..Vilasouto
O Incio-Lugo
Como era en 1752- Datos do Marqués de Ensenada
 
 

San Mamede de Vilasouto é unha  feligrexía ou parroquia de O Incio, que a súa vez está en Lugo, Galicia, España. Pertence a comarca de Sarria.

 

Neste mapa vese de amarelo  a freguesía ou parroquia de San Mamede de Vilasouto.

Por certo freguesía a que pertence o pueblo de Calvos e tamén Belesar. Desapareceron asolagados polo encoro de Vilasouto outros pueblos, como Vilanova e Ferreira.

O Incio ten vinteoito freguesías ou parroquias.

 

 

Datos a ter en conta sobre o Catastro do Marqués da Ensenada:

Enténdese por Catastro da Ensenada a enquisa realizada nas vinte e dúas provincias que integraban a Coroa de Castela, dirixida a coñecer o produto anual obtido nas distintas actividades, agricultura, gandería, industria e comercio entre outros detalles.
Así como as rendas, que, dun ou outro tipo, perciben os súbditos.
Feito entre 1750 e 1754, segundo Real Decreto de Fernando VI, do 24 de setembro de 1749.
No que segue poñerei todo ó que apareza de Vilasouto.

Entendo que o lector pode sacar as súas conclusións xa que si falan de Vilasouto están a falar tamén de Calvos.

Así vamos a enterarnos un pouco como vivian os nosos veciños no século XVIII, era 1752  que terras tiñan, que producian, si había muíños, que ganado tiñan, canto pagaban os que tiñan o poder da terra e unha serie de asuntos.

Marqués de Ensenada.

Por certo neste link tendes que era este home O Marqués de Ensenada  1702-1781 que foi un estadista e político ilustrado español, que foi entre outras cousas Conselleiro de Estado de Felipe V, Fernando VI e Carlos III. Casi nada.

Poño o resumen fotocopiado do libro de Luís López Pombo que indico en (1), que a súa vez o copiou e resumiu do Catastro do Marqués da Ensenada, ver en (2):

 

Ata aquí o Catastro do Marqués de Ensenada copiada do traballo de Luís López Pombo.

 

De tódolos xeitos revisei algunhas das preguntas por si pode interesar algo máis.

O acceso ao traballo está neste link :  Catastro del Marqués de Ensenada. Link, simplemente escollendo a provincia de Lugo e logo que conteña a palabra San Mamed.

 

Ver bibliografía

salir.jpg (1925 bytes) Salir a Calvos.

 

 

 

Bibliografía do Traballo:

 

(1)  O sensacional libro O Incio. Paisaje Historia y Patrimonio. Luis López Pombo. Deputación Provincial de Lugo 2002.

 

 

Por certo esta é a ficha de Luís López  Pombo 11/05/1957

 

Fotografía de Luís López Pombo.

 

(2) Catastro del Marqués de Ensenada. Link

salir.jpg (1925 bytes) Salir a Calvos.