O ENCORO DO RÍO UMIA  : 

  ¡¡ UNHA DESFEITA !!

RÍOS  GALEGOS: UNHA DESFEITA.

Río Umia. Mapa de Ramón O. Pedrayo. Un amante dos ríos galegos. ¡ Si levantara a cabeza , morrería de pena !

Si D. Ramón levantara a cabeza non creería a desfeita que se está a facer cós ríos en Galicia. Río Umia.  Mapa do libro de R. Otero Pedrayo " Os ríos galegos".

Para ver datos sobre Caldas de Reis.

 

RÍO UMIA (Outro desastre).

"O Umia déixase abranguer por ritmos circolares. Abóndalle con xuntar os regos e darlle ás augas un sistema. A figura dos fermosos outeiros, entrana e coroa dos cotos do Salnés, semella gardar a lei xeral da comarca" R. Otero Pedrayo.

¿ Qué pretenden neste río ? : construir unha macrocentral que será unha desfeita para o río Umia e por suposto para a zona. Tamén leva outra central derivada. (Ver mapa da zona).

Os pueblos de Caldas de Reis, Moraña e Cuntis afectados polo encoro piden a paralización da obra dende 1993.

 

.

Río Umia. Estas paisaxes van desaparecer. Foto de autor descoñecido.

O proxecto inicial presentáronse nada menos que 27.136 alegacións.

Non me estrana, xa que o impacto será, si se leva a cabo moito maior do que a xente pensa. Non coñezo ningún encoro que non actue de forma negativa na zona. E ollo estamos falando do Salnés...

 

Razóns para parar a obra:

n_star.gif (2841 bytes) 1.- DESFÁN  OUTRO LUGAR MARAVILLOSO E ÚNICO. O IMPACTO AMBIENTAL E OS DANOS ECOLÓXICOS SON INCRÍBLES.

O río Umia é dos poucos ríos españois vírxenes en todo o seu cauce, é unha vergoña que se esta macrocentral ( 40 metros de altura frente a unha media 10 m. que ten o río) estropee absolutamente esta zona.

Baixo as augas quedarán viñedos, pastadoiros, arvoredas, carballeiras, bosques de ribeira, fervenzas, pontes con historia, fontes termais, recordos e moitas máis cousas...unha desfeita...

.

No al embalse del río Umia. Manifestación del dia 06-06-99

 O Umia en peligro de morte.

n_star.gif (2841 bytes) 2.- NON HAI RAZÓNS LÓXICAS  PARA FACER ESTE ENCORO. OS CONCELLOS NUNCA PEDIRON UN ENCORO PARA ABASTECER DE AUGA O SALNÉS. DE FEITO O SALNÉS NON TEN PROBLEMAS DE AUGA. A proba de que o anterior é unha mentira é que posteriormente a Xunta autorizou otra central derivada da anterior.

.

Os ánimos andan moi mal en Caldas. Foto da Voz de Galicia. 1999

Estanse a producir en 1999 feitos que non se explican......

n_star.gif (2841 bytes) 3.- OCUPARON  ILEGALMENTE MOITAS FINCAS, ASÍ O RECOÑECE O TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTICIA DE GALICIA. AS ACTAS DE OCUPACIÓN FORON ILEGAIS, A PROBA É QUE HOXE A 07-11-99 AÍNDA ESTÁN TRATANDO DE QUE OS PROPIETARIOS FIRMEN O ACORDO. LAMENTABLE.

.

Estas nenas dicen NON O ENCORO DO UMIA, xunto a Fervenza de Segade.

Os pueblos de Caldas, Cuntis e Moraña, sempre estiveron en contra do encoro...

n_star.gif (2841 bytes) 4.- POR SI O ANTERIOR FORA POUCO: HAI INFORMES GRAVES EN CONTRA DO ENCORO.UN INFORME DA UNIVERSIDADE DE VIGO DESACONSELLA A CONSTRUCCIÓN DO ENCORO , XA QUE NON OFRECE SEGURIDADE.

POR RIBA O TRIBUNAL SUPREMO DE GALICIA DALLES A RAZÓN A COOORDINADORA ANTIENCORO, EN CANTO A QUE AS TERRAS FORON OCUPADAS DE FORMA ILEGAL.

E POR SI FORA POUCO O VALEDOR DO POBO FIXO UN DICTAMEN NEGATIVO DA OBRA, ADMITINDO A TRÁMITE UNHA QUERELLA CONTRA OS AUTORES DO PROXECTO, XA QUE O ESTUDIO ERA IMPRESENTABLE E FACÍA REFERENCIA A OTRO LUGAR ( Puebla de Guzmán, río Gudiana, etc).

ENTRE OUTRAS RAZÓNS.

.

Río Umia. Unha maravilla. Foto de autor descoñecido.

Fotografía do río Umia.

n_star.gif (2841 bytes) 5.- ALGUNHAS OPINIÓNS:

"SI NON SE PARALIZAN AS OBRAS O RÍO PERDERASE PARA SEMPRE  dice Paloma Fernández e sin dúbida ten toda a razón..

¡¡ Por unhos ríos vivos e non embalsamados NON O ENCORO DO UMIA !!

 

Manuel Rivas coñecido escritor e periodista.

