MINICENTRAIS DO RÍO DEVA A CAÑIZA. PONTEVEDRA.. 

Esta minicentral non está na provincia de Ourense pero casi...

Aparece nesta relación xa que este río que desemboca preto de Arbo no río Miño, era un río troiteiro sensacional (eu tiña ido moitas veces a pescalo xa que está preto de Ourense). Ate que fixeron este mamotreto e o famoso túnel da autovía.

Inda hoxe ano 2004 é couto. 

A minicentral está xusto debaixo dunha ponte da autovía das Rías Baixas.

Trátase dunha minicentral feita cós pés e que estropea o río Deva totalmente.

O caudal ecolóxico que deixa é de coña...

Outra vista da minicentral.

As minicentrais non resolven enerxéticamente falando nada de nada. Supoñen menos dun 7% da producción eléctrica galega e escarallan, de verdade, os ríos galegos (que son un ben común de tódolos galegos). Esto está dito polo Concello de Contas de Galicia, no seu Plan de fiscalización do 2000, no apartado 3.8 , non por mín...que inda penso que é peor (na miña opinión é un roubo legal innecesario a nosa natureza)...

Neste lugar había unhas fervenzas sensacionais que pasaron a mellor vida.

O río nese tramo, que non é moito, está morto.

Por debaixo da central que se ve na fotografía o río está a subir e baixar constantemente e afecta moitísimo as troitas.

Este río era un auténtico viveiro de troita para o Miño.

Hoxe non é nada.

Por riba e para colmo o facer a autovía toda area sacada do túnel foi para a un regato que é afluente deste. Xa se poden imaxinar a desfeita, escarallaron o regato totalmente...

Incluso o Concello de Contas de Galicia no ano 2000 emite un informe desfavorable. Pero nin caso.

 Visita por terra.

    salir.jpg (922 bytes) Volver