
Seguimos coa excursión de un día,
por eso poño a Parte 2.
Supoñemos que xa fixemos a Parte 1 da
excursión, ou sexa visitamos Os Peares e a igrexa de San Vicente de
Pombeiro.
Estamos logo en San Vicente de
Pombeiro. Vamos ir a igrexa de San Fiz de Cangas.
San Fiz de Cangas.
Para ir a San Fiz de Cangas poderíamos
seguir pola estrada onde está San Vicente de Pombeiro, pero recomendo
dar a volta, xa que é mellor estrada e tamén ao final podemos liarnos.
Recomendo dar a volta ata os Peares
coller a N-120 ata Ferreira de Pantón e en Ferreira coller a que vai
seguindo o río Cabe, a LU-P-4103, ata o encoro de Santo Estebo; a
3 km. temos San Fiz de Cangas. En total son 19 km.

No mapa vese que en Ferreira de Pantón podemos coller
a Lu-P-4103 e a 3 km. escasos, despois de Serode collemos a
dereita para San Fiz.
As coordenadas son 42.486528 , -7.64122

Esta é a igrexa de San Fiz de Cangas. Esta foto é de
fai anos.

Esta é a fotografía que sacamos na visita que fixemos
a esta igrexa.
As coordenadas son 42.486528 , -7.64122
A igrexa de San Fiz de Cangas quería ser de
cruz latina pero o final quedouse sin un brazo... É un espacio casi
cuadrado. Tratouse de imitar a San Miguel de Eiré, que veremos logo,
pero o final non se fixo a torre.
O primeiro documento é de 1108 cunha posible abadesa
chamada Visclara, Dña. Inés López, a abadesa rebelde, que se negou a
abandonar o mosteiro e que está enterrada diante da porta.
A igrexa ten o seu misterio en todo. Cousas moi ben
feitas frente a outras non tan ben. Claramente vese que tuvo reformas
importantes e obligadas. Hai que vela...Sorprenderá...
Na fachada principal, oeste, habería para dar varias
clases de xeometría, outra de análisis diferencial, teoría de límites no
infinito, algunha de astronomía e outra de sexo. Enfrente o tema de sexo
aparece un burro.... Todo así mesturado... Hai para todos. Ver a
fotografía abaixo...Ver tamén o párrafo do Apocalipsis no capítulo
doce...
Para mín está claro que ó máxico nº 8, o nº de
perfección e resurección está moi presente. O Sol (Deus) e a lúa
( o feminino, a muller) tamén aparecen...
Monumento nacional en 1981.

Dibuxo do libro citado.
Na planta vense tres absides.

Os tres absides están moi claros.
O templo ten tres ábsides na súa cabeceira, o central é
semihexagonal e os laterais cadrados. A cuberta é de madeira a
dúas augas, con un cruceiro no centro de finais do século XIV.

Esta é a portada. Hai moito que ver. O número 8 parece
que é o que manda.
Reparai no simbolismo que pode representar a parte de
arriba coa cruz, o sol e a lúa.

Efectivamente o oito salta á vista..
Portada occidental da igrexa de San Fiz,
cos dous modillóns dereito, claramente sexual, e esquerdo,
é un animal. Fotografía Secundino
Lorenzo.
O autor do libro citado na bibliografía, propón para esta
interpretación, da porta oeste de San Fiz de Cangas: unha lectura
xeroglífica-apocalíptica transcribiendo o capítulo doce do
Apocalipsis (que significa revelación):
Una gran
señal apareció en el cielo: una Mujer,
vestida de sol, con
la luna bajo los pies,
y una corona de doce
estrellas sobre la cabeza;
está en cinta y grita
con los dolores
del parto y con el
tormento de dar a luz.
Y apareció otra señal
en el cielo:un gran dragón rojo,
con siete cabezas y
diez cuernos,
y
sobre su cabeza siete diademas...
É unha hipótesis...

Explicando un pouco esta entrada. Hai moito
que explicar e ver.

Pois eso: o nacemento da vida, non hai dúbida.

O exterior está cheo de canecillos ou
modillóns o cal máis curioso. Por exemplo como o famoso
Dolio que se ve na fotografía sacada da web Galicia pueblo a
pueblo.
O Dolio é un instrumento
musical parecido a un pequeno tonel e que o soplarlle emite
somidos. Usouse moito en Galicia na idade media. O tono
seica era grave e de pouco variedade sonora.
Hai xente que dice que non era
instrumento musical e que trátase dunha persona bebendo dun
pipote de viño...
Merece a pena buscar outrosw canecillos
xa que levaremos algunha sorpresa.

