Pequenas mostras de capítulos do libro nos que Juan José Moralejo móllase de verdade:

AS TROITAS,  MIÑAS SEÑORAS

 

Un libro de Juan José Moralejo Álvarez, editado por Editorial Galaxia, 2ª edición, 2005.

 

Trátase como dice o autor dunha segunda edición correxida e aumentada con lerias varias.

 

E, sin lugar a dúbidas, é certo...

Do libro, no seu día,  destaquei todo, dende o prólogo onde Carlos Casares dí " Gústalle pescar e gústalle as troitas ", ata o seu saber do río, a súa coña increible e o seu amor o río "Bos pescantíns, hainos; bos escritores, tamén. Pero pra atopardes home tan troitófilo e tan namorado dos ríos coma min tendes que buscar moito, e non sei se con pouco ou ningún éxito".  Naquel intre eu engadía que xa somos dous...e sigo manteñendo a frase.

O libro pon o día en todo o relativo a pesca da troita nos ríos galegos, é un libro que se le dun tirón e que se pode reler una vez que remata a tempada de pesca. Ou sexa, pódese presupoñer que se pesca o leer o libro...casi nada.

Sobre a pesca en Galicia Juan José Moralejo "móllase" e dice a verdade, eu penso que eso é fundamental para pescar troitas: "non se collen troitas coas pernas  enxoitas..." está claro.

"Un libro divertido tamén é un libro sabio, Juan José Moralejo, que se define como un home que, en tempo de veda, da clases de grego, deita nestas páxinas, medio de risa medio de veras, a experiencia intelixente e longa dun pescador frenético. As troitas miñas señoras trata das venturas e desventuras do autor polos ríos adiante, dende os máis desastrosos capotes a pezas de medio quilo e case un quilo, e dende xornadas tranquilas a sainetes suicidas. Unha viaxe apaisonada por ríos e troitas, encontros con amigos e outras festas de guardar".

Juan José Moralejo Álvarez é actualmente catedrático da Universidade de Santiago, pero el presume de ser Licenciado en Troitoloxía pola Universidade do Deva (Ourense).... entre outros títulos...).

Nestes anos, dende 1981, xa fixo o doutorado en Reoloxía pola Universidade do Tambre (A Coruña). Académico Correspondente da Real Academia de Troitografía e Reoscopia de Leningrado. Medalla da Paciencia e Cero de Honor en Teoría Básica do Salmón. Sin lugar a dúbidas nestes vintecatro anos que media entre a 1ª edición e esta 2ª  fixo o que tiña que facer e nótase no libro.

O libro  non ten desperdicio e fala, nun tono medio en serio e medio de coña, das súas experiencias na pesca da troita en Galicia, que non son poucas. ¡Enhoraboa o autor!.

Miguel Piñeiro, faime chegar a fotografía da presentación do libro e o texto desta presentación.

Darlle as gracias a Miguel por esta e outros detalles que sempre ten co autor da www.

Poño, polo tanto,  unha breve reseña desta presentación, o mesmo tempo que lle dou as gracias a Juan José Moralejo por mandarme un exemplar dedicado, é todo un detalle.

Ver a fotografía e a reseña do acto.

Volver a libros pesca.                                       Volver a ficha Juan José Moralejo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O SACRATÍSIMO MIÑO.

" Pra escribirmos do Miño cómpre ter, como quer a pía copla, "pureza de conciencia" e, tamén coa copla, estarmos "dignamente preparados": sabido xa que os nomes dos ríos teñen que ir en maiúscula por seren de ríos, o do Miño ten un M máis grande có do Mississipi, e aínda lle pode dar a ventaxe de que lle xunten o Missouri.

  Do Miño cumpriría escribirmos axeonllados, pero os fabricantes de máquinas de escribir non teñen prevista a máquina - reclinatorio..."

Río Miño, por baixo de Frieira. Sensacional. Fotografía do autor da www.

"...no caso do Miño toda a auga que pasa é auga de sete estalos, é auga máis que bendita, é ¡pois iso:auga do Miño!, e a auga de todos os outros ríos e H2O, pero a do Miño é H30O15..."

  E aínda non vos dixen o mais importante: que o Miño é meu. Mirade: eu sonvos de Santiago e non o nego, pero, postos a falar coa man no corazón, sonvos de Cortegada, Ourense, xusto no recanto do mapa onde crúza-lo Miño e pasas a Portugal: na miña banda dise troita, chau...e na outra e máis na miña rentes da raia din truita, chan,..:cousas de tempos idos, de mosteiros e castelos, parroquias e diócesis, de frades bieitos e Sarmientos.

