A Voz dos veciños.

     

1.- Razóns da web.

 

2.- Normas para participar.

 

3.- Notas sobre as fotos e o dibuxo

 

4.- Avisos enviados polos veciños.

 

5.- ¡¡O Concello ten que porse as pilas xa!!.

 

salir.jpg (1925 bytes) Sair a Calvos-Vilasouto.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Razóns para facer a web "Calvos faise escoitar"

Os veciños Pilar Aira e Secundino Lorenzo maniféstanse, respondendo a unhas preguntas lóxicas sobre esta páxina web e as súas razóns para facela.

  

Páxina web  Calvos ¡Faise escoitar!

Escribe Secundino Lorenzo Fernández

Webmaster da páxina web

 

   No que sigue vou explicar como nace esta páxina, que pretende?  como á podedes aproveitar?.  Canto nos vai a costar?. Tratarei de explicarme.

Chámome Secundino Lorenzo e son marido de Pilar Aira da “Casa Bica” de Calvos, que tamén colaborou, e moito, nesta páxina. Ela naceu en Calvos e coñece moi ben moitos dos seus lugares e os seus veciños.

 

Como naceu esta páxina?

   Fai algún anos que pensaba facer algo sobre Calvos e este é o momento. Polo que sexa Calvos, e meto tamén a Vilasouto e por suposto O Incio,  non están, hoxe, potenciados en temas estadísticos, valor turístico, valor das terras, etc.  é unha cuestión que podedes comprobar perfectamente pedindo datos estadísticos ou valoracións de bens e outros.

   Estase a perder o tren con temas como a Ribeira Sacra, a 15 km de distancia a do Miño, a 30 a Ribeira Sacra do Sil,   o Courel, a 5 km.  e toda a posta en valor que eso pode supoñer a efectos de potenciar o futuro, dentro de pouco serán Patrimonio da Humanidade e eso cambiará moitas cousas na zona. Poño un soio exemplo pero hai moitos:  si consultades en algúns mapas temas como a Ribeira Sacra do Miño e do Sil entran nese mapas concellos como o de Bóveda, Puebla de Brollón e non aparece O Incio cando temos unha situación fantástica, un románico único, as mellores mámoas  en calidade e número de Galicia, petroglifos a esgalla e moi orixinais, castros dos nosos antergos os seurros, os ríos mellores de Galicia, as covas por explotar, ferrerías, as minas de ferro, etc. Son un  exemplo entre outros moitos.

  Eu estou convencido da potencialidade de Calvos e de Vilasouto e polo tanto de O Incio;   nun futuro que está xa a volta da esquina. Temos unha situación de privilexio e na páxina queda demostrado,  a pouco que á miredes con calma, esta afirmación.

Resumindo: a páxina nace para potenciar a zona tanto de Calvos, e polo tanto Vilasouto, como do Incio.

 

Obxetivo: poñer en valor a zona e polo tanto poñer en valor ó noso, o capital de cada familia e de cada un.  Para eso nace a páxina. Ensinando as marabillas que temos, ó ben que estamos situados,  potenciamos e damos máis valor as nosas cousas.

Esta é a razón da páxina. Ese é o lema  e a nosa intención. Non hai outra.

 

Que pretende esta páxina?

 

  Xa está dito ensinar ó que temos e tratar de “arranxar e facer o que sexa importante para cubrir as nosas necesidades mínimas”. É o momento,  e na páxina poño exemplos. Hoxe en Galicia, en moitos lugares están a potenciar ó que teñen e mirando ao futuro, poñendo as infraestructuras necesarias para despegar. Que nos falta en Calvos? : unha estrada boa e ben señalizada (están nelo, falta por poñer as siñais de baixa velocidade e rematar dende Calvos ata Noceda),  acondicionar os camiños e que podamos transitar por eles, poñer coto os incendios (con medidas de prevención perfectamente estudiadas, seica están nelo, está pendente un mapa-visor de fincas que poden ter problemas)  e sobre todo un alcantarillado que nos permita,  si algún ó desexa no futuro,  montar infraestructuras de aloxamento como fan noutros lugares, na web poño exemplos.

O Concello, a Deputacíon, a CHMS e U.E. deben porse a remar xuntos, en moitos lugares xa ó fan para resolver os problemas do cambio climático e a sequía. O Encoro de Vilasouto ten un problema que  resolver,  que se vai agudizar este ano e os próximos e terá que resolvelo. Leva anos eutrofizándose, o ano 2022 a finais de agosto estaba moi mal, na páxina explico este  grave problema que coñezo moi ben (fai xa 22 anos que fixen e manteño a páxina web sobre o encoro de Caldas de Reis que hoxe ten un problema similar o encoro de Vilasouto, todos os anos eutrofízase de forma moi peligrosa e cheira mal...tamén As Conchas na Limia en Ourense e moitos máis; sei do que estou a falar ver este link). Este é o problema maior que ten o Concello de O Incio e ninguén fala del. Nese paquete debemos entrar nosoutros sin dúbida.

Temos que facernos escoitar e pedir que resolvan o problema, que leva consigo unha solución única: procurar que as augas fecais e os vertidos das granxas, os puríns e outros,  non cheguen en malas condicións ao río Mao.  Hai que poñer alcantarillados e depuradoras efectivas. E neso entra Vilasouto e por tanto Calvos e outros pueblos.

Hai que evitar que as augas subterráneas se contaminen, hoxe están ó 40%, según os datos que circulan a nivel oficial. Esas augas tamén chegan ó río Mao e axudan a contamínalo.

