Somos galegos.
 
.

No mapa pequeno  está claro: estamos en Galicia, provincia de Lugo, máis ben ao sur da provincia  e no Concello de O Incio

 
Calvos, está na freguesía de Vilasouto.
 

Para rematar vou poñer un poema de Manuel María (1), gran poeta galego,  que se chama  Galiza  e debaixo poño unha interpretación marabillosa feita polo grupo Son do Sil do Barco de Valdeorras, no que teño algúns amigos, fillos e netos  de Alberguería, pueblo de A Veiga (Ourense), da que son fillo adoptivo.  Seguro que os vai gustar:

 

 

 

Galiza docemente:

 

Galiza docemente

está ollando o mar:

ten vales e montañas

e terras pra labrar!

 

Ten portos, mariñeiros

cidades e labregos

cargados de traballo

cargados de trafego!

 

Galiza é unha nai

velliña e soñadora:

na voz da gaita rise

na voz da gaita chora!

 

Galiza é o que vemos:

a terra, o mar, o vento...

Pero hai outra Galiza

que vai no sentimento!

 

Galiza somos nós:

a xente e mais a fala

Se buscas a Galiza

en ti tes que atopala!.

 

 
Reivindicamos ó Galego do que estamos orgullosos
 

Sobra que diga que estou namorado de Galicia,  por suposto,  da súa paisaxe, do mar, da terra,  dos seus  ríos, e dende sempre, inda que están moi maltrados.

 Poño un texto de Vicente Risco que comparto totalmente:

 

Rio Navea en Chandrexa de Queixa (Ourense), o que eu chamo o meu río.

No Incio:  o Cabe ao comenzo,  ou o río Antiga teñen paraxes como este.

Foto de Secundino Lorenzo

 

"Ti dis: Galicia é moi pequena. Eu dígoche: Galiza é un mundo. Cada terra é como se fose o mundo enteiro. Poderás percorrela en pouco tempo de norte a sur e de leste a oeste; poderás voltar a percorrela unha e outra vez; non conseguirás andala toda. E cada vez que a percorras, atoparás cousas novas. (...) Pode ser ela pequena en extensión; mais en fondura, en entidade, é tan grande como queiras”  . Fragmento de Leria. 1961 Vicente Risco (Ourense 1884-1963)

 

Convén facer unha apreciación sabia:

 

 

 

 

Eu son un máis en emocionarse, ata as nubes  emociónanse, e non me estraña...

 

Sorprendo, seguro,  con esta incrible fotografía, que ven máis abaixo, non é miña, xa me gustaría; non moi lonxe de Calvos,  bastaría acercarse a Ferrería do Incio e coller a estrada que leva a Seoane do Courel por Seceda; despois de A Casela xa tendes un bon Mirador, pero no Courel hai moitos, é extraordinarios... Haberá que madrugar un pouco e escoller o día; unha noite fría pode dar estas néboas ao amencer, seino xa que son pescador de troitas e esos lugares dos río Lóuzara e do río Lor e afluentes son para mín coñecidos, Sempre me gustou madrugar, hoxe menos, para a pesca era moi importante...

 

¡ Galicia é única!.

 

Cumios do Courel. Imaxinar ao río Lor baixando por ese canón,  non é difícil; ademais é certo, seino...Fotografía de José M. Salgado

 

"Dende o Cebreiro,  o río Lor baixa namorando os ceos da montaña"...dí Eduardo Moreiras no seu libro  "Primaveira no Lor", un libro marabilloso.

 

Decir que O Incio é unha das antesalas de entrada no Courel e lembrar unha frase de Uxío Novoneyra, do seu libro Os Eidos:

 

“Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!. Eiquí séntese ben ó pouco que é un home...”.  Os Eidos, Uxío Novoneyra, outra marabilla e escritor.

 

Para rematar lembro que nesta web falaremos do Incio "A Terra brava" da que moio ben escribiu o gran Ánxel Fole, outro escritor único, precisamente estando na casa de Benigno Quiroga en Hospital (O Incio-Lugo), que lle sirviu de inspiración. Ver estos detalles nesta web no apartado de "Xoias do Incio".

Lucía Pérez, unha cantante marabillosa de Goó,  desta terra,  lémbranos estas cousas e outras:

Foto de Lucía Pérez, feira do Incio 2017.

Fotografía de Secundino Lorenzo.

 

 

Pincha neste Links. ou no dibuxo.

--o--

Somos un país que merece a pena visitar, coñecer a fondo, somos distintos...

Si vós acercades disfrutai de todo ó noso. Pero deixalo como está e non deixedes ningún resto: botellas, papel albal,  plásticos en bolsas, etc. Para eso non veñades O Courel, nin a Galicia...