Regato de Barxa, nunha banda España , noutra Portugal

   O caso é que de Cortegada -e de Trado, cara a raia- é a miña familia e na beira do río tiña a miña aboa un muíño cunha presa que era tamén un pesco de primeira; por baixo tiñamos unha ponte eu xa non acordo a vela funcionar: facía o servicio pró muíño, pero tiveron que a deixar porque lles aforraba ós contrabandistas moito camiño; era unha ponte de quita e pon polo conto das furibundas enchentas do río, tan furibundas que o embalse da Frieira cos seus vinte e pico de metros aínda non chegou ó nivel no que eu teño visto o río cando chovía auga a Dios dar; e pra arrriba dos prados tiñamo.lo balneario, do que o embalse papou os manantiais. Agora todo fica asolagado, pero aínda non perdín a esperanza de que algún día teñan que librar tan inmunda poza e volver ve-lo muíño, o pesco, a ponte,.....¡o mellor de cando rapaz!.

   Comprenderedes que cando eu tiña sete ou dez anos pensara que o Miño era da casa, da miña aboa, e conmigo tamén o creron os meus irmáns e primos, unha caiñeira de rapaces sen vergonza nin medo pra todo o que fora se bañaren sen saber nadar, fumaren no palleiro e outras falcatruadas.

O Miño por Arbo. Sensacional. Foto do autor da www.

   Agora xa sei ben de quén é o Miño, pero o sabelo non importa pra que eu siga encirrado en que o Miño é meu: pódovos contar tódalas pedras que quedaron debaixo do encoro dendes Castrelo a Frieira, podo decirvo-los sitios onde mellor non se meter pra non pasar dúas horas nun foxo de toxos e silvas ou pra non ir de cabeza o río. Velahí tendes unha boa pescata: dende a estación de Pousa-Crecente ide río arriba astra Frieira, son seis kilómetros bos prá troita e que se poden facer no tempo de tren a tren,...

Encoro de Frieira. Foto do autor da www.

 

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A TROITA.

..." Para entender de troitas cómpre ante todo saber que a troita se perde pola boca e se salva polo ollo: as troitas morren de famentas, nunca de miopes. A vida da troita é unha rifa entre o instinto de  comer e o institnto de desconfiar: se non teñen motivos para estar desconfiadas, mesmo son quen de se morde-lo seu rabo, pero, a pouquiño que desconfien, cospen canto teñen na boca...".

Troita do meu río. Fotografía do autor da www.

        "Imos pór remate a este capítulo primeiro da troita, miña señora, falando dos seus inimigos, que son moitos porque tódalas cousas boas teñen inimigos abondo, xente cobizosa que tenta de facerse co elas como sexa, e xente á que lle dá noxo que haxa cousas tan boas e quere que non as haxa. A troita que, xunto co porco e mailo viño, é un dos pilares fundamentais da civilización occidental, ten os seus peores inimigos en:

   1) A muller, que non che deixa ir a pescar, é un caso típico e tópico de envexa e ciúmes; a muller comprende que, entre ti e a troita pode haber unha relación mesmo erótica.

Troita en postura. Fotografía submarina de W.U.V.

   2) A lontra, raíña das desfeitas, é quen de deixar valeiro o río, pero convén non esaxerar nin facer o que os daquela sociedade cun couto no que exterminaron a lontra e viron que foi peor o remedio que a enfermidade porque a lontra facía o máis do seu traballo coas troitas enfermas ou eivadas, é dicir, tiña unha boa función de policia sanitaria e, cando a exterminaron, as troitas foron a peor.

  Ás mulleres gústanlles moito os abrigos feitos coa pelella da lontra; compriría averiguarmos se ás lontras tamén lles gustan os abrigos de pel de muller; se fose así, podíamos facer que se puxeran unhas contra das outras e deixaran en paz a troita e ós troiteiros.

Antes de irmos adíante quero facer boa memoria da lontra, da súa beleza e mais dos seus dereitos anteriores aos meus; este ano en Tapia, no Tambre, pasei un rato delicioso mirando cómo pescaba unha lontra que non me vira; logo dixenlle que na seguinte hora pescaba eu para que me vira ela, pero tiña outras ocupacións, digo eu, porque marchou a toda présa.

