Algunhas delas situadas, tamén, no concello de Sarria e Samos.
 

No que sigue vou a escribir sobre mámoas ou túmulos dun lugar único en Galicia; único pola cantidade de túmulos ou mámoas que hai na zona, nun pequeno lugar. Necrópolis (auténticos cimenterios, ´cidades dos mortos´, de gran extensión e onde abundan os monumentos fúnebres). Eso é a Necrópolis de Sta Mariña. Pero eu penso que é interesante poñer uns pequenos apuntes e explicar un pouco ó que son.

Notas sobre ó que son as mámoas, como se facían , en que lugares, etc. En qué consistía a cultura castrexa e outras cousas.

---o---

 

Primeiras necrópolis de Santa Mariña, descoñezo de quen é a fotografía e o dibuxo posterior.

 

Mamoa en Sta. Mariña. O Incio

 

Decir, ven alto que O Incio e zonas limítrofes ten unhas posibilidades turísticas fora de serie, realmente ten todo, paisaxe, prehistoria (castros, petroglifos, mámoas, etc.) , historia, románico fora de serie e moitas máis cousas sin explotar. Vexo que os concellos tellen que poñerse as pilas e traballar por dar a coñecer estas e máis cousas. Dende esta páxina web é ó que pido e solicito. Compre facer moitas cousas,  porse de acordo e potenciar ó que hai, que hai moito.

Esta necrópole é das máis importantes de Galicia e está media esquecida. Non hai máis que leer a prensa e ver como dende tódolos os lugares pídese colaboración, posta en valor, etc.

O dito.

--o--

 

Posición aproximada da necrópolis de Sta Mariña. Colle tres concellos O Incio, Sarria e Samos.

 
 

Da revista LVCUS, o nº 42 tamén poño este mapa que ten cousas curiosas. Está firmado M.R.Pombo.

Trae ata unha mámoa dibuxada, todo un detalle, tamén nos permite ver que as mámoas de sta. Mariña están en tres concellos: Sarria, Samos e O Incio. Observar o detalle xusto no medio do dibuxo.

 

 

Este mapa é o que aparece no BOE, que relaciono máis abaixo.

Coa Coa flecha bermella quero indicar o lugar onde debemos ir para ver esta Necrópolis.

Neste mapa vese unha chegada a zona de Bermún dende vilasouto e Calvos pola LU-P-0909. Tamén se ve outra chegada dende Oural pola Lu-642, por Negral. Tamén dende Sarria pódese coller a estrada de Samos e logo a Lu-641 que ven  a esta.

Dende logo en Calvos e Vilasouto estamos nunha posición ideal para achegarnos a esta zona. Basta coller no cruce da serra para Bermún. e xa estamos.

 

Necrópole de Santa Mariña, que ten unha gran parte no Incio, e outra en Samos e Sarria.
Necrópole formada por máis de corenta túmulos e algúns petróglifos.

Estos túmulos  están en tres concellos: O Incio, Samos e Sarria.

Foi declarado ben de interés cultural no ano 2006, como veremos despois.

Como se pode chegar?:

Pódese ir dende Sarria;   dende O Incio e por suposto dende Vilasouto ou Calvos. Ver mapa anterior.

Dende Sarria:
De Sarria a Samos a man dereita verás un indicador Castrón, o Incio. Vai por aí ata atopar á esquerda unha caseta de ladrillo que comunica cunha pista de terra, pois polo lado contrario a pista tamén vai pola dereita, continúa pola pista ata atopar unha explanada, e pola dereita. atoparás o monte cheo.

Dende O Incio:

Bastaría ir ata Buxán.

Dende Calvos ou Vilasouto:

Podemos ir pola estrada que vai a Goó e despois acercarse a Bermún.

 

Unha vez en Bermún poño un mapa da zona en escala 1/25000. O Mapa de 0 124-III (15-16) O Oural de 2015.

 

Neste mapa vese perfectamente a zona, con moitísimo detalle sobre todo Bermún e a estrada que sube as Medorras  e a Serra de Santa Mariña donde hai os túmulos e por certo 3 castros. Unha zona a explorar. Berdún está a 647 m.s.n.m. e onde pón necrópolis de Sta Mariña está a 700 m.s.n.m.

Este mapa é do Instituto Xeográfico Nacional. 2015.

 

Outros túmulos.

As tres fotografías que puxen están sacada do Facebook ver links o final.

 

Interés de Ben cultural no 2006:

 

 

 Nesta última imaxen xa temos as coordenadas UTM e xa podemos acceder a cada un deles.