Nesta fotografía vese o interior co altar maior a
dereita, un engadido altar a esquerda onde está enterrado o
señor que seguramente mandou facelo e unhas pinturas co martirio
de San Sebastián entre outras...
Doce dovelas perfectamente
decoradas e no medio o Agnus Dei. O tímpano é moito máis
sinxelo, con temas xeométricos, que son cículos entrelazados.
Como mostra da calidade do libro, xa
citado, así como o detalle, poño a descrición da porta norte
que se fai no mismo, podedes ver tamén a fotografía e seguir o
texto:
"...La puerta norte está formada por dos
arquivoltas decoradas que se apoyan sobre sendas columnas con
capiteles tallados con motivos vegetales y una cabeza de figura
humana invertida.
La dovela central del arco tiene un
Agnus Dei, el tímpano decorado con círculos componiendo cruces
está apoyado sobre dos mochetas con los símbolos de los
evangelistas Lucas y Marcos (toro y león), a la derecha con sus
iniciales LU y MA, grabadas; a la izquierda, más dificil de ver,
están Juan y Mateo (águila y hombre alado), formando un violento
escorzo con las alas en las que vemos una cabeza invertida y una
mano...".
En dous lugares da igrexa pon PS FECIT,
"Pedro fíxoo" que se supón é o nome do mestre que fixo esta xoia...Hai
outras teoría que falan de outro nome...
Dentro, hai que vela, está bastante
expoliada pero poden verse pinturas dun Cristo coa Virxen e San
Xoán. Fora nos canecillos do ábside hai algúns rotos a
propósito, como o da parella copulando, a maioría son motivos
vexetais.

Dibuxo do libro citado (que puxen o revés para
que me coincida coa fotografía)

A chave tena un veciño, o da casa con patio que
está a dereita.
Ó normal é chamar ao concello de Ferreira de
Pantón e decir ou concretar o día de visita, para que así
estén esperando coa chave.
Tfno.: 982456377 (Esto é
cultura en Pantón)
Esto é o que pón o carteliño de turismo que explica
algúns datos:


Outra fotografía da porta norte.

E seguimos. As mochetas que se
ven, por debaixo do tímpano escribo delas máis abaixo. Unha
auténtica marabilla.

O canteiro Pedro é o que firma estas esculturas. Estas
son mochetas da parte norte.

Outra vista da porta norte. É marabillosa. No centro vese
un Agnus Dei.

Esculturas coas pezas ao revés. Parece que son
típicas dun canteiro de Ourense, concretamente de Vilamarín.

Siguen as esculturas.

No interior atópanse capiteis
decorados, pinturas murais do século XV e comenzos do XVI e
varias esculturas atribuidas a Cornelius de Holanda.
Foi declarado Monumento Nacional
en xuño de 1964.

Altar principal da Igrexa. Fotografía de
Peragallo.es, sacada do link que poño a continuación.
Tendes nesta web sensacional unha fotografía 360º fora de
serie; permite estar dentro da igrexa e a sensación é
extraordinaria. Podedes entrar e logo volver con flecha a
esquerda. A fotografía é de Peragallo.es.

Pinturas do interior da igrexa.

Detalle das columnas.

Remate da columna anterior.

Outros detalles.

Marabillosa esta Igrexa de San Miguel de Eiré. Unha
xoia.
---O---
Despois de ver estas dúas igrexas penso que vai sendo
hora de comer:
Temos varias opcións, temos bons lugares en Ferreira e tamén moi
bon lugar preto, a carón de Eiré, temos un lugar marabilloso e de boa comida:

A Rectoral de Castillón.. Ver no mapa
Está a 5 km dende a Igrexa de Eiré. Gústame o seu
estilo de cociña, aproveitando sempre a tempada e por suposto o lugar
é marabilloso. Faláronme moi ben deste restaurante e da súa cociña.
Ver este
link, un lugar moi interesante. Ver tamén o menú e a temporada.

Pola tarde, despois de comer, faremos a excursión
á Fervenza de Augacaida e o Castro de Marce. Están a 7 km da Rectoral de
Castillón. Ver o mapa:

A Rectoral de Castillón téndela no
mapa arriba a dereita e a Fervenza de Augacaida no centro a esquerda.
Polo medio a estrada Lu-P-4111. Total 7 km.
--o--
Bibliografía e comentarios ao marxen:
Brevísimas notas sobre o Románico da RIBEIRA SACRA:

