FRAGA : IMPRESENTABLE NAS SÚAS MANIFESTACIÓNS SOBRE O RÍO UMIA.

Ruas de Caldas inundadas ( Xaneiro do 2000)

Fraga, Presidente da Xunta de Galicia culpa a Coordinadora Anti-encoro do Umia das inundacións de Caldas, por opoñerse o encoro. "Son demagogos e están no paleolítico". " o temporal destes días da a razón a Xunta, o proxecto do Umia está feito xa, pero uns cantos demagogos está impidindo que se cerre a presa e hai que acusalos con claridade" " Os que agora teñen desperfectos que sepán onde están os culpables" "O final todo termina en política e hay política de los locos y aprovechados, que se situan en el paleolítico, y hay política de la genete sensata que intenta atajar los problemas a tiempo, que es el objeto del Partido Popular"

 

Na nosa opinión "FRAGA FAI UNS MESES QUE PERDEU O NORTE, NON SABE O QUE DÍ"

Simplemente remitir ó lector a uns informes emitidos por especialistas en donde afirman  "QUE O ENCORO DO RÍO    UMIA NON RESOLVERÁ AS ENCHENTAS DO RÍO SINON QUE AS AGRAVARÁ SERIAMENTE.":

Informe técnico sobre el encoro del Umia. F. Días-Fierros Viqueira
Catedrático de Edafología  Universidad de Santiago. Manuel Alvarez Enjo. Ingeniero Hidrólogo Instituto Hidrometereologico de Odesa. 

Efectos da presa no río Umia sobre as inundacións en Caldas de Reis.( XULIO MARTÍN HERRERO. é inxeñeiro, especialista en Inxeñería de Medio Ambiente na Universidade de Vigo.

 

Volver esp.                                                      Volver gall.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Efectos da presa no río Umia sobre as inundacións en Caldas de Reis.

No anteproxecto da presa no río Umia, asinado polo actual Director de Obras Públicas da Xunta de Galicia, o inxenieiro Agustín Hernandez Fernández. de Rojas, dice explicitamente, que a presa no río Umia non contribuirá a paliar as habituais inundacións en Caldas de Reis porque estas débense a torrentes estacionais, como o Bermaña e o Follente, que verten as augas máis abaixo da presa ( TOMO I , antecedentes). Esta afirmación ( que o río Umia non figure como causa das inundacións senón uns pequenos regatos) pudiera parecer disparatada ao lego na materia, pero, logo dunha análise rigurosa, resulta dunha lóxica indiscutíbel, que , ademáis, serve para poñer en evidencia que o encoro no Umia non so non servirá para atenuar as inundacións, senón que agravaría seriamente o problema.

(Bosque de galería do Umia).

VEXETACIÓN RETENTIVA.

O Umia, como a maioría dos ríos do norte  que aínda manteñen un estado aceitabel, presenta nas súas marxes un saudabel bosque de ribeira, que algúns lugares exténdese por toda a ladeira. Esta vexetación ripícola, á que en xeral non se dá importancia polo seu caracter "improductivo" , fai que as ladeiras do río actuen como unha verdadeira esponxa que amortece, esluíndoos no tempo, os efectos das choivas torrenciais. Todo aquel ao que nalgunha ocasión lle caeu un chaparrón paseando polo monte e se refuxiou algunha vez por baixo dun carballo entenderá perfectamente o mecanismo; sen o acougo da árbore, a pesar da intensidade da chuiva, recébese apenas un goteo, como baixo un tellado con pingueiras. En contrapartida, este pingar prolongarase durante horas despois xa de que a chuiva cese. Isto non é así debido á forma das follas do carballo ( e igual no caso dos alisos e abeleiras, etc). que se extenden nun plano aproximadamente horizontal e ademáis apresentan múltiplesirregularidades na sua superficie ( bultos e depresións) que actuan como microreservórios de auga. As pingas, para chegar ao chan, teñen que pasar por decenas ou centos destos reservorios, e en cada un deles experimentan un retardo aprecibel con respeito á caída libre. Este fenómeno de acumulación, retardo e liberación progresiva repítese logo no sotobosque ( vexetación arbustiva), tan mesto nun bosque de ribeira, a continuación na capa grosa de materia orgánica que cobre o chan ( as especies son no seu maior parte caducifolias) e posteriormente no chan e sochan, de estructura esponxosa mercede á cantidade de vida que nel se desenrola tanto vexetal como animal.

