Onde está Calvos
Vilasouto-O Incio - Lugo
Importante:
todas as fotografías que siguen están sacadas do
Google Earth, e algunhas
completadas polo autor da web. Os dous mapas dibuxados do Incio
e das freguesías están sacadas do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 13.

Aquí estamos: en Europa, España,
Galicia.
Temos estas coordenadas:
Lat. 42.671404º
Long. -7.435089º
m.s.n.m. 518
Así é como vemos Calvos nada
menos que a 1.712 km. de altura o día 14/12/2015.
Pouco a pouco chegaremos ao noso
pueblo. Vamos baixando...

Chegando a Calvos. A 308 km. de
altura. Máis ou menos esto é Galicia.

Casi chegando. Soio 14 km. de
altura. Xa vemos o Concello de O Incio. Por certo o C. Postal
é 27345.
Estamos en Galicia, na provincia
de Lugo e no Concello de O Incio.
Tamén O Incio está na
Comarca de Sarria (Lugo).

Casi estamos na casa.
Vedes que dentro do Concello
do Incio estamos moi ben situados, eu penso dos mellores
situados do concello, a esquerda a moi poucos km 3,5 temos
a CG-2.2, un corredor que vai a Monforte ou a Lugo; soio temos que ir
ao cruce que vedes a esquerda e a 0.5
km, coller para abaixo, estamos a 518 m.s.n.m., e a tres
kms. tendes a rotonda do corredor que
nos leva a Monforte, ou a Lugo, ou onde queirades. Por certo a
rotonda está máis abaixo, concretamente a 415 m.s.n.m. .
Saber que m.s.n.m. son metros
ao
nivel do mar.

Aquí en amarelo tendes a
distancia dende Calvos a rotonda máis cerca da AG-2.2
exactamente 3,40 km. Ver o cálculo da ruta que da Google Earth.
Hai outra saída a CG-2.2 que é
por Noceda pero a carretera é peor, e a distancia ata
a rotonda é de 4.6 km. Moito mellor a marcada de amarelo
que xa vedes que é practicamente recta.
En calquera dos dous casos
Calvos está moi ben situado a moi poucos kms. dun corredor
básico para acercarnos a Monforte de Lemos, a Ribeira Sacra de Sober, a
Ribeira Sacra de Chantada ou ó Saviñao ou ben á Sarria ou Lugo.

Neste mapa tendes o
Concello do Incio, que está na provincia de Lugo e por
suposto en Galicia. Pertence a comarca de Sarria.
O Centro de Saúde de
Atención Primaria é O Incio ( 982417532 e cita previa
982427077).
O centro de Saúde de
urxencias é Sarria.
Nombre: CENTRO
SAUDE SARRIA
Dirección: CALLE
CALVO SOTELO 138
Provincia: LUGO Municipio: SARRIA
Código Postal: 27600 Teléfono: 982532111
Basta atopar o encoro de
Vilasouto e a esquerda un pouco arriba tendes Calvos.
Este mapa é do 2010 e non
estaba feito o corredor AG-2.2 que ó puxen de calqueira forma cunha
cor malva para situarse.

Mapa de freguesías ou parroquias de O Incio. Provincia de Lugo.
Galicia. España.
En Vilasouto, no centro a esquerda, de
amarelo, está a freguesía de Vilasouto, e nela está ó noso
pueblo: Calvos.

Aquí tendes o mapa real, neste caso sacado
dunha fotografía de Google Earth

Fotografía de Google Earth

Este mapa do Instituto
Xeigráfico Nacional é moi interesante, non soio polo
nome Somoza Maior de Lemos que é histórico si non tamén
por outros detalles ...

Outra Imaxen.
Por certo Calvos está sobre 518 m.s.n.m.

O pueblo de Calvos e os seus
lugares. Data 11/08/2018
En total son sobre 30 casas .
Máxima distancia entre casas:
300 m. (entre a Casa do Redondo,
está no mapa a esquerda de todo no
centro, e a Lama. En liña recta)
O lugar máis alto é O Palacio
que está a 522 m.s.n.m.
O máis baixo é A Lama que está a
500 m.s.n.m.
Para rematar vou poner unha
xoia en mapa de 1943-44:
Trabajos topográficos de la
provincia de Lugo". Escala 1:25000 . Zona 3º firmado en
Madrid o 19 de marzo de 1944. O mapa está firmado por un
topógrafo e varios inxeneiros. A superficie está calculada co
Trociño dun mapa de 1943-1945 da
"Dirección general Instituto Geográfico y Catastral n
planímetro "Reiss".
Este mapa confirma moitas cousas das afirmadas
anteriormente. Vexo que ten algúnha diferencia con "Villasoto"
que o sitúa donde hoxe é un lugar de Calvos, A Lama, e tamén
pon "Villasoto" a carón da Illeira e do
Barrial; neste último caso poñendo Villasoto(1), seguro que é
onde estaba a Igrexa.
Agradecer ao servicio estatal
de mapas da Coruña pola amabilidade e o trato que me deron
solicitanto mapas antiguos do municipio de O Incio.
Déronme varios mapas pero este
é o máis interesante, o que non trae é Santa Cruz do Incio, unha
mágoa.

