Outras MINICENTRAIS DE OURENSE. 

Na relación anterior de 16 minicentrais faltan varias que de momento non teño localizadas. Tamén outras que se fixeron posteriormente como a do Arnoia en Rubillós, a do Barra na Peroxa e outras nos ríos  Cardelle, Bibei,  río de Barxa, pola zona do Barco, etc.

Os minicentraleiros non paran, buscan os mellores lugares dos ríos e si hai algunha pendente veña minicentral o canto. Tenlles sin cuidado si é cabeceira, couto de pesca ou o que sexa...

As minicentrais apróbanse todas...faltaría máis...

Minicentral de Rubillós no Arnoia na Merca. Chupa o río literalmente. Unha barbaridade recente.

Minicentral de San Miguel en Quintela de Leirado, foi unha das primeiras. Río Deva. O río non volveu a ser o mismo.

Minicentral no río Barra. Coles. Afluente do Miño en Barra de Miño.

Por exemplo eu penso que nesta zona hai unha minicentral recien feita:

trátase dun anco do río Bibei por riba de Viana. Nunha zona maravillosa do río Bibei. A única que quedaba en pé.

Na fotografía unha posible minicentral no río Bibei pola zona de Viana.

Sei que estaba prevista, pero ???

O programa Sigpac permite facer investigacións e descubrir outras minicentrais. A Xunta de Galicia non lle interesa ter un listado real de minicentrais, para qué. É polo tanto moi dificil estar ó día. Máximo cando as páginas www chegan a un máximo do 10% dos galegos actualmente.

Pode ser una minicentral.?

Ten toda a pinta...pero non, estuven na zona e trátase dunha minicentral antiga que non funciona.

Seguro que como este exemplo hai moitos en Ourense e en Galicia.

As minicentrais non resolven enerxéticamente falando nada de nada. Supoñen menos dun 7% da producción eléctrica galega e escarallan, de verdade, os ríos galegos (que son un ben común de tódolos galegos). Esto está dito polo Concello de Contas de Galicia, no seu Plan de fiscalización do 2000, no apartado 3.8 , non por mín...que inda penso que é peor (na miña opinión é un roubo legal innecesario a nosa natureza)...

 

Incluso o Concello de Contas de Galicia no ano 2000 emite un informe desfavorable. Pero nin caso.

 Visita por terra.

  salir.jpg (922 bytes) Volver