 

Así o primeiro que aparece bastaría meter  29 T 631339.5792   4728779.3499 para ter onde está situado exactamente:

Ver o mapa seguinte:

Témolo a 8 km. de Calvos, simplemente indo a Bermún.

 

Queda a 1.5 km. de Bermún. Podemos chegar a 100 m.

 

Repito o sistema, con estas coordeandas si queredes chegar a esa necrópolis basta en Google Earth, poñer as coordenadas UTM e metelas desta forma, por exemplo  29 T  631778.0350     4728043.3170 

Estas necrópolis queda preto de Bermún 650 m.

E máis un pouco máis arriba tendes outras dúas. Ver o mapa seguinte:

 

 

Bastaría coller a estrada que hai despois de Bermún a dereita.

A 300 m. de Bermún a primeira, a  1,7 km a segunda e a 2 km. a terceira.

Fareille unha visita.

 

Esta fotografía e dibuxo permite entender a ubicación destas mámoas. Descoñezo o autor da fotografía e do dibuxo.

 

Estos dibuxos, que non sei de quen son,  axudan moito a situar no horizonte os posibles túmulos ou mámoas.

Hai unha teoría moi fundamentada en canto a situación dos mismos. Así en internet podedes atopar un traballo de Miguel Carrero e Antón A. Rguez no senso de ver como se facían en lugares moi visibles uns dos outros e chans que permiten verse entre eles. o traballo estudia así os patróns de emplazamentos do megalitismo galego e utilizan precisamente o Monte de Sta. Mariña.

 

Hai un comentario sobre as mámoas de Sta. Mariña que falan de certo abandono:

"...Mámoas de Santa Mariña (O Viso): Necrópole encravada nun planalto, composta por arredor de 50 mámoas situadas no límite dos concellos do Incio, Samos e Sarria, das cales a metade conservan restos de cámara. Escavada por Rodríguez Casal. Declarada Ben de Interese Cultural no ano 2006. No mes de marzo de 2015, os comuneiros denunciaron que nos últimos meses teñen observado os destrozos que están a producir os xabaríns sobre os túmulos. Din que xa avisaron a Medio Rural e a Patrimonio, quen polo de pronto nos lles deron solución ao problema. Tamén queren que se limpe a maleza que cubre as mámoas para que poidan ser admiradas, dada a importancia que teñen estes restos. "

Así polo menos entendo eu este texto que esta tomado deste blog, por certo moi documentado:  Blog. Mámoas de Galicia.

 

Algúns links  sobre as mámoas de Sta. Mariña:

Necrópolis de Sta. Mariña

Páxina en Facebook. Necrópolis Sta. Mariña.

Blog. Mámoas de Galicia.

 Os lugares onde se puñan as mámoas.

A pedra do tempo

 

salir.jpg (1925 bytes) Salír a Calvos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Algúns apuntes sobre as mamoas e os castros en Galicia.

 

(Resumen adaptado dun traballo que fixen para o estudioda prehistoria de Alberguería un pobo de A Veiga en Ourense. Ver historia da páxina web de Alberguería)

 

 

Unha  mámoa ou túmulo, en moitos lugares de Galicia tamén lle chaman medorras entre outros nomes. Este dolmen chámase Pedra da Arca e está en Vimianzo (A Coruña).

 

Unha Necrópoli é un conxunto de mámoas. Por exemplos estas de Sta. Mariña entre O Incio, Samos e Sarria.

 

Neste dibuxo arriba é como quedaría unha mámoa ó principio cando se fai. Abaixo é como están hoxe; ver a fotografías das mamoas de Sta Mariña, así no horizonte son como móntículos.

No que sigue usarei tamén o libro (2) Nas Raíces de Brión: as mámoas de Rañalonga. De Federico Silva Cobas.  Este dibuxo é dese libro que recomendo.

 

Dibuxo dunha mámoa. De A. Ramil Rego.

Anta é un término galego con que se designa popularmente  os dolmens. Trátase dunha construción megalítica funeraria formada por varias pedras ortostáticas verticais, cubertas por outra horizontal, que forma a cuberta.

 

Mamoa do Rei. Cotorredondo (Vilaboa). Fotografía de Alexie  Belikov. Aparece no libro citado na bibliografía (2).

 

Como se fai unha mámoa?

 

Aclaración :  Esquema dunha mámoa.

