O ENCORO DO UMIA. A LOITA SIGUE. CONCLUSIÓNS DA REUNIÓN DE COAGRET EN CALDAS DE REIS.

Esto é o que hai feito do Encoro do Umia.

A fotografía é de Xurxo Lobato.

O texto está sacado da revista CERNA , NO NÚMERO 30, VERÁN 2000.

 

A coordinadora estatal de afectados por grandes encoros e trasvases ( COAGRET) tivo a súa asamblea anual o pasado día 17 de Xuño en Caldas de Reis, despois de participar pola mañán do mismo día na xornada científica sobre a auga e os ríos celebrada na Facultade de Química da Universidade de Santiago.

O 18 de Xuño do 2000 , membros de COAGRET visitaron as obras do encoro do río Umia e elaboraron un documento na que reflexan a súa total oposición a este encoro, e alentan novas accións que finalmente eviten o asolagamento das terras.

Hoxe, en agosto do 2000, as obras atópasen paralizadas e os veciños e veciñas do Umia vixian que non se inunden as terras.

  As conclusións da reunión de COAGRET, en cuxa literalidade reproducimos a continuación, están asinadas por Pedro Arrojo, Presidente do Congreso Ibérico de Planificación e Gestión de Augas e Profesor Titular de Economía da Universidade de Zaragoza, Javier Martinez Gil, Catedrático de Hidroxeología da Universidade de Zaragoza e José Manuel Nicolau, Profesor do Dpto. de Ecoloxía da Facultade de Ciencias da Universidade de Alcalá de Henares.

 

CONCLUSIÓNS.

 PRIMEIRA : a presa do río Umia representa un dos máis graves atentados ecolóxicos e en materia hidráulica dos que se teñen dado no Estado Español nestes últimos anos, na medida en que implica a ruptura dos sistema hidrolóxico global dun dos poucos ríos importantes que manteñen o seu curso continuo dende o nacemento o mar, , libre de intervencións e sen regulación de ningún tipo. Este atentado é particularmente grave no contexto europeo xa que estamos en vísperas da aprobación da Directiva Marco de Augas que prevee -entre os seus principais obxetivos-, a preservación e recuperación, se é o caso, do estado ecolóxico natural dos ríos. 

SEGUNDA : Denunciar enérxicamente o fraude de tervendido ante a opinión pública un encoro para abastacemento da povoación do SALNÉS, cando tal aqbastecemento, -amáis de ter outras alternativas-, nin é necesario, nin está xustificado, nin nunca se materializou nun proxecto concreto, realizándose, no seu lugar, un aproveitamento hidroeléctrico que, ao día de hoxe, ten xa colocadas as súas duas turbinas. Cando esta producción eléctrica non aparece xustificada polas necesidades nin da demanda actual, nin da futura, non pode aceptarse que se declare de utilidade pública o que non é máis que un lucrativo negocio privado.  

TERCEIRA : Expresar a máis enérxica indignación polo feito de que a tramitación e as obras realizadas teñan transgredido a legaliade vixente e os direitor humáns máis elementais: a ocupación de terras non expropiadas, a violencia exercida polas forzas de seguridade sobre os veciños afectadosou as denuncias e xuicios  utilizados para atemorizar aos membros da coordinadora resultan totalmente inaceptábeis en calquer Estado de Dereito. Moi en particular resulta escandaloso no contexto da Unión Europea que se teña permitido a tramitación do proxecto cun estudio de impacto ambiental plaxiado de outro realizado para a provincia de Huelva, sen sequera ter posto o cuidado de cambiar a toponimia e de incluir especies presentes no Umia amenazadas de extinción ( coma a Londra e o cangrexo de río), mentras, pola contra, menciona unha flora e unha fauna que nada teñen que ver coa da zona afectada pola presa.  

CUARTA : Por parte dos expertos en seguridade hidrolóxica expresar a preocupación polo perigro que poden representar as subidas repentinas de caudal ( en función das necesidade de turbinar) nun río moi frecuentemente utilizado por todos os veciños de Caldas como lugar de ocio. Asimesmo, -e a vista da visita realizada á presa e á zona afectada polo encoro e do informe elaborado por profesores da Universidade de  Vigo-, renovar, por parte dos expertos en seguridade xeolóxica, unha chamada de atención sobre os riscos sempre presentes que pode ofrecer unha presa de 6 hectómetros cúbicos de capacidade, ubicada a pouco máis de un kilómetro da vila de Caldas ( de case 10.000 habitantes) ante calquera posible accidente que poidera afectar a propia presa. 

QUINTA : Á vista de todo o dito acordan en primeiro lugar trasladar estas conclusións, -e a correspondente queixa-, ante a Presidencia da Comisión de Medio Ambiente do Parlamento Europeo, -dona Caroline Jakcson-, coa que está previsto un próximo encontro para o luns, 19 de xuño, en Bruselas. Acordan tamén promover ante a Unión Europea a demanda de que o río Umia sexa incluído na súa integridade como lugar de interese comunitario (LIC) na rede de espacios naturais da Unión Europea, Rede Natura 2000. Por último, acordan colaborar coa Coordinadora Anti-encoro e cos demáis grupos sensibilizados de Galiza tanto na denuncia a nivel ibérico deste atentado ecolóxico como da súa difusión entre a comunidade científica. A este respecto proponse unha celebración dun simposium, ao que se invitarían expertos en bioloxía, ecoloxía fluvial e de estuarios e costas, a expertos en hidroloxía, hidroceoloxía e riscos xeolóxicos, en economía, en socioloxía, en antropoloxía, en dereito, etc. das distintas Universidades do Estado e tamén a representantes da Unión Europea, a título de observadores.  

 

salir.jpg (922 bytes)