    3) Os fillos de nai, dos que xa falamos; peores cá lontra porque, inda por riba, cos seus pelellos non se fai cousa boa. Pra acabarmos con eles o remedio é longo e dificil; vai dende pór máis vixilancia nos ríos astra mellora-la educación e cultura do país; xa na escola os rapaces tiñan que adeprender que esas cousas non se fan porque son unha burrada como o de queimar o monte ou botarlles escaravellos ás patacas.

Río Deva, o seu río. Foto do autor da www.

   4) O que di que lle saben igual as troitas de piscifactoría e as do río. Neste caso atópanse algúns que pecan co que a vella Teoloxía Moral chamaba "ignorancia invenciblemente errónea", pero hai outros que, xa lle saben igual as troitas-troitas que os productos de piscifactoría, teñen que ser condanados de por vida e fumaren folla de parra, que sabe como o tabaco; a tomaren sopa de sobre, que é igual có caldiño de grelos; a tomaren chicoria descafeinada, que sabe como o café.

Nesta relación de enemigos da troita non estamos-los troiteiros, e con razón porque non somos enemigos, senón os mais amigos e rendidos admiradores, o que pasa é que hai cariños que matan.

Nota:o autor Juan José Moralejo, descoñecía en 1981, cando escribiu o libro un 5)  nefasto das troitas, estou seguro que si re-escribira o libro engadiría como 5) enemigo as minicentrais que están a rematar actualmente os ríos galegos.

De feito poño dous artigos seus falando sobre estos enemigos das troitas:

--------------------------------------------------------

CAUDALES Y CAPITALES

Minicentral del río Deva. Unha auténtica aberración xusto no río do autor.

( Art. aparecido en la Voz de Galicia  Juan José Moralejo Álvarez. Lo incluyo dentro de la prensa especializada, dado que el es realmente un especialista en el tema de los ríos.)

 

Te estaba yo el otro día intentando seducir a los salmónidos y se me apareció entre las silveiras Santa Minicentral de la Maxidesgracia, santa antipática y abusica donde las haya, hermana menor y espabilada de San Murallón del Kilowatio.

Y Santa Minicentral de la Maxidesgracia me dio su mensaje, no tan secreto como el de Fátima, pero no menos temible y no sé si me atreva a publicarlo porque a más de uno puede ponerle los pelos de gallina y la carne de punta.

El mensaje de marras es que la santa de las narices ha descubierto que caudal y capital son la misma palabra en origen, el latino capitalem, y se ha decidido a que vuelvan a serlo, es decir, tiene especial empeño en hacer capital de todo cuanto caudal se tope y le dejen capitalizar.

La cosa está en marcha. Sin hacer ascos a toda cuanta maxicentral se deje caer en el papo, Santa Minicentral de la Maxidesgracia tiene un audaz proyecto de retirar a los gallegos a vivir en outeiros y curutos, pues todo cuanto valle y terreno bajo admitan hormigón que pare la corriente del agua serán inundados para que el caudal se reconvierta en capital. y para que sus devotos no consideren demasiado aburrida la liturgia, Santa Minicentral les tiene preparada una broma graciosísima, que se llama caudal ecológico, una coña marinera que, alternada debidamente, con las enchentes para darle gusto a la turbina que transforma el caudal en capital, está acabando con la vida de los ríos, empezando por el barrido de los desoves y continuando por todo tipo de alteraciones y quebrantos del bien natural y común que están degradando a ciencia y paciencia de quienes no deberían consentirlo.

A Santa Minicentral de la Maxidesgracia le propongo que se ponga al habla con San Purín de Mandanarices para concertar con Medio Ambiente y con Turismo Rural un ambicioso programa de promoción de nuestros recursos: invitar a los del contaminado secano del asfalto a este verde paraíso y regalarles un caudal ecológico en el que no rascarán bola, mientras la pureza del aire se les sublima en purín ¡ y que no les pille el espurreado!.

No es un plan difícil, es lo que hay y debe intentarse porque Ordenación del Territorio y Medio Ambiente se enterarán de lo que consienten y darán una imagen cabal de lo que hay en este paraiso de verdor. A estas alturas el decirle a Santa Minicentral de la Maxidesgracia que nos está estorbando derechos y tasas a los que pagamos licencias y cotos sería todavía más ridículo que llamarle ecológico al caudal/capital que la santa orina.

(Nota : pido perdón al autor por los subrayados, que no aparecen en el texto original.)