Río Umia.

   Todo esto tradúcese en que, por exemplo, se unha nube libera unha precipitación de 60 l/ m2 nunha hora sobre a cunca do río acabará chegando toda esa auga pero non no corto lapso dunha hora, senón o longo de varias horas ou mesmo días ( para comprobarlo abonda con achegarse ao bosque de ribeira un ou dos días despois dunha precipitación importante e observar a escorrentía), de maneira que se evita unha elevación do nivel de auga no cauce. Sen embargo, se toda esa precipitación alcanzara o río nunha hora, ao longo dese tempo o nivel subiría, provocando desbordamentos ao superarse a capacidade de desague do cauce. Pois a canle do río, ao igual que nun lavabo por exemplo, ten unha capacidade máxima de desague. Superada esta, o nivel sube.

EUCALIPTOS.

Que ocurre porén nos torrentes mencionados antes?. Estos regatos descorren por ladeiras desprovistas de vexetación ripícola, que foi constituida polo eucaliptal. As follas do eucalipto dispóñense nun plano vertical e son perfectamente lisas: teñen tanta capacidade de retención de auga como un coitelo posto de canto. Baixo o eucaliptal non se desenrola o sotobosque debido as especiais características destas árbores. A falla de sotobosque e de amortiguación do marteleo de pingas de chuiva sobre o chan espido provocan unha erosión importante, que fai que a capa orgánica desapareza en gran medida, ficando no seu lugar areas, gravas, e xabres con nula ou escasa capacidade de retención e liberación progresiva da precipitación, de forma que actuan como verdadeiros canalóns para todas as ladeiras da súa influencia. Iso implica un aporte repentino de caudal ao cauce baixo do Umia, ás portas do casco urbano, cos consabidos efectos xa contrastados no propio informe da Xunta de Galicia.

É por esta razón que nos paises desenrolados a idea de que a canalización dos ríos ( a sustitución  do, en xeral, pouco bosque de ribeira que queda nos estreitos marxes, por valados de pedra e formigón) sirven para evitar as inundacións abandonouse hai anos, e mesmo xa non son poucos os ríos canalizados hai décadas nos que se destruiron os diques para substituilos outravolta por amplas marxens repovoadas con bosque en galeria. A tendencia actual nas zonas susceptibleis de inundación suxire exitar muros, construcións e urbanización "dura" do entorno dos cauces e a potenciación de amplas extensións de vexetación de ribeira.

(Outra imaxen do río Umia)

CHUVIAS TORRENCIAIS.

 Por esta misma causa a construción dun encoro no Umia augas arriba de Caldas de Reis conleva un grave risco de empeiramento por chuivas torrenciais. Un encoro supón a sustitución da superficie actual, na que máis dun 95% é vexetación, da cal cando menos a metade ten caracter de "esponxa", por unha superficie equivalente na que todo vai ser auga e chan espido. A superficie sobre a que se vai distribuir a precipitación disminue ( a superficie inclinada de ladeiras pasa a ser superficie de tránsitoinmediato ( sempre choverá sobre molado). Así, toda a acción de retardo e liberación progresiva fica a cargo da capacidade do encoro. Se o encoro está baixo de nivel no momento da precipitación, esta será retida polo muro da presa e logo liberada progresivamente ao cauce. Pero se nalgunha ocasión a precipitación se produce co encoro chegado é súa máxima capacidade, ou a persistencia é tal que esta alcanzase, a partir de ese momento a capacidade de amortigüación é absolutamente nula. Unha vez superada a capacidade do encoro, toda superficie do mesmo estará actuando como unha xigantesca fervenza, e nela toda a auga que descarga a nube incorporarase de forma inmediata ao cauce.

