A ruta das cal na Ferrería do Incio
A palabra Cal teñoa incorporada o
meu Dicionario Fluvial ilustrado dos ríos galegos. Neste dicionario levo
de momento 900 + 2 palabras. Todo un traballo de 23 anos e xa recoñecido
pola Real Academia galega.
Ver este mensaxe:

Neste dicionario teño recollida a palabra Agolada ,
levada, Cal, etc. Que son sinónimos.
Concretamente no término agolada:
Chámase agolada (
auga levada, auga conducida) a un rigueiro ou regueiro, que non é
máis que parte da auga dun río que se separa, ben para regar ou ben
por exemplo para un muíño. En definitiva é unha corrente de auga
encanada..
Tamén se chama levada.
Outros nomes son: agualada, augalevada,
agualevada, igualada (aigualada).
------

Fotografía sacada no Invernadeiro en
Ourense. Outubro de 2012. Nesta fotografía vese unha cala
ou cal. En varios lugares da cal vense unhas pedras que
sirven para tornar a auga, ou sexa son tornadeiras para
desviar a auga. Esta cala cóllese na cabeceira do prado por
medio dunha levada ou agolada do
río Ribeira Pequena.
No Incio chámanlle Cal e
tamén Cala (palabra recollida na tesis "A fala do
Incio" de Manuel Glez. Glez) , os
conductos que levan a auga os prados e os muíños, así fálase da Cal de
Gandarón ou a Cala de Leiriña, por exemplo.
Cal ven de "canal estreito", que é
do que se trata.
Tamén no Incio chaman Calexa o
canal que pasa a auga dun prado a outro.
Así por exemplo ver a Cal de
Leiriña na Ferrería do Incio:

A fotografía é de Carlos Roda,
publicada na Voz de Galicia.
Aquí a cal,
Cal de Leiriña, na Ferrería do Incio en Lugo, vai por riba do río
asentada en columnas de pedra, é polo tanto un canal aéreo. O conducto está feito con vigas de
castaño e por riba pezas de pizarra, ou sexa lousas. Aproveitábanse para levar a auga do
río dunha a outra marxen e así poder regar os prados da outra beira,
doutro xeito é imposible.
Estamos a falar de pura
arquitectura hidráulica, cunha gran importancia dende o punto de vista
etnográfico.

Cal de
Gandarón no río Antigua na Ferrería do Incio, aquí vese a construcción
do canal sobre dúas columnas de pedra; falta a parte central que caiu. A
fotografía é de Secundino Lorenzo. O río é o río Antiga que este día iba
moi pequeno.

O lugar está un pouco abandonado, pero ó que hai permite ver a
obra de arquitectura inmensa que tuveron que facer os veciños
naquel tempo. Incrible.

Esta non está completa tampouco.

A perfección do que queda está a vista, non era nin é unha obra
calquera. A súa importancia etnogáfica está a vista e non creo
que coste moito darlle un arranxo a zona.

Detalle da Cal de Gandarón no río
Antigua na Ferrería do Incio, aquí vese a parte de arriba, ou sexa o
canal, feito con lousas de pizarra tanto na base como as pedras dos
bordes, estas moito más grandes. Está como se ve en mal estado e faltan lousas.. A fotografía é
de Secundino Lorenzo.

Está fotografía, de Secundino
Lorenzo o autor da web ou sexa eu, é da Cal de Gandarón e nela vese como
asentaban a pizarra por riba das vigas de castaño. Toda unha obra de
inxenería.
Vexo, no 2020, que hai unha ruta
para poder ver esta marabilla, ver este mapa:

Ruta que parte de A Ferrerría, dende
as últimas casas da marxen dereita do río e sigue
o río Antiga pola marxen dereita. Pasando pola Cal da Leiriña e máis
arriba pola cal de Gandarón.
A ruta non ten ningún problema, vaise
río arriba pola marxen dereita do río, dende as últimas casas da
Ferreria do Incio e logo volvedes polo mismo sendeiro.
Que conste que tamén podedes ir pola
estrada, a beira do río Antiga un poco máis arriba da Ferrería e subir pola parte
esquerda.

No mapa vese a Ferrería do Incio, un lugar a visitar, o mismo que a
fonte do Balneario do Incio, que está a 1 km.
A visita as Cal da Leiriña e a Cal de
Gandarón están moi preto. Entre ida e volta non chega os dous km.
Pode irse pola estrada que vai paralela o río Antiga, baixando onde
se poida despois do pueblo de Ferrería río arriba e ir as dúas Cal.
Por suposto tamén se pode ir polo outro lado.

A ruta ten lugares como esta presa, que ten que
ser moi espectacular cando leva auga.

Outra imaxen da presa.

O lugar permite sacar estas fotografías do río
Antiga.
Ver en internet
algunhas fotografías.
Ver tamén unha
explicación de Carlos Roda, e Fco. Este link describe con
todo detalle a ruta e o que nos vamos atopar.
Salir a Calvos.
|