.
A Nosa Natureza.

Entra pulsando por riba
Importante: amar á natureza dende o
coñecemento.
A miña intención é fomentar con este traballo as visitas á
natureza, para coñecer estes seres e outros moitos que habitan as
nosas ribeiras e a nosa terra en xeral, que sen dúbida é o mellor e
máis natural que temos en Galicia. " O
descoñecemento é unha das causas graves da desgraza humana" dixo
Epicuro e é certo.
O que se
coñece ámase...e o que se ama coidase...
Explico de que vai a miña páxina:
Esta páxina web,
"A vida nos ríos galegos", na
que levo traballando dende o ano 1998, reune case toda a vida
que hai a carón dos nosos ríos galegos, tamén os da nosa zona, o río Mao, o
Cabe o Lor e outros.
Nela atoparedes
case toda
a fauna galega: mamíferos, aves, peixes, anfibios, réptiles, moitos
insectos, outros como mexilón de río ou caranguexo de río e tartarugas (ningún
dos tres hai no Mao que eu sepa, pero no seu tempo seguro que
había) , unha chea de
árbores, máis de cento setenta plantas, os Brións (musgos) máis importantes e
moitos liques. Tamén moitas cousas relacionadas cos ríos, repito 25 anos dan
para moito...
523 fichas de seres
vivos galegos.
Peixes |
Mamíferos |
Aves |
29 |
36 |
63 |
Réptiles |
Anfibios |
Insectos |
13 |
15 |
107 |
Árbores |
Plantas |
Outros |
34 |
170 |
34 |
Brións |
Liques |
O
autor da www |
11 |
10 |
1 |
Por exemplo
sabíades que as troitas teñen pintas vermellas, tamén se chaman pencas, e que o noso río Mao ten
moito que ver...Non?... pois así está recollido no apartado de lendas
dos ríos. Unha entre moitas...
Unha páxina que hoxe
pasa das 500.000 visitas e que se usa moito nos centros de ensino galego, a todos
os niveis. Está
ademais enteiramente en galego.
Estou orgulloso dela.
Recibiu moitos parabens...
Ten moitas cousas de
Vilasouto e de Calvos onde saquei moitas fotografías e nomes.
Tamén ten un
dicionario fluvial
(con fotografías, videos, música e explicacións. Un dicionario distinto) que xa vai polas 900+2
palabras incorporadas e no que incorporei algunhas usadas no Concello do
Incio (na bibliografía figura unha tesis sobre esas palabras
A fala do Incio (Lugo). Tesis
de Manuel Glez. Glez;
tesis que me suministrou a nosa prima Carme de Calvos á que lle dou as
grazas) ; dicionario onde figura tamén
a palabra cal, a cal de Gandarón que é unha xoia do río Antigua na
Ferrería de O Incio, casi descoñecida pola xente e outras moitas. O dicionario
ten os parabéns da Real Academia Galega.
.jpg)
Que disfrutedes
tanto como eu. Por certo si sabedes algunha palabra, relativa os ríos, que non figure no dicionario
fluvial xa
sabedes ó que hai que facer. Avisaime, mandar un email e quedará
incorporada o dicionario fluvial...Email.
En Vilasouto a carón
do encoro tendes unha ruta de árbores e arbustos de ribeira marabillosa, foi unha gran
idea de alguén que ama a natureza; pois ben esas árbores están todas
explicadas neste traballo. É un exemplo.
Rematando Pulsai
para
entrar nesa páxina no recuadro seguinte:

Pulsar por riba ou ben entrar
neste link.
Para volver a páxina de Calvos tendes varias opcións:
1.-Entras seguro
escribindo:
calvos-vilasouto.com
Tamén son dominios nosos:
calvos-vilasouto.gal
e
calvos.vilasouto.es
Traballo costou.
2.- Outro método: na páxina principal da web dos ríos galegos, o final, puxen un punto de saír a Calvos.
3.- Por último debérase entrar escribindo calvos-vilasouto.gal
e teño tamén comprado
os dominios calvos-vilasouto.com e
calvos-vilasouto.es
Google
por fin meteu a nosa páxina, despois dun mes, aparece en primeiro lugar,
pero nada máis, outros navegadores como
Msn ,
Lycos,
Yahoo ou
Hotbut , por poñer uns
exemplos, sí que ó teñen en conta;
facer a proba, levaredes unha grata sorpresa, basta pulsar neles e
escribir calvos-vilasouto.gal ou calquera dos outros.
Esta páxina fíxena xa que toda a vida me gustou a natureza e son
namorado dos ríos galegos, tamén me gusta decir que son conservacionista do
que temos, aparte pescador
de troitas dende neno; e sempre preguntando a xente apréndese moito e así naceu a
web. É moi extensa e está viva, inda sigo a meter fotografías e outras
cousas; non quero publicar nada, quero que siga viva; daría para
varios libros. Aparte ten
videos, música, etc. eso sería imposible metelo nun libro tal e como está
feito... Por certo esta páxina teñoa en CESGA (Centro de
computación de Galicia), pero eso é moi longo de explicar. Para mín é un
honor, que Cesga vexa importante esta páxina web; é outro premio...
Nota importante: nesta misma páxina web tendes unha selección
feita especificamente para a comarca de Sarria, nela está O Incio e por
suposto Vilasouto e Calvos. A selección púxena para indicar a fauna e
flora de O Incio. Concretando: a páxina dos Ríos Galegos é máis xeral
de Galicia enteira, o apartado de O Incio é máis especifico a esta comarca,
que é a Comarca de Sarria.
Este é o link
que puxen de O Incio.
Sair a Calvos.
|