A Ribeira Sacra do río Sil.
Provincia de Ourense
 

Andaina-visita  polo CANON DO SIL 

Chuleta da andaina. Pulsando nas figuras tendes a chuletilla da andaina.

 Tamén se pode imprimir.

    

 

 

Chuleta da andaina

CANÓN DO SIL.

OURENSE

 

  Datos e chuleta da andaina-visita.

 

 

salir.jpg (1925 bytes) Salir a Calvos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Mapas da visita:

Dende Calvos ou Vilasouto chegar a Os Peares é doado, basta ir a Monforte de Lemos e coller a N_120 cara Ourense.  Non chega a 45 km.

 

Ruta xeral Peares-Teixeira-Doade.

Os Peares podedes entrar pasando a Ponte do Sil e a 500 m. coller a dereita a estrada vella de Ourense aos Peares e deixar o coche o pasar a ponte vella do Sil nos Peares.

Alí podedes pasar a pé, merece a pena a ponte do ferrocarril a acercarse a Acea do Bubal.

 

Primeira parte da visita. Ollo o sair dos Peares dirección a Ourense, ou sexa a N-120 a  1,7 km. coller a esquerda para ir a  Nogueira de Ramuín. Ir atentos para coller a OU-0555. Despois de Luintra xa aparece o desvio a San Estevo.

 

Segunda parte, cortaremos na Teixeira, seguramente faremos a ruta do Mao si hai tempo, ou visitaremos a Bodega Ponte da boga que é de Estrela Galicia

Regreso por Doade-Monforte-Calvos.

Ollo na Teixeira xa que si volvemos a Lugo temos que baixar o río Sil e cruzar para Doade, esta indicado no mapa pon "Ruta para os de Lugo-Calvos"

 

Si somos de Ourense o lóxico e subir ata Valilongo e ir a Montederramo. Podría ser moi interesante subir a Castro Caldelas si hai tempo, un lugar encantador, pero eso hai que estudialo no lugar. No mapa tendes a ruta a Valilongo, pero podedes ver onde está Castro Caldelas e na Teixeira coller esa ruta.

---o---

 

Comenzamos nos Peares: visita a Acea do río Bubal e os Peares. comenzo da Ribeira sacra do Miño e do Sil.

 

Pasaremos esa ponte para ir a Acea do Bubal. Aquí vese de  frente o río Miño e a dereita O Sil, un lugar emblemático da Ribeira Sacra.

 

 

Acea do Bubal. Merece a pena vela. Antiga central eléctrica.

A Acea do Bubal dende a ponte do ferrocarril dos Peares. Ese río que desemboca a beira e que da auga a esta acea é o Bubal, que ven dende Chantada (Lugo).

 

  Peares. "Acea do Bubal", trátase dunha casa de turismo rural mismo na desembocadura do río Bubal, afluente do río Miño xusto a trinta metros. Os Peares é onde empeza o canón do río Sil. Aquí aproveitaremos para citar o "Principio de perceptoloxía" según o cal o río que no momento de xuntarse forme maior angulo coa dirección que sigue é o río principal. Según este principio, o río Sil é afluente do río Miño. Non creades que a cousa é tan fácil xa que "O Miño leva a fama e o Sil leva a auga". O licenciado Molina decía que o principal era o Miño, que non era extranxeiro...Eso sí o máis longo é o Miño (310 km.), contra o Sil (225 km, 106 en Galicia).

Observar que o ángulo A que forma o río Miño coa súa prolongación e maior que o ángulo B que forma o Sil coa prolongación.

 

O seguinte paso e trasladarse a Luintra, o pueblo dos afiadores, bon lugar para tomar un cafe, ver ese monumento e seguir a San Estebo de Ribas do Sil. Ver o mapa e coller para Nogueira de Ramuin (Luintra).

Monumento de Buciños ao Afiador en Luintra. Camiño de Santo Estevo. Precisamente en Sto. Estevo veremos unha exposición de Rodas de Afiar típicas da zona.

-------------------------------------------------------

Seguimos o mosteiro de Santo Estebo:

Este é o mapa de situación dende Os Peares ata San Estevo. Por certo enfrente desemboca o río Cabe que ven de Monforte de Lemos dende O Incio

Esto é Santo Estgebo, soio por esto xa merece a pena facer a visita, pero hai máis, moito máis.

 

 Mosteiro de San Estevo de Ribas do Sil: mosteiro Bieito (Ora et labora,  xa sabedes),  (Século X inda que xa no VI era cenobio). Este monasterio na Desamortización de Mendizabal no século XIX  (1.835) e posteriores anos quedou feito un desastre. Ver fotografía más abaixo. Hoxe está totalmente reformado (Suances, Freixido e Vecoña foron os arquitectos que fixeron a reforma, discutible pero quedou bastante ben) e ten fama de ser un parador fora de serie. Dende logo está nun lugar marabilloso e ten unha ladeira de castaños impresionantes ata o río.