 

---------------------------------------------------------------------------

 

 

Minicentral Reno-vesicular.

( Art. aparecido en la Voz de Galicia el 22 de abril de 1998, de Juan José Moralejo Álvarez. Lo incluyo dentro de la prensa especializada, dado que el es realmente un especialista en el tema de los ríos.)

Minicentral del río Deva. Unha auténtica aberración xusto no río do autor.

 

Minicentral reno-vesicular: un invento que aumentará, si cabe, nuestra felicidad hidroeléctrica y, si parece arduo y procaz, se solicita del lector atención y paciencia hasta terminar el folio. No quiero royaltis ni cazos por mi plan de explotación intensiva de las capacidades para producir energía eléctrica con poco costo de infraestructura y mantenimiento, además de con la ventaja de interesar a toda la sociedad en cubrir sus necesidades energéticas.

   Dedico mi propuesta a los gerifaltes de la marabunta de minicentrales hidroeléctricas que amenaza y algo más que amenaza con hacer de Galicia un millón de charcos podres en cuyas orillas los gallegos acabaremos haciendo de ranas como decía Platón de los griegos en el charco del Mediterráneo. Si esperamos una generación a que se consume la desfeita codiciosa, en vez de discutir el tren de alta velocidad nos dedicaremos a potenciar la red de catamaranes, invento de aire muy xunteiro.

  Después de que los minicentralómanos hayan puesto molinillos y turbinas hasta en los desagües domésticos y las alcantarillas, su traca final será reparar en que un aprovechamiento verdaderamente integral de nuestras capacidades no puede descuidar esta cifra multimillonaria, segura y cotidiana de microvoltios que todos y cada uno generamos porque hemos  ingerido líquidos y porque tenemos riñones que, a Dios gracias, funcionan.

     Propongo a los poncios de la codicia minicentralera gallega que su apoteosis sea constituirse en compañia hidroeléctrica ( El Meandro S.A. sería el título) que, previa Socialización Obligatoria de Uréteres, equipe a todos los ciudadanos con un artilugio que aproveche y lleve a un condensador el par de minivoltios individuales que la repetición colectiva eleva a miles y miles de kilovoltios diarios. Una vez al mes se pasará el ciudadano por la Compañía a entregar gratis la producción condensada. Lo de andar con condensador a cuestas puede parecer incordio, pero por Rabelais o por Montaigne anda la historia del rey que obligaba a los súbditos, ya desde niños, a cargar día y noche con un ternero y, ya adultos, el hábito hasta les hacía olvidarse del buey que llevaban encima y vivían ágiles y felices. Mi propuesta tal vez parezca chocante, pero, si bien se mira, no es más chocante que la desfeita a que están sometiendo a Galicia y a sus ríos. Y estoy seguro de que los minicentraleros no le pondrán pegas, si se les subvenciona bien el artilugio condensador

 

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

SUSTOS NO RÍO.

...Coñezo, dicía, poucos ríos, pero penso ampliar estudos: téñolles botado o ollo, téñollas xuradas -¡por estas!- a unha ringleira deles. Cando vou cara Asturias, o Mandeo, o Ladra, o Eo...póñenme a carne de galiña o pensar no que alí queda; no Mandeo probei hai dous anos e o único que probei foi a seca podre e enxurrada repentina que te pode levar por diante e afogar...

Nota do autor da www: Juan José Moralejo fai referencia as continuas subidas e baixadas tolas deste río, que efectivamente ten varias minicentrais, unha precisamente en Chelo.

 

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OUTRA DE SUSTOS NO RÍO ULLA.

...O Ulla ten para min -¡e para todos, madía leva!- unha eiva podre: o subir e baixar o nivel da auga cando e canto lles peta aos da central eléctrica de Portodemouros, que, por certo, son sempre dunha amabilidade extrema para informar de cómo andan as máquinas e do caudal que deixan saír. (Agora hai que decir que eran amables, pois está todo centralizado en Madrid, como debe ser por Dereito Divino de Peranda Central Irrebatible). Este subir e baixar sen ton nin son non é bo para a pescae, inda que haxa necesidades certas de produción e subministro de enerxía como para andar a xogar a xurradas e estiñadas, non estaría mal ter outro xeito de facer as cousas. O conto do enxeneiro pillado pola enchente e obrigado a pasar a noite nunha árbore no medio do río é tan certo como que nunha mañá de maio co río moi baixiño alá en Ponte San Xuste boteime eu coa culleriña polas pedras adiante, todo confiado, á procura de currunchiños, cando sentín un runrún escumante, mirei para atrás, botei a correr canto puiden e, ao chegar á beira, xa me entrara a auga por riba das botas. O conto do enxeneiro en apuros xa ten continuación nun par de afogados en Ulla e Mandeo, coas autoridades en Babia..."

