Libro de J.J. Moralejo. 1981.

GUIA PRA PILLA-LAS TROITAS, MIÑAS SEÑORAS

Un libro de Juan José Moralejo Álvarez, editado por edicións xerais de Galicia S.A.. en 1981 ( xa choveu moito en Galicia dende aquela.....).

Do libro destaco todo, desde o prólogo donde Carlos Casares dí " Gústalle pescar e gústalle as troitas ", ata o seu saber do río, a súa coña increible e o seu amor o río "Bos pescantíns, hainos; bos escritores, tamén. Pero pra atopardes home tan troitófilo e tan namorado dos ríos coma min tendes que buscar moito, e non sei se con pouco ou ningún éxito". Pois xa somos dous. Gracias Juan José polo teu libro.

Sinto que o teu Deva do que falas moito no libro, non sexa o de hoxe. " Andados teño moitos ríos, e nadado, somentes ún, o meu Deva en Ourense: levo anos no vezo e non cain na auga senón unha vez, que foi en Agosto e non importou moito, pero molleime o tabaco e mailos mistos e tiña o estanco a mais de catro kilometros, como método para deixar de fumar non o recomendo".

Trozos do libro:

J.J. Moralejo pescando no Ulla.

Un libro de Juan José Moralejo Álvarez (É actualmente catedrático da Universidade de Santiago, pero el presume de ser Licenciado en Troitoloxía pola Universidade do Deva(Ourense)...entre outros títulos...).

Na propaganda dice que é a primeira guia espiritual -frenética e fanática- da pesca de en Galicia.

Nela, amais de abondosos datos sobre ríos, cebos, cucharillas, leis e trampas atoparás remedios pra capotes vergoñentos, como fuxir da contaminación, fervenzas de entusiasmo e moita erudición.

O libro  non ten desperdicio e fala, no tono de coña, das súas experiencias na pesca da troita en Galicia.

Trozos do libro:

Volver a libros de pesca.                                             Volver a ficha Juan José Moralejo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O SACRATÍSIMO MIÑO.

" Pra escribirmos do Miño cómpre ter, como quer a pía copla, "pureza de conciencia" e, tamén coa copla, estarmos "dignamente preparados": se é certo que os nomes dos ríos can en maiúscula por seren de ríos, o do Miño ten un M máis grande có do Mississipi, e aínda lle pode da-la ventaxa de que lle xunten o Missouri.

  Do Miño cumpriría escribirmos axionllados, pero os fabricantes de máquinas de escribir non teñen prevista a máquina - reclinatorio...."

Río Miño, por baixo de Frieira. Sensacional. Fotografía do autor da www.

  E aínda non vos dixen o mais importante: que o Miño é meu. Mirade: eu sonvos de Santiago e non o nego, pero, postos a falar coa man no corazón, sonvos de Cortegada, Ourense, xusto no recanto do mapa onde crúza-lo Miño e pasas a Portugal: na miña banda dise troita, chau...e na outra e máis na miña rentes da raia din truita, chan,...:cousas de tempos idos, de mosteiros e castelos, parroquias e diócesis, de frades bieitos e Sarmientos.

Regato de Barxa, nunha banda España , noutra Portugal

   O caso é que de Cortegada -e de Trado, cara a raia- é a miña familia e na beira do río tiña a miña aboa un muíño cunha presa que era tamén un pesco de primeira; por baixo tiñamos unha ponte eu xa non acordo a vela funcionar: facía o servicio pró muíño, pero tiveron que a deixar porque lles aforraba ós contrabandistas moito camiño; era unha ponte de quita e pon polo conto das furibundas enchentas do río, tan furibundas que o embalse da Frieira cos seus vinte e pico de metros aínda non chegou ó nivel no que eu teño visto o río cando chovía auga a Dios dar; e pra arrriba dos prados tiñamo.lo balneario, do que o embalse papou os manantiais. Agora todo fica asolagado, pero aínda non perdín a esperanza de que algún día teñan que librar tan inmunda poza e volver ve-lo muíño, o pesco, a ponte,.....¡o mellor de cando rapaz!.

   Comprenderedes que cando eu tiña sete ou dez anos pensara que o Miño era da casa, da miña aboa, e conmigo tamén o creron os meus irmáns e primos, unha caiñeira de rapaces sen vergonza nin medo pra todo o que fora se bañaren sen saber nadar, fumaren no palleiro e outras falcatruadas.

O Miño por Arbo. Sensacional. Foto do autor da www.