No parador temos de todo dende tres claustros dous renacentistas (o grande e o pequeno onde estaba a piscifactoria do monasterio, tiñan troitas e anguías, estos si que sabían...) e un románico o dos obispos que hai que ver con detalle, as dobles columnas, as figuras do teito, as pinturas do Sur, todo impresionante. Ten outro piso superior doutro estilo,  oxival dexenerado do s. XVI;  ata una fachada barroca con tres escudos que hai que ver (O Imperial arriba o do monasterio coas 9 mitras de obispos entre elas a do famoso Franquila e o de Castela, congregación de Valladolid, a dereita). Unha iglesia románica (S. XII) , pero con moitos elementos de transición e  que ten unha construción moi especial.  que chama a atención. Ten tres naves, ver como dunha, máis baixa,  parten as outras, polo tanto máis altas. A iglesia é pequena pero merece a pena vela. Ten un retablo pétreo moi curioso, é románico que representa a Cristo e os apóstoles.

No Monasterio había de todo dende panadería, hospital, hospedería,  casa da inquisición, casa do ciruxán (estaba fora), etc. Pasaba un pequeno río pola cociña...

Do parador actual gústame moito un comedor que teñen abaixo entre castaños, pódese ver. As habitacións están ben pero o precio chégalle (no 2011 un fin de semán 110 €).

     

En San Estevo hai moito que ver: os claustros, ollo que é parador e de categoria, e moitas cousas. Sempre hai algunha exposición, hai que ver a igrexa, ten unha ara dos apostoles incrible.

Claustro principal. Hoxe enfrente está o parador nacional de San Estevo de Rivas do Sil

Outro dos claustros marabillosos que ten.

Fachada principal.

Esta peza hai que vela, está dentro da igrexa. Xesucristo e os apóstoles.

 

  Este é o afiador. Veremos unha exposición de rodas de afiar no Mosterio de Sto. Estevo na primeira planta. Sin dúbida, o afiador é o traballo máis representativo da zona . Xa sabemos o de "Ourense terra da chispa", tamén "Ourense terra de afiadores e paragueiros". Esta estatua está nunha plaza de Luintra. Pasaremos por alí.

 

 

Seguimos avanzando camiño de Sta. Cristina, outra xoia.

Antes de chegar temos un mirador ao canón do Sil

 

Impresionante vista do Canón do Sil. Enfrente os miradores de Cividade da parte de Lugo e polo medio enfrente Monforte de Lemos. Vamos camiño de Sta Cristina.

 

 

Antes de chegar a Sta Cristina hai un helipuerto, con lugares para pernoctar, e miradores, merece a pena ver o lugar. Impresionante. Son o que se chama "Camping canón do Sil". Os miradores chámanse  "Pena da Cividá".

 

Outra vista.

Esta é a vista dende os miradores.

 

Fotografía de Sta. Cristina sacada dende o mirador Cividade 1 doutro lado do Sil, dende Sober, era ao final do inverno pero vense os soutos perfectamente.

 

Baixando a Sta. Cristina, dende logo está nun lugar incrible. O redor todo soutos.

Interior da igrexa de Sta Cristina. Altar.

 

Parte de atrás do abside de Sta Cristina.

Monasterio de Sta Cristina. Paso previo a San Estevo.

 

 Mosteiro de Sta. Cristina. De camiño de S, Estevo a S. Cristina pasaremos por dous miradores ó canón do Sil dende un deles está sacada a fotografía que vedes máis abaixo. Tamén veremos onde Iberdrola pretende facer un Lago, que crea moito división na xente, e  que vai afectar moitísimo a zona.

O Mosteiro de Sta. Cristina (s. XII a iglesia, do cenobio xa se fala no ano 876), o cal baixaremos andando como un km. entre castaños, como vivian os monxes..., está nun lugar incrible. Dentro do pequeno, é fermosísimo. A iglesia é románica pura ( planta de cruz latina, con tres absides no cruceiro, ventanales e arcos de medio punto). Dentro da iglesia pouco hai hoxe , o retirar o altar apareceron as pinturas de tres Santos, S. Domingo, S. Antonio e S. Tomás e por riba Santa Lucía e Santa Bárbara. No vos perdades pola parte da fora, os canes,  as figuras con elementos decorativos que fixeron os canteiros, destacan as figuras de personas, algunhas en posicións simpáticas e as bestas;  hai de todo...

Os laterais son moi bonitos con ventanais enmarcados en columnas, casi nada...

O rosetón e a portada son únicas.

A torre da iglesia é especial, a arquería apuntada na base é gótica.

