Esta é unha minicentral que tuvo
moita oposición. Desfixo para mín un dos mellores ríos da provincia de
Ourense. Moi aproveitable dende o punto de vista turístico. Na
fotografía vese o treito que vai dende a minicentral ata uns muíños que
hoxe están desfeitos en Penavaqueira.
No río no ano 2004 non hai unha
troita. Comprobado. Encementaron o río e logo as repoboacións non foron
arriba como todas.
Un auténtico atentado ecolóxico que
se debe a unha corporación do concello de Melón que lle deberan poñer
unha placa. Tamén colaborou a Xunta, Calidade ambiental, etc.
Falan doutra minicentral entre as
pozas...lamentable.

Beneficio para Melón: cero. Minto,
algún político debeu encher os bolsillos.
As promesas dos donos da minicentral:
camping e un longo etc quedou en pouquiño, simplemente unha pulpada, alguén cós bolsillos
cheos e un río o Cerves desfeito dende a central ata a súa desembocadura
no MIño.
A minicentral é de Hidroeléctrica
del Giesta S.L.
Realmente para sentir vergoña...
As minicentrais non resolven
enerxéticamente falando nada de nada. Supoñen menos dun 7% da
producción eléctrica galega e escarallan, de verdade, os ríos galegos
(que son un ben común de tódolos galegos).
Esto está dito polo Concello de Contas de Galicia, no seu Plan de
fiscalización do 2000, no apartado 3.8 , non por mín...que inda penso que é peor (na miña opinión é
un roubo legal innecesario a nosa natureza)...