   Agora xa sei ben de quén é o Miño, pero o sabelo non importa pra que eu siga encirrado en que o Miño é meu: pódovos contar tódalas pedras que quedaron debaixo do encoro dendes Castrelo a Frieira, podo decirvo-los sitios onde mellor non se meter pra non pasar dúas horas nun foxo de toxos e silvas ou pra non ir de cabeza o río. Velahí tendes unha boa pescata: dende a estación de Pousa-Crecente ide río arriba astra Frieira, son seis kilómetros bos prá troita e que se poden facer no tempo de tren a tren,...

Encoro de Frieira. Foto do autor da www.

 

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A TROITA.

......." Pra entender de troitas cómpre ante todo saber que a troita se perde pola boca e se salva polo ollo: as troitas morren de famentas, nunca de miopes. A vida da troita é unha rifa entre o instinto de  comer e o institnto de desconfiar: se non teñen motivos para estar desconfiadas, mesmo son quen de se morde-lo seu rabo, pero, a pouquiño que desconfien, cospen canto teñen na boca..."...

Troita do meu río. Fotografía do autor da www.

        "Imos por remate a este capítulo primeiro da troita, miña señora, falando dos seus enemigos, que son moitos porque tódalas cousas boas teñen enemigos abondo, xente que tenta de facerse co elas como sexa, e xente á que lle dá noxo que haxa cousas tan boas e quere que non as haxa. A troita que, xunto co porco e mailo viño, é un dos pilares fundamentais da civilización occidental, ten os seus peores enemigos en:

   1) A muller, que non che deixa ir a pescar, é un caso típico e tópico de envexa e ciúmes; a muller comprende que, entre ti e a troita pode haber unha relación mesmo erótica.

Troita en postura. Fotografía submarina de W.U.V.

   2) A lontra, raíña das desfeitas, é quen de deixar valeiro o río, pero convén non esaxerar nin face-lo que os daquela sociedade cun coto no que exterminaron a lontra e viron que foi peor o remedio que a enfermedade porque a lontra facía o máis do seu traballo coas troitas enfermas ou ceibadas, é decir, tiña unha boa función de policía sanitaria e, cando a exterminaron, as troitas foron a peor.

  Ás mulleres gústanlles moito os abrigos feitos coa pelella da lontra; compriría averiguarmos se ás lontras tamén lles gustan os abrigos de pel de muller; se fora así, podíamos facer que se puxeran unhas contra das outras e deixaran en paz a troita e ós troiteiros.

   3) Os fillos de nai, dos que xa falamos; peores cá lontra porque, inda por riba, cos seus pelellos non se fai cousa boa. Pra acabarmos con eles o remedio é longo e dificil; vai dende pór máis vixilancia nos ríos astra mellora-la educación e cultura do país; xa na escola os rapaces tiñan que adeprender que esas cousas non se fan porque son unha burrada como o de queimar o monte ou botarlles escarabellos ás patacas.

Río Deva, o seu río. Foto do autor da www.

   4) O que di que lle saben igual as troitas de piscifactoría e as do río. Neste caso atópanse algúns que pecan co que a vella Teoloxía Moral chamaba "ignorancia invenciblemente errónea", pero hai outros que, xa lle saben igual as troitas-troitas que os productos de piscifactoría, teñen que ser condanados de por vida e fumaren folla de parra, que sabe como o tabaco; a tomaren sopa de sobre, que é igual có caldiño de grelos; a tomaren achicoria descafeinada, que sabe como o café.

Nesta relación de enemigos da troita non estamos-los troiteiros, e con razón porque non somos enemigos, senón os mais amigos e rendidos admiradores, o que pasa é que hai cariños que matan.

Nota:o autor Juan José Moralejo, descoñecía en 1981, cando escribiu o libro un 5)  nefasto das troitas, estou seguro que si re-escribira o libro engadiría como 5) enemigo as minicentrais que están a rematar actualmente os ríos galegos.

De feito poño dous artigos seus falando sobre estos enemigos das troitas:

--------------------------------------------------------

CAUDALES Y CAPITALES

Minicentral del río Deva. Unha auténtica aberración xusto no río do autor.

( Art. aparecido en la Voz de Galicia  Juan José Moralejo Álvarez. Lo incluyo dentro de la prensa especializada, dado que el es realmente un especialista en el tema de los ríos.)

 

Te estaba yo el otro día intentando seducir a los salmónidos y se me apareció entre las silveiras Santa Minicentral de la Maxidesgracia, santa antipática y abusica donde las haya, hermana menor y espabilada de San Murallón del Kilowatio.

Y Santa Minicentral de la Maxidesgracia me dio su mensaje, no tan secreto como el de Fátima, pero no menos temible y no sé si me atreva a publicarlo porque a más de uno puede ponerle los pelos de gallina y la carne de punta.

El mensaje de marras es que la santa de las narices ha descubierto que caudal y capital son la misma palabra en origen, el latino capitalem, y se ha decidido a que vuelvan a serlo, es decir, tiene especial empeño en hacer capital de todo cuanto caudal se tope y le dejen capitalizar.