Manuel Rivas é escritor e periodista. Autor entre outros moitos libros de "O lapis do Carpinteiro". Tamén é coñecida a súa posición en defensa da natureza galega.

n_star.gif (2841 bytes) 6.- Manuel Rivas nun artigo publicado polo diario El País o día 12-09-99 dí referíndose o Encoro do Umia entre outros:

" ...... La unánime oposición vecinal, la municipal, las críticas del Defensor del Pueblo, las sentencias de la justicia, no consiguen frenar la presa del Umia, como si la obra fuera un fatal designio de la divinidad, y la propiedad, por ser de los pequeños, no mereciese ningún respeto a los que se llaman conservadores...".

..

..

Dibuxo de Fran Ameixeiras.

"Últimamente é tal a corrente de barbaridades que se están a facer en Galicia que un se pregunta se de aquí a poucos anos quedará aínda algo salvable".

María Ameixeiras. Unha moza afectada polo encoro de Caldas de Reis.

(Troziños dun e-mail que me fixo chegar unha moza da zona...... realmente é para chorar o que se está a facer coa natureza galega. ¿ Quen está escarallando Galicia ?. Irmán, a resposta está no vento....... cantaba  Dylan...

 

n_star.gif (2841 bytes) 7.-OPINIÓN DE MARÍA AMEIXEIRA:

"As veces pregúntome ata ónde chegarán con todo isto porque non creo que o noso entorno poida soportar tanto, pero eso é precisamente o que pretenden, esprimilo ata que rebente. Qué máis lle ten a eles que os seus fillos non sepan o que é un río ou un bosque autóctono, se total xa teñen garantido un futuro suculento, unha boa herencia, a cambio de roubarlles a súa herencia a todos os demáis fillos da Natureza.

Cando hai uns anos recibín a noticia de que querían facer un encoro no Umia pensei "non, non creo que o fagan", e a medida que víamos cómo se saltaban a lei por todas partes todos seguíamos pensando que non o podían facer así, pero agora, cando vexo ese xigante gris desafiándonos no medio do río, as veces penso que iso é xa imparable, e valoro ainda máis á xente que está metida na coordinadora e que, vendo iso, teñen que convencerse cada día de que non o van a facer, para poder seguir loitando......."

.

Encoro do Umia.

As obras van a bon ritmo, na foto de Lobato, da Voz de Galicia vese o avanzado estado das obras. O dia 28-01-2000 está rematado o azud. Soio queda o túnel. Observar a desfeita da zona

O proxecto está presupuestado en 1.298 millóns e faino UTE Dragados e Abeconsa. O encoro terá capacidade para 6,15 hm3 e o parecer garantizará o suministro a 160.000 persoas. Terá 36 metros de altura e unha coroación de 160 metros. Un monstruo pró río. A lonxitude será de 6 kms.

A explotación correrá a cargo da empresa CORTIZO HIDROELECTRICAS S.A.

.

Dibuxo do encoro do Umia según a Xunta de Galicia.

Este encoro : ¡ desfai o río para sempre!.

Proxecto de encoro do Umia según a Xunta de Galicia.

Por certo, ¿ leva escalas para peixes ?.

Este encoro convertirá a zona en atracción turística según a Xunta. Dende logo hai que ter cara.... para facer estas afirmacións..... tratan os galegos de parvos.

 

 

Fervenza do río Umia que quedará baixo as augas. Foto da revista Cerna.

¿ Para qué e por qué  este encoro?.

A FINALIDADE PARECE QUE É UNICAMENTE A PRODUCCIÓN ELECTRICA ( INDA QUE O DISFRAZAN CON CONTOS DE ABASTECER DE AUGA O SALNÉS e PARAR AS ENCHENTAS DO RÍO),  EN GALICIA SOMOS EXCEDENTARIOS EN PRODUCCIÓN ELÉCTRICA.

¡¡ NON TEÑEN RAZÓNS PODEROSAS PARA CONSTRUIR ESTE ENCORO !!. O CANON QUE LEVARÁ OS CONCELLOS DA ZONA ( 60 MILLÓNS PARA TODO TIPO DE ACTIVIDADES) NON XUSTIFICA A DESFEITA DESTE RÍO.

¡¡ É UNHA MISERIA, FRENTE O QUE DESFÁN. O RÍO UMIA PENSO QUE VALE MÁIS QUE 60 MILLÓNS O ANO!.

NON ME ESTRANA QUE OS VECIÑOS SIGAN COA LOITA CONTRA ESTE ENCORO.

¡ NON Á POLITICA DO CEMENTO, NON QUEREMOS QUE EMBALSAMEN OS NOSOS RÍOS !.

A construcción do encoro do río Umia, en Caldas de Reis, foi aprobado recentemente. A loita contra este encoro ven de 1993.

¿QUEN SE APROVEITARÁ DA OBRA?: Únicamente se aproveitarán desta construcción CORTIZO HIDROELÉCTRICAS S.A.  E  DRAGADOS que é a constructora e seguramente algunhos máis que levarán un bon cazo...........

sos.gif (1757 bytes)

¡¡¡  NON O ENCORO DE CALDAS DE REIS.!!!

Na fotografía o Río Úmia. Unha auténtica maravilla a punto de desaparecer na  zona de Caldas de Reis en Pontevedra. Outro máis.    UNHA LOUCURA.

 

flecha.jpg (1052 bytes)Volver ó río Umia.