Aclaro un dato sobre o nome de Ribeira Sacra:
Os limites están no mapa que está copiado do libro que poño máis abaixo.
Unha xoia auténtica.
No libro escríbese da boa fortuna do seu nome, Ribeira Sagrada, ou
Ribeira Sacra, que foi un "error" na transcripción dun documento que
facía referencia as donacións de terras efectuadas a uns monxes pola
reina ou condesa Teresa, para erixir un monasterio, nun lugar de
Montederramo, o que chamaba Bosque de Robles Sagrado (Rovoira Sacrata).
Co tempo o término Ribeira sacra, foixe extendendo a zona ribeireña das
confluencias do Miño e do Sil, onde se levantaron monasterios, ou outros
edificios relixiosos, sin definir un espacio concreto.
Soio lembrar algunhas órdenes relixiosas, que foron as precursoras
deste arte, como os Benedictinos (que
funda Benito de Nursia. Mosteiro de Montecassino. Napoles. Siglo VI. "Ora
e labora". 73 normas, sete oracións o día Laudes (3),prima (6),
tercia(9), sexta(12), nona(15), vísperas(18) e completas(21)). Exemplo
Sto. Estebo Ribas do Sil, Sta Cristina, San Pedro de Rocas, etc.); a
Abadía de Cluny ( Regla reformada por Guillermo Duque de Aquitania.
Francia Central 910. Razóns: depender do Papa e non dos Señores; cortar
a moita riqueza acumulada polos Benedictinos e ver que se perdera a
base, que era cuidar as almas,... Monxes Cluniacenses. Exemplo
San Vicente Pombeiro) ó que siguen outras como os Cister (Regla, tamén
reformada, por Bernardo de Claraval en 1119. Mao dura, xa que volveran
as andadas das riquezas: volta a S. Benito "Carta de caridad". Cistercienses. Exemplo
Montederramo. Xunqueira Espadañedo. triunfou chegou a ter 60.000 monxes
e , nuns 340 mosteiros que se triplicaría en pouco tempo...), que
tuveron moito que ver coa renovación da espiritualidade e un novo estilo
de vida en Francia, Italia e unha boa parte do norte de España,
Portugal e tamén en boa parte de Europa central e o norte. Os
cistercienses chegan ata hoxe en día.
Citar que tamén tuveron a súa importancia as órdenes de
caballerías como os Templarios (Exemplo
Hospital Incio) e outros. Tamén por suposto, ter en conta, a influencia
das peregrinacións, as cruzadas, así como os poderes políticos e
relixiosos que forman o cerne do románico.

É unha paradoxa dice Fco. José Ruíz, no libro que cito máis abaixo,
que aquela sociedade belicosa, certamente inculta, ansiosa de poder e de
riqueza, desconsiderada coa inmensa maioría pobre e embrutecida, creara
o románico. Un arte que para representar o ceo e a grandeza do Creador
necesitaba un templo con bóvedas de sillería con todos os problemas que
arrastraba.
Esas bóvedas veremos que inda están en pé despois de tantos
séculos...
Fixérono moi ben, sin dúbida. Grandes mestres...
Tamén repasar catro cousas sobre as plantas de cruz latina e
outras, a orientación este-oeste, os rosetóns, as bóvedas de canón e as
torres ou campanarios. Decir que había escolas de "Mestre de obra" nesta
zona, como a de Ourense e Vilamarín e mestres que deixaban firma, así o
mestre de Eiré...e sobre todos o mestre Mateo, o mellor de todos.... A
importancia das fachadas, portas de entradas, etc. O Románico comenza en
Galicia realmente a finais do século XI.
Sabemos de sobra que os mosteiros buscan lugares onde a auga esté
cerca, onde se poidan cultivar viño, castaños, etc. e dispoñer de
pesquerías con moitas anguías, salmóns, troitas e sábalos, como estes
do Sil.
Sabemos tamén da Regla Benedictina de "Ora
et labora" dos primeiros monxes, a acumulación de riquezas ata
chegar a "Carta de Caridad" dos Cluny, un
golpe na mesa por cousas mal feitas, onde se afirman que os monxes deben
de vivir do traballo das súas mans e decir non os diezmos e limosnas...
Unha característica propia da Ribeira Sacra é que moitos dos
monumentos reciben o nome de mosteiro, e
logo soio vemos unha igrexa, pero non sempre hai unha casa rectoral ou
restos dun pequeno mosteiro. Efectivamente ese mosteiro existiu, pero
logo coas leis amortizadoras do século XIX (Madoz e Mendizábal) e o
pouco cuidado e o abandono fixo ó que se pode ver, que en moitos casos
non existe ou está en estado lamentable...
Sobre o románico da zona recomendo o libro "Cuaderno del
románico de la Ribeira Sacra" de Fco. José Ruiz Alderaguía,
Ediciones La Rectoral 2011, un libro moi traballado e marabilloso no
texto e nos dibuxos. non ten fotografías. Dice nun dos capítulos "...que
a Ribeira Sacra merece un visitante culto e asombrado ante la grandeza
de lo sencillo". Pois ben, nós pretendemos, seguro que sí,
cumplir as dúas condicións, dentro da nosa humildade...

O libro é de Fco.
José Ruíz Alderaguía.
Na portada pon,
entre outros detalles:
"Animado por
descubridores varios,
canteiros de la
palabra,
asombrados viajeros
que anotan lo que sienten
en viejos cuadernos
de bitácora a la sombra de cualquier soto".
Nota: por certo
o dibuxo é o ábside de San Estevo de Ribas do Sil.
O libro
merqueino nunha librería no centro de Monforte. Sabía
que era outra xoia, xa que me falaron moi ben del...
|
Esta pequena chuleta pretende ser unha "dovela" posta nos nosos
coñecementos...
Por certo, falando de dovelas, vou poñer algúns nomes que penso
deberan saberse para sacar máis producto a estas visitas. Ver este
pequeno glosario
do Románico, sacado do libro citado. Regresai
pulsando flecha a esquerda ou volvendo a web de calvos-Vilasouto faise
escoitar.
A nivel de internet neste
link tendes moitas características con exemplos de Románico. Moi
traballado.