(Todo este bosque pode quedar entre as auguas do encoro)

O risco de que isto aconteza vese agravado pola falla de amortiguación mas propias ladeiras do encoro, pois estas estarán espidas ate máis alá da cota de capacidade máxima, co que os cambios de nivel no propio encoro serán relativamente moito máis bruscos que no cauce do río no seu anterior estado, rodeado de vexetación.

Esta situación de grave risco, xa de si importante en inverno, acada a súa máxima probabilidade no final de primavera e principio do verán ( finais de xuño e principios de xullo). Por unha banda, o uso do encoro como reservorio de auga potabel para o estio implica que se atope cheo o final da estación chuviosa; por outra banda, de todos é sabido que nesas datas prodúcese habitualmente chuivas torrenciais de orixen tormentosa. Unha destas sombras de auga ( de caracter imprevisibel ao non estar asociada a frontes borrascosas de evolución progresiva) co encoro na sua capacidade máxima ou perto dela, teria un efecto moitas veces superior ao tantas veces experimentados dramaticamente polo veciños de Caldas debido ao torrentes do seu entorno.

 

 

XULIO MARTÍN HERRERO.

é inxeñeiro, especialista en Inxeñería de Medio Ambiente na Universidade de Vigo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

INFORME DE LA UNIVERSIDAD DE SANTIAGO.

 

( O informe pode leerse integro nesta páxina www).

CONCLUSIÓN DEL INFORME:





1.- En el cálculo del volumen ocupado por el embalse por lo tanto de la superficie anegada, se incurren en algunas omisiones (volumen   múerto, evaporaciones, filtraciones, remanso de cola), así como en la utilización de una relación para el cálculo del escurrimiento que presenta fallos graves. Todo ello lleva a infradimensionar el embalse para el volumen de entrega previsto. 





2.- La justificación del embalse por la utilización del agua en el área de O Salnes, se debe hacer sobre un volumen real de entrega de 15.76 Hm3. año, una vez deducido el caudal ecológico. 





3.- Los cálculos de demanda de agua (urbana, agrícola e industrial) para el año 2012 de la zona de O Saines se estiman en 54.79 Hm3.año. Nuestros cálculos, para el año 2011 los reducen a 29.53 Hm3. 





4.- La situación actual es de un casi pleno abastecimiento de las demandas urbanas de la zona de O Salnes, como consecuencia de la entrada en servicio en los últimos años, de bombeos directos del Umia. 





5.- La entrega prevista por el embalse solo atendería parcialmente (el 80%) de las demandas agrícolas e industriales para el año 2011 (19.375 Hm3). 





6.- La estimación de los recursos subterráneos de la zona de O Salnés en la hipótesis mínima, es de 30 Hm3. año, que alcanzarían para satisfacer las demandas anteriores, a unos costes, tanto económicos como sociales, muy inferiores. Por lo tanto, la construcción del embalse para atender las citadas demandas de agua, no estaría justificada. 





7.- La capacidad de laminación del embalse es solo del 4% por lo que su incidencia sobre la prevención de inundaciones y riadas, será mínima. Por lo tanto, este uso tampoco debería ser considerado. 





8.- Quedaría como último uso a considerar el de generación de energia eléctrica, para la que si se encuentra bien diseñado, aun cuando la garantía de entrega (del 99%) se considera que es excesiva frente a los valores habituales (95%). 





9- De todo lo anterior se deduce, que el embalse proyectado sobre el río Umia, solo estaría justificado realmente, para la generación de energía eléctrica, ya que la regulación de riadas es mínima y su empleo par satisfacer las demandas en agua de la zona de O Saines podría ser sustituido, con ventajas económicas y sociales, por otros métodos alternativas. 

Santiago, 30 de Octubre de 1997 




Fdo: 



F. Días-Fierros Viqueira 

Catedrático de Edafología 

Universidad de Santiago. 


--------------------------------------------------------- 



Fdo. Manuel Alvarez Enjo. 

Ingeniero Hidrólogo 

Instituto Hidrometereologico de Odesa.

 

   Volver.