Nota do autor da www: Juan José Moralejo fai referencia as continuas subidas e baixadas tolas deste río, que efectivamente ten na Presa de Portodemouros unha máquina de meter medo. Os donos dos ríos galegos, Fenosa, Iberdrola, Endesa e outros non paran. A Xunta de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente non fan nada. En fin mexan por nós e temos que decir que chove, inda no ano 2005....

 

Subir.

 

 

 

 

 

O RÍO MIÑO UN PAI NON RESPETADO

" ...O río Miño é para min e para todos era pór ben claro que o Miño non é unha auga que ten peixes, nin un río, senón o sacratísimo río , pai e señor de todos nós, e cheo de pesca ata estoupar.

E xa estou sintondo dicir o de ¡para o carro, amiguiño! e eu vou e paro o carroe recoñezo que hoxe do Miño queda pouco e estou a falar do que foi e non volverá; e son ademais dos primeiros en denunciar que o Miño xa non é o pai respectado, senón un pai nos que os fillos baten e mallan; máis que auga limpa e corrente é unha restra de pozas contaminadas; máis que un tesouro sen fondo de pesca é un río que está nas últimas e logo virá dar nas derradeiras...A industria, os encoros e máis a enerxía ele´ctrica son necesarias, pero non de xeito que contra do que a lei di, economía e pesca sexan incompatibles; a contaminación non é nin necesaria, nin boa, nin defendible, nin siquera é o mal menor  ou descupable das riquezas e necesidades da industrialización; a porcallada que o Miño arrastra, as manchas de aceite pesado, as cabezas e tripas de polo non son máis que eso: pocallada de quen consente que as boten e mesmo porcallada de todos nós, que non pelidamos e berramos como compriría para que catro desleigados non derramen un río que é moito máis e moito mellor que o que elen producen. E agora, 2004, cómpre celebrar que leis e sensibilidades teñan mellorado moito o río ou, polo menos, estea libre de macromerda. O da micromerda é outra historia.

Río Miño, por baixo de Frieira. Sensacional. Fotografía do autor da www.

As troitas dos encoros teñen unhas carnes moles e marelas que non hai quen as ature, e que haxa máis ou sexan máis grandes non é compensación; aínda menos compensación é o botar outras especies que, con perdón dos seus afeccionados, para min fican catalogadas na grea de peixes anónimos e murchos. O salmón xa non sobe de Frieira, pero, coa lei na man- ¡na nosa, que o salmón non ten mans!-, podería subir, inda que non sei si lle gustaría enfouzarse nas charcas podres chamadas encoros; a lamprea e mais o salmón van perder os mellores ou únicos quilómeteros que lles quedaban cando fagan o salto de Sela.

O Miño por Arbo. Sensacional. Foto do autor da www.

Agora quero berrar que hai uns anos botaron no encoro de Frieira o black bass para compensar, seica, daquela maneira a perda das outras especies; o black bass foi abundante e hai que recoñecer que nunha tarde de barca e culleriña tiñas boa diversión. Pero logo no sei quén foi o túzaro que botou as carpas e agora troitas e black basses baixaron en poicado e o encoro é un abarrote de merdas gordas que chaman carpas e que na pesca deportiva non serven para nada. A ver si algún día pasana fondo as redes e purifican o Miño de todo este lixo..."

Encoro de Frieira. Foto do autor da www.

Nota do autor da www: está claro que Juan José Moralejo tira con bala, non ten o que se dí pelos na lingua, efectivamente o que Fenosa por acción e a Xunta por omisión fixo en moitos encoros da nosa terra non ten nome. As carpas imperan por doquier o Bas e un longo etc. Todo menos troitas, salmóns, anguías, sabalos, sabogas, tencas, barbos e un longo etc. que eran os auténticos habitantes e señores do pai Miño.

Realmente para chorar.

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

COUSAS SOBRE OS PESCADORES.