Nos dibuxos de arriba hai unha mámoa (túmulo) que ten unha anta (cámara mortuoria) no interior. Trátase dunha maqueta para facernos unha idea.  A maioría é un casquete esférico e dentro ten o lugar de enterramento ou anta. Era sin lugar a dúbidas lugares de enterramentos ou monumentos funerarios. Por supostos hai varios tipos. A medida oscila entre os 15 a 20 metros de media,e uha altura media en torno a 1 m. observar o home que hai a dereita.

O lugar son as partes chás e altas, xeralmente en outeiros e lugares onde sexa vistas dende lonxe.

Este é oun esquema xeral dunha mámoa. O dibuxo é de Marcos Suárez Martínez e está sacado do libro referenciado en (2).

Básicamente componse, copio do libro (2):

1.- Cámara. Parete central onde están as grandes pedras de lousa que as veces pesaban 20 toneladas. Está disposta en Dolmen, algunhas soio levaban unha foxa. As pedras verticais chámanse ortostatos. ver os dolmen do Rei, a vista están 7 orotostatos pero leva máis. E tres pedras de tellado.

O Dolmen é o lugar sagrado da mámoa onde se deixaba o morto xunto cos seus pertrechos: frechas, machados, cerámica, bifaces, etc.

2.- Masa tumularia. Terra que se sacaba do redor.

3.-Coirácea pétrea. A veces púñase así para que non crecera a maleza.

4.-Pedras o redor. Marca da mámoa.

5.- Adro. Entrada.

6.-Anel central. No está claro para que servía.

Decir que dentro atopouse de todo dende figuras, grabados típicos e todo tipo de enseres que foron expoliados cando en 1606 o crego Pedro Vázquez de Orxas pasou revista a todas as mámoas en Galicia, en tempos de Felipe III e sin fins científicos nin nada que se lle parecera. Todo iba engrosando as arcas reais e el cobrando os cartos do traballo. Unha desfeita.

 

O dibuxo é de E. Ramil Rego. No dibuxo vexe un pequeno esquemo do gran traballo que que era facer unha mámoa, dende os andamios a traída das pedras e a súa colocación. Por suposto que tiña que actuar moitísima xente no traballo. Pensai como se pode poñer por riba unha pedra de tantas toneladas. Un traballo incrible.

No libro (2) ven tamén unha explicación con dibuxos

 

Como se fai unha mámoa?

No segundo dibuxo vese como se fai a construción dunha mámoa, unha vez que se achegan as pedras e se poñen os andamios para logo cubrilo todo. Lóxicamente debido a falta de medios interviña moita xente. Primeiro facíase unha gabia na cal vai espetada a lousa principal ou rocha nai, logo póñense as outras lousas. A misma terra que se extraía para facer a anta logo usase para cubrilo todo. Finalmente cubríase todo de terra e pedras e finalmente púñase a pedra protectora, ou tellado,  da anta.

Nas mámoas enterraban os mortos, pero non se atopou nunca restos humáns: xa se sabe, terreos ácidos que rematan con todo, entre outras cousas.

En canto as datos poño este esquema do megalitismo (construccións con grandes pedras) e outra cultura da que hai grandes mostras en Galicia e dende logo dentro desta en O Incio que é do que estou a escribir:

 

 

 

A cultura Castrexa:

 

Outra cuestión que atoparemos moito en O Incio.

 

       Para investigar un pouco que pasou na zona antes de que viñeran os romanos, qué xente había nestas bisbarras?,  temos que acudir precisamente a eles, Estrabón, Tolomeo  e sobre todo Plinio, eles son os que escriben sobre o que se atoparon cando chegaron a estas terras. Estamos falando do ano 73-74 d.C.

       Plinio fala de tres grandes comarcas, que chama conventos xurídicos (ver no mapa) e que son o Asturicense, o Lucense e o Bracarense, cada un coa súa capital Asturica augusta(Astorga), Lucus Augusti (Lugo) e Bracara Augusta (Braga).

 

Este é o mapa dos conventos xurídicos

 

Este é o mapa de algúns dos pobos que habitaban estos conventos en total 61 pobos distintos dos que soio se conservan 48 nomes.

Fontes do mapa e das ideas: "A Gran historia de Galicia". A Cultura Castrexa. Tomos 3 e 4,  escrito por Jose Manuel Caamaño Gesto. La Voz de Galicia.

                Neste mapa están unha tribu galaica, os SEURROS , por suposto prerromana, e que pertencía o convento lucensis.

Ocupaban terras de Taboada, Sarria (por eso se chamaban Seurros), e O Incio. Limitaban o norte cos Cáporos e o sur cos Lemavos, sendo as cidades máis importantes Talamina (que era por Baralla), Timalino (non sei onde estaba), Ocelum e Turriga.

