MINICENTRAIS DO RÍO TUÑO. Ourense. 

O río Tuño foi un dos mellores ríos troiteiros de Ourense. Podo certificalo.

Hoxe está defenestrado con tres minicentrais seguidas, que son auténticos edefesios que esquilman o río.

A primeira minicentral ten unha altura incrible e por suposto a escala que ten é inútil.

O río prácticamente queda sin auga xa que aproveitan todo para a segunda.

É incrible como se pode facer algo así...

Esta é a primeira minicentral. Enorme. desfixo o río totalmente.

As de más abaixo é dificil velas a vó de paxaro, pero existen e dan pena...

A empresa constructora foi

Aprovechamientos Hidroeléctricos gallegos S.A.

As minicentrais non resolven enerxéticamente falando nada de nada. Supoñen menos dun 7% da producción eléctrica galega e escarallan, de verdade, os ríos galegos (que son un ben común de tódolos galegos). Esto está dito polo Concello de Contas de Galicia, no seu Plan de fiscalización do 2000, no apartado 3.8 , non por mín...que inda penso que é peor (na miña opinión é un roubo legal innecesario a nosa natureza)...

Vista da primeira minicentral. No ten escalas ni nada que se lle pareza. Deixa o río desfeito e na zona desapareceron as troitas totalmente.

O río Tuño foi dos mellores ríos troitiros de Ourense.

Vista da central. Xusto aquí nace a segunda minicentral que é máis pequena pero tamén impresentable. A terceira é moito máis grande e ten o mismo calificativo que a anterior. Impresentable.

As minicentrais afectan moito o río Arnoia por debaixo de Outomuro, cando turbinan está sempre a subir e a baixar varias veces o día.

Incluso o Concello de Contas de Galicia no ano 2000 emite un informe desfavorable. Pero nin caso.

 Visita por terra.

                     salir.jpg (922 bytes) Volver