" ...os antropólogos, poño por caso, saben que o homo truttarius é evolución e cumio do homo sapiens, é decir, que o troiteiro é o remate da evolución da especie dende o mono e o Neanderthal, e xentes como Mozart ou Newton son un banzo na escada da evolución que acada o máximo de dignidade e de posibilidades no home que se acoroa a un río para pillar troitas...

 

Río Miño, por baixo de Frieira. Sensacional. Fotografía do autor da www.

...Si, home, si: xa te entendo, xa sei que é virtude heroica devolver ao río esa troita que non acaba de dar a medida pero mesmo parece que a dá, e ti tes a disculpa de que son as mellores no prato; pero de agora en adiante faime o favor de que as túas dúbidas da medida non baixen dos dezaseis (agora dezanove) centímetros, porque a estadística certa di que, polo si ou polo non da medida foron para o cesto millóns de troitas entre catorce e desasete (agora desasete ou dezanova) centímetros e foi para o río unha de dezasete (agora dezanove), que a botou un que era santo e curto de vista.

Agora os dezasete centímetros son excepción, os dezanova son a norma e tamén hai coutos nos que esixen os vinte e vinte e un centímetros. Os trinta do reo sonche unha eternidade en centímetros e non sei se os reos non terán un dispositivo interno, un ligamento, para se encoller a vinte e oito ou vinte e nove centímetros cando están nas miñas mans e recuperar os trinta e máis cando os devolvo o río. Paréceme moi ben todo o que sexa pór orde, respecto e garantías de que a festa dura, pero os centímetros non son o pecado nin a ameaza gorda...E xa me entendes, pero, se tendes dúbidas, empézovos outra vez o conto de la buena pipa das hidroeléctricas, dos zurros, da merda industrial...

Minicentral do río Deva en Quintela de Leirado. Seguro que lle ten un cariño especial Juan J. Moralejo a esta minicentral que rematou co seu gran río.

 Nota do autor da www: está claro que Juan José Moralejo móllase cando pesca e incluso sin chover. Hai que decir as cousas,  hai que contalas e neste libro de pesca faise así.

Merece a pena a súa lectura.

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AS LEIS E AS TRAMPAS.

"E xa me daría eu con catro coios nos dentes -a coio por garda-, se non teño que volver a ver a catro gardas de leria, deitados nunha ponte toda a tarde, mentras uns fillos de nai andan coas redes un quilómetro máis arriba. Máis adiante conto que o comentario desta situación verídica dos anos 70 e 80 nunha táboa redonda de troitas e pescantíns alporizou a un poncio do asunto de Medio Ambiente e no que dixen daquela non hai nada que corrixir, pero agora hai moito que celebrar na potenciación da vixcilancia e dos efectos prácticos e legais, inda que temos, como agora adoitan dicir, a asignatura pendente de que unha troita de máis, un centímetro de menos ou mesmo unha alcatrutruada de rede son o que o outro chama pataca minuta en comparanza cos danos das enchentes e enxurradas permitidas ás maxicentrais, minicentrais e puticentrais de toda caste, ou en comparanza cos danos dos zurros, zudres ou purines, e mais outras merdas celenosas que nos trouxo a desidia ou a inepcia da política medioambiental e que agora queren corrixir, seica, pero teñen que se dar moita présa e pórse firmes, firmes, firmes.

 

Río Cerves, vista da minicentral que queimou este gran río.

 Nota do autor da www: volvo a decir o mesmo, está claro que Juan José Moralejo móllase cando pesca e incluso sin chover. Hai que decir as cousas,  hai que contalas e neste libro de pesca faise así. ¡Enhoraboa!.

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O EFECTO VERTEDOIRO

"Last, but not least volvo insistir na triste experiencia de que somos porcos, agesivos e desaprensivos coa Natureza. nun río curto e case sen xente na súa conca hai dende colchóns e electrodomésticos a todo tipo de roupas, sacos, botes, bolsas...Dá noxo que a troita, o xílgaro, o xabaril, a donosiña...teñan que convivir con esa avalancha de porcallada e acabaremos como no conto do que tiña a cabra no cuarto e o cheiro non era problema ¡porque a cabra xa estaba afeita! Noutros lugares falan e falan dos riscos do "efecto invernadoiro", pero en Galicia e coa súa paisanaxe o grave parece ser o efecto vertedoiro.

 

 Nota do autor da www: Juan José Moralejo móllase cós nosos ríos e chama as cousas polo seu nome.

Efectivamente en Galicia temos moito que aprender. Hai moito paisanaxe, demasiado...

Subir.