A estrada que vai dende
O cruce da Serra de Trasmonte ata Vilasouto
pasando por Calvos. está penosa.

É o tramo que vai dende o cruce ata Vilasouto,
marcado de amarelo no mapa.
Seica está previsto arranxala ata Noceda.

Esta estrada que ven na fotografía está de pena.
Seica prometeron que a principio do 2023 estaría asfaltada e en
condicións.
ESPERAMOS QUE CUMPLAN.
Nota de 10 de abril de 2023:
Fanme saber dous veciños de Calvos,
Capón e máis Enrique, que a estrada foi asfaltada recentemente dende
Vilasouto ata Calvos, rematando a altura da entrada da Bica. Continuaran
posteriormente ata levala a Noceda. Fixeron o pequeno tramo ao Palacio e
a ó Codesal.
Botaron un bon asfalto e fixeron
entradas na Nogueira, no Palacio e no Codesal.
Queda pendente polo tanto o tramo
entre A Bica e Noceda.

No mapa de amarelo o tramo feito (en abril de 2023) e
de vermello o tramo sin facer.
En amarelo fixeron dende Vilasouto ata
Calvos (Casa da Bica), con entradas a O Palacio, e A Nogueira e O
Codesal.
Falta logo dende A Bica (Calvos) a
Noceda.
Seguiremos atentos.