COMUNICADO DA COORDINADORA ANTI-ENCORO DO UMIA.

04-12-2000

COMUNICADO DA COORDINADORA

 

 A  Coordinadora Anti-Encoro informa que no día de hoxe, 04-12-2000 foron presentadas no Concello de Caldas medio millar de alegacións solicitando ó Alcalde que NON conceda a licencia  para o funcionamento das centrais hidroeléctricas formulada por CORTIZO, S.A.

 

Nas citadas alegacións asinadas por veciños do casco urbán e do lugar de Segade así coma da propia Coordinadora, faise saber ó Alcalde que as centrais son unha actividade das clasificadas coma MOLESTAS, NOCIVAS, INSALUBRES, E PERIGOSAS pola lei, e que o Concello debe antepoñer o interés Xeral do municipio ó dunha empresa privada, facendo fincapé en que non debe de permitir o uso do camiño público a CORTIZO, S.A. para as liñas electricas.

 

A Coordinadora, recorda que en calquera caso CORTIZO, S.A. non terá a auga para as turbinas mentres o Supremo non se pronuncie pero tamén recorda que o Alcalde non está obrigado a conceder licencia precisamente ó estar o asunto pendente nos Tribunais.

 

 

 

En Caldas de Reis a catro de NADAL  do 2000.