Na fachada principal da iglesia tendes a firma do canteiro -xefe. Hai que buscala?..

O mosteiro é pequeno pero espectacular. É posterior,  s. XVII.

Os monxes pasaban de Sta. Cristina a San Estevo, xa que no s. XVI foi priorato anexo.

Dice moita xente que "en Sta. Cristina buscouse a Deus, con máis ventaxa que noutros lugares..."

 

      

Ollo, esto é o que queren facer, moi preto de Sta. Cristina.

 

 

 O barquilleiro de Parada do sil. Os barquilleiros dedicábanse a fabricación e venta de barquillos, que era unha pasta delgada que facían con forma de barco ou abanico, tamén en forma de tubo. Eran de sabor exactamente como os cucuruchos dos xelados. Sabía ben. Iban pola festas e levaban os barquillos nun cilindro que remataba nunha tapadeira que tiña unha especie de ruleta. A xente pagaba, dáballe o redor a ruleta e o que tocaba un tipo de  barquillo, as veces dous, etc. Ver a tapadeira na fotografía de abaixo.

Inda hoxe se ofrecen barquillos en algunhas praias de Galicia. As veces en Riazor, na Coruña.

No Concello de Parada do Sil,  onde hai una figura para lembrar o barquilleiro,  moitos veciños practicaron esta venta en tódalas festas de Galicia e tamén en outros lugares como Madrid, víanse moito no San Isidro en tempos, despois da guerra.

    

Na esquerda está a tapadeira do barquilleiro e algunhas das formas así como o molde. A dereita un barquilleiro en Madrid, no San Isidro.


Balcones de Madrid. Espectaculares vistas o canón do Sil.
 

 Os Balcóns de MadridSon uns miradores moi espectaculares que hai en Parada do Sil e nos que se pode ver, si o día o permite,  varios kms. de Canón do Sil. Merece a pena.

Chámanse "Balcóns de Madrid" , primeiro porque son miradores e segundo porque nese lugar, abaixo no canón, había uns barqueiros que pasaban os barquilleiros de Parada do sil o outro lado. Os Barquilleiros iban a Monforte para coller o tren que os levaba a Madrid. Alí vendían os seus barquillos.

 

Aquí en Parada do Sil eu comería, hai moi bos restaurantes pero convén encargar antes.

Restaurante Parada do Sil  é  unha boa opción. Tfno 988208189

 

 

Pola tarde tendes varias opcións eu faría despois de comer e descansar a ruta de Barxacoba é moi corta, un paseo interesante e despois si quedan ganas unha visita a bogeda Ponte da Boga que mercou Estrella Galicia non fai moito.

 

Situación da Ruta da Luz. Barxacoba.

 

Rematades baixando pola Teixeira ata o Sil e cruzando a Amandi, concretamente a Doade. Dende alí a Monforte e rematades.

Hai moito máis que ver como San Pedro de Rochas, ou Montederramo o mosteiro, pero un día non da para máis .

Si a visita se fai dende Ourense, esas dúas visitas son obligatorias xa que podedes subir a Montederramo e logo a volta parar en San Pedro de Roca que é fora de serie.

Si se fai dende Lugo como é este caso o lóxico é na Teixeira baixar ao Sil e cruzar a Doade e xa camiño de Monforte de Lemos, si non faríase pesadísima, son moitas cousas e moitas emocións.

Ruta de Barxacoba, espectacular.

Trátase dunha ruta espectacular sobre o río Mao.

 

 

 A ruta de Barxacoba. Entre Parada do Sil e a Teixeira atopamos o Canón do río Mao, que dende Leboreiro baixa ata Barxacoba. Espectacular e inacesible salvo polo canle do río. En moitos lugares ten fervenzas de moita altura. Teño ganas de velo dende un avión, seica é impresionante. Por certo na zona hai ese servicio de vo, xa vos direi onde...

Pois ben,  na súa última parte, antes de chegar e desembocar no río Sil, rematan de facer un sendeiro de 3,15 km. moi espectacular. O sendeiro pode facerse hacia a desembocadura, dende a antigua fábrica da luz ata Barxacoba ou o revés.

Nos farémola baixando, como corresponde... O río actualmente leva auga, é un río bravo con moito desgaste de rochas e non poucas marmitas, poteiras, pilacóns o como queirades chamarlle a esos pequenos pozos que fai a auga xunto coas pedras nos leitos dos ríos e logo producen remuiños.

A zona ten unha vexetación moi rica  en  amieiros, salgueiros, loureiros, pradairos e madroños. Destacan como plantas entre outras típicas:  a xilbarbeira e a cantroxiña.

                                                                                                             

Ata aquí a chuleta da excursión.

 

salir.jpg (1925 bytes) Salir a Calvos.