(Pendente da miña visita)
 
 
 
Imaxen do Miradoiro do Petróglifo da Pena do Chao.
 

De momento copio ó que pón a web do concello de O Incio (por certo dame as veces error xa que non funciona o https://, non deben poñer ou ter o certificado da web) sobre este mirador:

 

Luns, 25 de marzo de 2024.- O Concello do Incio, coa axuda da Xunta a través de Turismo de Galicia, vén de estrear o novo miradoiro petróglifo Pena do Chao, desde o que se teñen unhas extraordinarias vistas da localidade.

Este novo recurso turístico co que conta o Concello do Incio emprázase moi preto do inicio da Ruta do Ferro e ofrece vistas a todo o Val do Incio; á Cruz do Incio, Dompiñor ou Trascastro, así como do propio petróglifo Pena do Chao.

O novo miradoiro ten varios bancos para sentarse e un panel explicativo dos petróglifos. Incorpora ademais un banco inclinado desde o que poder observar as estrelas. Un espazo único desde o que poder observar o municipio e desfrutar do Destino Courel.

Como chegar


Para acceder hai que achegarse ata a aldea de Saa, tomando en Hospital á estrada LU-653 hacia Pobra de Brollón. A tres kms a esquerda está o desvio a Saa. Luego tirar para Monteagudo; antes de chegar a esta localidade xa se pode ver o Mirador.. A 200 metros do inicio da ruta do Ferro, e antes de chegar a Monteagudo, xa pode verse o miradoiro, ata ao que se pode chegar en coche.

Aquí vou engadir un mapa xa que completei como se chega o Mirador e máis ou menos sei a zona:

No mapa de amarelo está a ruta como se chega o Mirador. Dende O Incio son 7,8 km. Vaise ata Hospital, e antes coller a LU-653, a 2,4 km. coller para San Pedro e logo tirar para adiante ata o Mirador, 4 km.. Mapa sacado do Google Earth.

As coordenadas do Mirador son:

42.634348 ,  -7.333852

Non hai perda.

 

O petróglifo

Este é o petróglifo da Pena do Chao. Efectivamente as cazoletas ou coviñas é o que máis aparece nos petróglifos da zona. Nesta misma páxina web tendes unha explicación do significado das cazoletas e ademais unha tabla de J.M. Vázuez Varela,  ampliada por mín con 6 casos máis, en total 18 figuras, que permiten entender o significado dos petróglifos.

Neste link desta páxina tendes a explicación do que pode ser as cazoletas ou coviñas.


O petróglifo Pena do Chao é de tipo cazoleta de sección semiesférica e planta circular. Consiste nun pequeno oco artificial escavado na rocha. Este petróglifo confórmano unha agrupación de cazoletas dispostas na superficie da formación rochosa. As cazoletas son uns dos motivos rupestres máis recorrentes en todas as épocas e latitudes.

O alcalde, Héctor Corujo, anima a aproveitar estes días de Semana Santa para achegarse á localidade e coñecer este novo recurso turístico, que unido a outros que xa existen, fan da visita ao Incio “unha escapada fantástica en plena natureza”.

 

 

--o--

O Concello de O Incio pon en valor o Miradoiro do petróglifo da Pena do Chao, na Ruta do Ferro, cunha axuda de 29.998,28 da Axencia de Turismo de Galicia

 

O Concello o Incio vén de executar a actuación de posta en valor da infraestrutura turística “Miradoiro do petróglifo da Pena do Chao”, na Ruta do Ferro, obras que foron executadas pola empresa Arco Galicia 2006 S.L. e para o que se contou co financiamento íntegro de Turismo de Galicia, con cargo a liña de axudas “Subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2023 (TU503D)”.

 

Nota: voto de menos as coordenadas do miradoiro. (xa as puxen).

Coordeanadas Mirador do Petrógrifo da Pena do Chao.

42.634348 ,  -7.333852

 

---o---

 

Fotografía de Candela F. Roldán. El Progreso.

 

Vexo que O Progreso tamén pón unha referencia:

Ver este link.

 

Tamén A Voz se fai eco.

Señalización do Miradoiro. Fot. Francisco Albo. Voz de Galicia.

 

Outra fotografía. Fot. Francisco Albo. Voz de Galicia.

 

Ver este link.

Para a chegada a este petróglifo e polo tanto ao mirador tendes tamén unha ruta de Wikiloc