte da Xunta, tal para cual. Unha vergoña auténtica. Pasaron 20 anos e non fixeron nada, cada día explotan máis os ríos, non cumplen as leis ningún dos encoros e cada vez deixan menos diñeiro en Galicia, seica non chega os 7% dos beneficios que soio as centraes e minicentrais pasan dos 800 millóns de euros.

Para chorar.

 

flecha.jpg (1051 bytes)