|
MINICENTRAL DO RÍO DEVA EN QUINTELA
Esta é unha minicentral que non tuvo ningunha oposición, incluso foi inaugurada por Fraga (pescador amante das minicentrais??) e Vitorino. Esnafrou totalmente o famoso río Deva de Quintela de Leirado. O río non volveu a ser río . Incumple tódalas normas e máis. Non ten escalas que funcionen (están desfeitas) e o caudal ecolóxico é a pura morte do río. Ademais afecta a moitísimo río. O cauce que leva a auga a central e moi longo, ver as fotos. Está ademais descuberto.
A minicentral é de Hidroeléctrica San Miguel S.A. As minicentrais non resolven enerxéticamente falando nada de nada. Supoñen menos dun 7% da producción eléctrica galega e escarallan, de verdade, os ríos galegos (que son un ben común de tódolos galegos). Esto está dito polo Concello de Contas de Galicia, no seu Plan de fiscalización do 2000, no apartado 3.8 , non por mín...que inda penso que é peor (na miña opinión é un roubo legal innecesario a nosa natureza)...
Fulmina un canon maravilloso e repito dende que se fixo sobre o ano 1992 o río Deva pasou a historia.
A zona era sensacional.
Observar o canón do Deva. Sensacional. Hoxe desfeito. Había moitísimos muíños. Incluso o Concello de Contas de Galicia no ano 2000 emite un informe desfavorable. Pero nin caso. |