Remito a un link con fotografías para
achegarse a este castro. A ruta está feita dende a igrexa de Goó.
Trátase da Ruta do Castro de Goó. Son
aproximadamente 700 m.
Por suposto que lle farei unha visita e
porei as miñas fotografías.

Dende a Igrexa de Goó, flecha negra da dereita, hai
sobre 700 m. Esta é a ruta das fotografías que tendes no link de máis
abaixo.
Nos subimos despois de Lebaste polo segundo camiño,
estrada de terra, que sube: No mapa onde pón Chaos. Xa se sube directo e
non chega o km. a distancia o terreno onde se ve o castro na cima. Ver
primeira fotografía.
O castro está nun altiño a 692 m. s.n.m.
Coordenadas: 42.684544º ,
-7.398373º
O Link de fotografías é o seguinte.
No mapa tamén está marcado si se
quere facer a ruta dende Lebaste, que é aproximadamente 1 km. Por
aquí subimos.
Mapa de situación da zona:

Na zona pode verse como nos
achegamos dende Calvos, por exemplo, collendo a Lu-P-0909 e indo
ata Lebaste, ou ata igrexa de Goo ou ata San Miguel ou A Pereira de
Arriba que son as catro posibilidades de facer a ruta. Recomendo á
da igrexa de Goó polo que observo no primeiro link.
Farei a ruta este ano 2024 ó máis tardar e porei as
miñas fotografías.
Tamén se pode facer a ruta dende a aldea
de San Miguel.
Camiño de O Castro dende a aldea de San Miguel.
Un paseo por las tierras de Goó

Outra vista do Castro de Goó dende o Google Earth.