 

 

Como  podedes aproveitar a páxina?

Na web porei pouco a pouco cousas sobre Calvos, Vilasouto e O Incio que poidan ser interesantes e que nos permitan estar ao día. Por suposto potenciar o lugar cada vez máis,  poñendo ó que temos, que temos moito,  ben explicado con fotografías e datos propios. Vamos ensinar a nosa casa de forma bonita…

A páxina queda aberta a todo:

.- Opinións, sempre firmadas e contrastadas si pode ser.

.- Peticións. Ofertas do que queirades.

.- Meter fotos, e videos públicos ou privados. Os privados poreille unha clave que soio entredes os interesados. Esto favorecerá moito o intercambio entre nosoutros e a xente que vive fora.

Téndelo moi doado:

Basta mandar “ó que queirades” ao meu email slorenf@gmail.com , basta poñer quen ó manda e como poñelo na páxina:  si público ou privado. Admitirei todo, sempre que sexa de proveito para o pueblo.

Si non tendes email,  é moi simple: mándades un wassap a “Calvos pobo”, si non estades dados de alta decirlle a Carme Aira, que é a administradora deste wassap colectivo,  que vós dé de alta. Ou mandádesme un email a mín e eu me encargarei.

 

 

Canto nos vai costar ter a páxina web?

Cero €.

O hosting, que é onde se vai por na rede a páxina, neste caso en Piensa Solutions, nada de cartos xa que ó meterei noutras páxinas que teño e onde de momento me sobra espacio. Tranquilos levo dende 1995 facendo páxinas web personais e sei do que falo. Menos a páxina de Exaprin, que é unha das dez que teño e que paga un colectivo de meus alumnos de Ribadavia 1968-1977,  o resto corren da nosa conta e son catro duros.

Os dominios que temos comprado (son palabras para localizar a páxina web) non son caros, no que gastamos neles,  a miña muller Pilar Aira e máis eu,  soio poderíamos invitar unha vez nada máis a tomar unha cerveza ao ano a algúns amigos de Calvos e algúns de Vilasouto. Así que estades invitados unha vez o ano… ¡De nada!.

Os dominios que son nosos:  calvos-vilasouto.es    calvos-vilasouto.com   e   calvos-vilasouto.gal eso quere decir que esos dominios ou palabras para entrar na nosa web,  en todo o mundo,  son nosas.  Facer a proba e nos distintos buscadores que existen, Google, Msn, Lycos, Yahoo, Hotboot, etc.  escribir esos nomes, levaredes moitas sorpresas gratas. Calvos darase a coñocer en todo o mundo.

E remato con un saúdo a todos e animando a que colaboredes, mandando información e sobre todo fotografías, videos, escritos, e o que queirades…todo tera cabida nesta páxina.

Vou a decirvos unha cousa, dende o ano 2000 estou a facer a paxina dun pobo que non existe, por certo do que son fillo adoptivo…fun capaz de facela e eso é un exemplo vivo e marabilloso, ten ata películas, videos e libros escritos, chámase Alberguería un pueblo que estuvo na Veiga en Ourense e desapareceu en 1958. Éntrase, por si sodes curiosos co dominio,  albergueria.es  Pois ben,  si son capaz de soster esa páxina, non sabedes ó orgulloso que estou e as satisfacións que me trae, realmente non teño nada que ver con ese pueblo nin sabía del,  con maior razón serei capaz de facer, coa vosa axuda, unha páxina dun pueblo na que familiarmente estou interesado e que coido está moi vivo e ten moito futuro…

¡¡Ánimo!! . Un abrazo a todos de Pilar Aira e Secundino Lorenzo.

 

Volver arriba

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2.- Normas para participar os vecinos.

A web está aberta os veciños de Vilasouto, Belesar e Calvos dunha forma especial, poden en calquera momento utilizar dúas ferramentas, de momento son as seguintes:

Escribir a este email , calquer veciño ou familiar da freguesía de Vilasouto.   

Sempre teredes contestación, podedes enviar textos, fotografías, videos, algunha cousa que queirades poñer en valor...ó que queirades. Eu persoalmente as pasarei a páxina web.

A única condición é a de identificarse e explicarse. Eu podo abrir na páxina apartados, e poñer o que queirades relativo a Vilasouto.

Outra, específica para Calvos:

Incorporarse ao grupo de wassap de veciños de Calvos que xa existe.

 É moi fácil, simplemente mandades un email, ver o punto anterior, decindo que sodes veciños aportando o nome e o tfno. móvil.

Eu me encargarei persoalmente de comunicar a vosa petición a encargada do wassap para metervos no grupo.

--o--

Nota: si non sodes veciños podedes mandar de igual forma ó que queirades ao email anterior sempre que teña relación co noso Concello e aporte datos beneficiosos para todos. 

Si houbese moito intercambio de comunicacións,  non descarto crear un foro .

¡Moitas gracias a todos pola vosa colaboración!

Secundino Lorenzo Fdez.   

 

Volver arriba

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Notas sobre as fotografías

e o simbolo

Nota 1: As fotografías que aparecen na web e que non indican o nome do autor, salvo despiste, son de Secundino Lorenzo. Si atopades algún erro este é o meu email  para correxir.

 

Nota 2: na web si aparecen tres quere decir que é o novo o contido da web nos últimos 8 días. Dous indica nos 15 últimos e un nun mes máis ou menos.

 

Volver arriba