La cosa está en marcha. Sin hacer ascos a toda cuanta maxicentral se deje caer en el papo, Santa Minicentral de la Maxidesgracia tiene un audaz proyecto de retirar a los gallegos a vivir en outeiros y curutos, pues todo cuanto valle y terreno bajo admitan hormigón que pare la corriente del agua serán inundados para que el caudal se reconvierta en capital. y para que sus devotos no consideren demasiado aburrida la liturgia, Santa Minicentral les tiene preparada una broma graciosísima, que se llama caudal ecológico, una coña marinera que, alternada debidamente, con las enchentes para darle gusto a la turbina que transforma el caudal en capital, está acabando con la vida de los ríos, empezando por el barrido de los desoves y continuando por todo tipo de alteraciones y quebrantos del bien natural y común que están degradando a ciencia y paciencia de quienes no deberían consentirlo.

A Santa Minicentral de la Maxidesgracia le propongo que se ponga al habla con San Purín de Mandanarices para concertar con Medio Ambiente y con Turismo Rural un ambicioso programa de promoción de nuestros recursos: invitar a los del contaminado secano del asfalto a este verde paraíso y regalarles un caudal ecológico en el que no rascarán bola, mientras la pureza del aire se les sublima en purín ¡ y que no les pille el espurreado!.

No es un plan difícil, es lo que hay y debe intentarse porque Ordenación del Territorio y Medio Ambiente se enterarán de lo que consienten y darán una imagen cabal de lo que hay en este paraiso de verdor. A estas alturas el decirle a Santa Minicentral de la Maxidesgracia que nos está estorbando derechos y tasas a los que pagamos licencias y cotos sería todavía más ridículo que llamarle ecológico al caudal/capital que la santa orina.

(Nota : pido perdón al autor por los subrayados, que no aparecen en el texto original.)

 

---------------------------------------------------------------------------

 

 

Minicentral Reno-vesicular.

( Art. aparecido en la Voz de Galicia el 22 de abril de 1998, de Juan José Moralejo Álvarez. Lo incluyo dentro de la prensa especializada, dado que el es realmente un especialista en el tema de los ríos.)

Minicentral del río Deva. Unha auténtica aberración xusto no río do autor.

 

Minicentral reno-vesicular: un invento que aumentará, si cabe, nuestra felicidad hidroeléctrica y, si parece arduo y procaz, se solicita del lector atención y paciencia hasta terminar el folio. No quiero royaltis ni cazos por mi plan de explotación intensiva de las capacidades para producir energía eléctrica con poco costo de infraestructura y mantenimiento, además de con la ventaja de interesar a toda la sociedad en cubrir sus necesidades energéticas.

   Dedico mi propuesta a los gerifaltes de la marabunta de minicentrales hidroeléctricas que amenaza y algo más que amenaza con hacer de Galicia un millón de charcos podres en cuyas orillas los gallegos acabaremos haciendo de ranas como decía Platón de los griegos en el charco del Mediterráneo. Si esperamos una generación a que se consume la desfeita codiciosa, en vez de discutir el tren de alta velocidad nos dedicaremos a potenciar la red de catamaranes, invento de aire muy xunteiro.

  Después de que los minicentralómanos hayan puesto molinillos y turbinas hasta en los desagües domésticos y las alcantarillas, su traca final será reparar en que un aprovechamiento verdaderamente integral de nuestras capacidades no puede descuidar esta cifra multimillonaria, segura y cotidiana de microvoltios que todos y cada uno generamos porque hemos  ingerido líquidos y porque tenemos riñones que, a Dios gracias, funcionan.

     Propongo a los poncios de la codicia minicentralera gallega que su apoteosis sea constituirse en compañia hidroeléctrica ( El Meandro S.A. sería el título) que, previa Socialización Obligatoria de Uréteres, equipe a todos los ciudadanos con un artilugio que aproveche y lleve a un condensador el par de minivoltios individuales que la repetición colectiva eleva a miles y miles de kilovoltios diarios. Una vez al mes se pasará el ciudadano por la Compañía a entregar gratis la producción condensada. Lo de andar con condensador a cuestas puede parecer incordio, pero por Rabelais o por Montaigne anda la historia del rey que obligaba a los súbditos, ya desde niños, a cargar día y noche con un ternero y, ya adultos, el hábito hasta les hacía olvidarse del buey que llevaban encima y vivían ágiles y felices. Mi propuesta tal vez parezca chocante, pero, si bien se mira, no es más chocante que la desfeita a que están sometiendo a Galicia y a sus ríos. Y estoy seguro de que los minicentraleros no le pondrán pegas, si se les subvenciona bien el artilugio condensador

 

Subir.