Estos pueblos foron ao parecer identificados por Ptolomeo.

 

¿Quenes poboaban O Incio e a comarca ?

        Os primeiros poboadores de O Incio, dedución miña por proximidade,  foron os Seurros.

Pero ¿qué sabemos dos antepasados dos veciños de O Incio?.

No dibuxo vese unha reconstrución hipotética do sector norte do Castro de Santa Tegra feita por J. Luaces e Dideas.

Castros parecidos seguro que había na zona de O Incio. onde aproveitarían de forma marabillosa a calidade da pedra que hai na bisbarra...

O castro non sería moi distinto do que aparece na fotografía de abaixo.

 

Na fotografía o Castro de A Guarda.

Decir que os primeiros castros eran desta forma redondiños. Logo chegaron os romanos e algúns pasaron a ser rectangulares.

Esta recreación do interior vese bastante lóxica, aproveitada ao máximo.

 

Onde vivían?:

        Pois a maioría vivían en castros, que normalmente eran recintos fortificados, con tendencia circular e asentados en lugares elevados. Os castros son comúns en toda Galicia, pero hai menos conforme se gaña en altitude.

Os puntos negros son castros recoñecidos na fotografía aérea en Galicia. Según A. Bouhier. Abel Bouhier foi un xeógrafo francés, moi coñecido no mundo galego da cultura pola súa obra de investigación sobre Galicia. En 1977 presentouna como tese de Estado no seu país, co título "La Galice, essai geographique d´analyse dínterpretation dún vieiux complexe agraire"´Era da Universidade de Poitiers". (1921-1997).

Coas frechas están indicados os castros que detectou o voó en O Incio, nada menos que 15 son moitos, por eso digo que no Incio non sabemos ó que temos. Unha auténtica marabilla que hai que poñer en valor.

En O Incio temos moitos castros e por Vilasouto temos o Castro de Belesar e algúns en Calvos entre outros. non digamos pola zona de Bermún, concretamente no monte de Sta Mariña que cada pouco hai un castro e dende logo unha chea de mámoas que pon e evidencia clarísima a población da zona.

Poboado da idade do Bronce (museo de Pontevedra)

 

Os poboados: (tomo un resumen do libro (2) da bibliografía)

Polo que sabemos cada asentamento estaría formado por unhas cantas cabanas de dimensións reducidas,, de planta circular ou oval,sen sementacións. Dentro da vivenda habería, lugar de traballo, cortes para o gando, vivenda das persoas e celeiros ( graneiros).

A actividade principal a agricultura de todo tipo.

Gandeiría, ovellas, cabras, vacas e porcos.

A caza principalmente xabarín e lebres.

A pesca principalmente troitas, coñecían os arpóns e tamén trampas feitas de cestería.

A recolleita de froitos, consumían sobre todo landras.

A cerámica tuvo moito que ver para mellorar a vida sobre todo para almacenar colleitas, auga, leite e permitía ferver os líquidos.

A industria textil seguro que tuvo os seus momentos, sobre todo o liño e a lá.

A industia da pedra foi básica para facer ferramentas e utensilios

A construción de mámoas.

Outras actividades alimentación, limpeza, vestimenta e coidado  da prole. Mantenemento de edificacións, fabricación de cestos, cordas e mobiliario, o comercio, etc.

En canto a organización social destaca xa a existencia de propiedade privada, o control dos excedentes e a división social do traballo.

Comenza a relixiosidade. Seguro que tiñan preocupacións e eso os levou a pensar noutro mundo. O culto aos mortos xa o coñecemos, que pensaban que podería haber outra vida é evidente xa que os mortos os deixaban con toda a súa ferramenta e preparados.

 

 

Bibliografía.

(1) A Gran historia de Galicia. Tomos I a IV. José Manuel Caamaño Gesto. La Voz de Galicia.

Tomos I a IV.

 

(2) Nas Raíces de Brión: as Mámoas de Rañalonga.

Proxecto interdisciplinar do I.E.S. Castelao-Vigo

Coordinador: Federico Silva Cobas.

Un libro que que fixo chegar Federico Silva en sinal de agradecemento pola miña colaboración. A verdade é que cedín unhas cantas fotografías, nada máis.

O libro é unha pasada, marabilloso e moi ben explicado todo. Foi publicado pola Deputación Provincial da Coruña no ano 2009.

 

Volver a Sta. Mariña