MINICENTRAIS DO RÍO ARENTEIRO. CABANELAS. OURENSE. 

Esta minicentral de Cabanelas é das máis antiguas de Ourense.

No 2004 está totalmente remozada, incluso fixeron outro encoro (que calados estaban..).

Toma as augas do río Arenteiro e ten a central no río Avia (en Cabanelas) antes de Leiro.

Aproveita unha forte pendente que hai na zona.

Minicentral de Cabanelas. Feita en 1949. Logo ampliada.

A minicentral está entre O Carballiño e Leiro, pero no río Arenteiro. Na fotografía a minicentral típica que debe turbinar na casiña que se ve na seguinte foto. A central principal de Cabanelas está no río Avia.

A minicentral é de Fenosa. Pero aquí aparece a casiña que debe turbinar as aguas da central anterior e de aquí e aproveitando as augas do encoro que se ve ata Cabanelas, a carón do río Avia, onde esta a central grande. Ver fotografía seguinte.

Esta presa debe ser o Inferniño, e supoñon que é a que queren ampliar o muro a 12 metros. Efectivamente hoxe ten 9 metros aproximadamente.

Nesta vexe a casiña da primeira minicentral e o encoro da segunda de onde saen os tubos ata Cabanelas.

¡Menuda explotación do río Arenteiro!

Recentemente, 16 de octubro do 2004, anuncia Fenosa unha ampliación do muro en tres metros, o parecer pasará a 12 metros, como un cuarto piso, realmente están tolos Fenosa , Medio Ambiente e os concellos de Boborás e o Carballiño. Queiman o río Arenteiro, pasan de coller 2500 litros a 5.500, eso si anuncian una zona de recreo e un paseo peatonal, realmente de vergoña.

As minicentrais non resolven enerxéticamente falando nada de nada. Supoñen menos dun 7% da producción eléctrica galega e escarallan, de verdade, os ríos galegos (que son un ben común de tódolos galegos). Esto está dito polo Concello de Contas de Galicia, no seu Plan de fiscalización do 2000, no apartado 3.8 , non por mín...que inda penso que é peor (na miña opinión é un roubo legal innecesario a nosa natureza)...

Minicentral de Cabanelas que foi ampliamente remozada. Aquí vese o centro de máquinas que está preto de Leiro e na marxe esquerda do río Avia.

Dende logo Fenosa é a dona dos ríos galegos. Fai o que lle peta. E así nos vai..,.

Incluso o Concello de Contas de Galicia no ano 2000 emite un informe desfavorable. Pero nin caso.

 Visita por terra.

  salir.jpg (922 bytes) Volver