Mapa 1943-44 no que aparece
Calvos e tamén Vilasouto

Trabajos topográficos de la
provincia de Lugo". 1943-44. Escala 1:25000
-----0----
Para terminar ver unha imaxen dinámica en Google Maps.
Atención as imáxenes que son do
día, ano 2023, pero si baixamos son do ano 2014.
As casas poden cambiar
totalmente dependendo o que se faga nelas. Eso pasa xa que o
automóvil de Google pasou fai 9 anos.
Nota importante:
Observo no mapa de Google
Maps que aparece, nun camiño sin sentido, unha nota que pón Casa da
Bica. O que meteu esto non tiña nin idea e non quero pensar mal.

Esta é a burrada dun entendido ou
malintencionado...
Mala idea de quen? Non
quero pensar mal. Pero a Casa Bica non está nese Camiño,
e máis, sería imposible ir dende a casa Bica a Lugo xa
que ese camiño é intransitable.
Tratarei de escribir a
Google e que corrixan ese gran fallo. Si o día de mañán
queremos poñer a casa en venta, por poñer un exemplo,
así tería un valor increiblemente baixo ou nulo.
Mandei a denuncia a Google Maps

É, esto me contesta...o da
dereita.
Quedo atento ao tema.
Hai moito incompetente
solto ou xente con mala idea.
¡Queda dito!.
A casa da bica está no medio
do pueblo, onde está a Fonte da Bica, como veredes no mapa que
poño a continuación.
En fin, xente ou mal
intencionada ou ben sin ter idea. Estas cousas había que
penalizadas.
Inda por riba pon que a
distancia de Calvos a Lugo e os tempos unha barbaridade:
De Calvos a Lugo hai 52,2 km.
e leva 38 minutos a unha media de velocidade de 73 Km/h. que ben
se pode facer xa que son 3,5 km. a vía rápida e o resto ata Lugo,
cunha estrada sensacional.

Casa Bica, é esa casa
que vedes, e marco na flecha da dereita, coa finca a carón
da estrada. Xusto onde está a Fonte da Bica.
Dende esa casa a Lugo,
repito,
hai 52,2 km. simplemente baixando a serra a 3,5 km. xa
se colle a via rápida. A 38 minutos chégase a Lugo cunha
velocidade media de 73 km/h.

A fonte da Bica hoxe febreiro de 2023.
En calvos. Enfrente está a casa da Bica.

Outra vista da actual fonte de Calvos.
Fonte da Bica.

Aquí porei a antigua fonte da Bica, de
onde lle ven o nome a casa. Sin dúbida unha fotografía
histórica para Calvos. Foto de Secundino Lorenzo.
Ano 1978. Cámara reflex Olimpus M1.
O topónimo de A
Bica:
O lugar de Calvos
que se chama A Bica creo que o nome venlle de que
era unha das fontes do pueblo e está xusto enfrente
dese lugar.
Claro que hai
outras teorias. Na cuestión dos topónimos ocurren
estas cousas.

Esta é a Casa Bica que
está na misma estrada que vai a Vilasouto. Dende aquí a
3,5 km. está a Via Rápida Monforte de Lemos a Lugo.

Nesta gran foto de
Andoni Carrera, vese un trozo do pueblo de Calvos, neste
caso con dous lugares o da Bica e o do Palacio. A casa
da Bica vese perfectamente a carón da estrada e enfrente
a fonte. O seú carón, no lugar da Bica, a casa da
Barreira, a casa da Escaleira e as casas do Palacio:
fillas de Severino, casa da Maruja, casa do Enrique, e a
casa do José Antonio. Un pueblo moi bonito por certo. Aquí
falta os lugares do Codesal, A Nogueira e a Lama.
A fotografía está
sacada porAndoni cun dron. Gracias Andoni.

Calvos A Nogueira e O
Palacio detrás. No Centro A Bica. Fotografía de Andoni
Carreira.

Calvos O Palacio.
Fotografía de Google Earth de 11/08/2018.

Sensacional fotografía
de Andoni Carreira no medio A Lama, a esquerda parte de
O Palacio e a dereita parte de O Codesal.

Fotografía de Calvos. A Lama. Está
sacada de Google Earth o día 11/08/2018

Calvos el Codesal na
fotografía de Andoni falta a casa do Quintá e do
Redondo. Vese a Cruz.

Calvos. O lugar do
Codesal completo. A fotografía está sacada do Google
Earth o 11/08/2018,
Sair a Calvos-Vilasouto.
|