Para facer boca...mirar este video que chamo  "alegoría do bon comer"

 

 

Pan de Cea ou de bola, mexilóns ao vapor, pulpo á feira, e queixo San Simón da costa.
Non esquezades un bon tinto,  váleme:  de Valdeorras ou da Ribeira Sacra, tamén  Monterrei ou O Ribeiro.
É un dos centos de exemplos e combinacións.
¡¡Que aproveite!!
 

Si estades pola zona, non atoparedes pan de Cea, que é de Ourense, pero si un pan fora de serie por toda a comarca de Sarria e Monforte, tranquilos. Mismo en O Incio tendes unha panadería con moi bon pan e que fai unhas empanadas de "sete estralos", sobre todo a de iscos...O viño tamén vale o da Ribeira Sacra do Miño ou do Sil, hai uns mencias incribles, por exemplo o viño de Amandi, que é da Ribeira Sacra do Sil baixa moi ben co pulpo a feira e temos tamén moi bons chourizos e queixos.

 

Repito: Reivindico ó Galego do que estou orgulloso.

 

"O galego é internacional , sin dúbida, a pesar de que algúns galegos teñen vergoña de falalo...".

Ver unha mostra maravillosa que demostra que é internacional: pulsar este link e disfrutar...

 

Esta páxina súmase a campaña "Doa galego, salva vidas", campaña promovida por once centros de ensino da Estrada, Forcarei, Cuntis e Caldas e Reis, en maio de 2023, sin dúbida os nenos galegos son os que poden, no futuro,  salvar á vida do galego.

Fotografía do Faro de vigo 01/06/2023. "Doa galego, salva lingua"

 

Doa sangue, salva vidas

Doa órganos, salva vidas

Doa galego, salva lingua.

 

Outra frase deste nenos:

 

"Na casa, na escola, bota a lingua fóra"

 

salir.jpg (1925 bytes) Saír á Calvos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

(1) Manuel María, gran poeta galego.

MANUEL    MARÍA.

Pequena semblanza.

 

Manuel María. Fotografía de Xurxo Lobato.

 

Manuel María Fdez.   naceu en Outeiro de Rei 06/10/1929 e  faleceu na Coruña o 08/09/2004.

Para mín é un dos máis grandes poetas en lingua galega de tódolos tempos.

Onde estés:

¡Moitas grazas!.

 

Manuel María Fernández Teixeiro  naceu nunha podente familia labrega de Outeiro de Rei, preto de Lugo. Nesta cidade residiu durante o seu Bacharelato cun tío cura, e frecuentou a amistade de Pimentel, Anxel Johán e Anxel Fole. Non rematou os seus estudios de Filosofía e Letras, e unha vez casado, instalouse en Monforte de Lemos, onde traballa de procurador dos tribunais e rexe coa súa esposa Saleta Goi a Libreria Xistral.

Na súa vida activísima de militante da cultura e da política, dirixiu a colección "Xistral" de poesía, plataforma inestimable de varios poetas máis novos ós que apoiou xenerosamente, colaborou e colabora con artigos na prensa, organiza actividades e recita e dicta conferencias sen descanso en tódolos sitios onde é chamado, sexan en Galicia ou no exterior. Premiadísimo en certames poéticos, é tamén narrador, ensaísta e dramaturgo e gran conversador.

Foi o primeiro poeta mozo que editou un libro na postguerra, o Muiñeiro de brétemas, publicado no 1950.

Dende entón, trinta libros de versos compoñen a súa bibliografía poética, a máis extensa da literatura galega.

A inmensa obra de Manuel Maria resiste á súa definición sucinta pola concorde variedade da súa musa, desde o intimista ó rabiosamente político, desde a cantiga popular ó soneto. Algunha crítica estreita céntrase nos seus desacertos, que sen dúbida os ten, pero que de ningún xeito poden facer esquecer que Manuel Maria é un dos máis grandes poetas galegos de tódolos tempos.

 

Ata aquí unha pequena semblanza, sacada de internet,  deste gran poeta.

 Engadir, pola miña banda,   que a obra completa de Manuel María componse de cuarenta e sete libros. En todos eles hai unha inmensa,  por non dicir infinita,  melancolía, tenrura, amor á natureza, un gran sentido ético e o que se chama realismo crítico.

     "Poesía da vida, en definitiva, aberta ao cosmos da realidade desde un microcosmos esencial e humano" dice Miguel Anxo  Fernán-Vello na nota do Editor dos libros de Manuel María publicados por Espiral Maior e que figuran máis abaixo.

Para mín é unha auténtica gozada, un placer, unha necesidade ler e disfrutar da súa obra; por eso no me canso de dicir ¡gracias, moitas gracias polo teu traballo!.

 

Manuel María ollando o río Miño...

 Un link onde aparece toda  a obra de Manuel María.

 

Oir a Manuel María neste video.

Ver tamén este video que se fixo no ano adicado das letras galegas a este grandísimo poeta galego:

 

 Volver