E si o Bólido caeu no río Miño?.

Rio Miño por Arbo. Fotografía Secundino Lorenzo

Imaxen de arquivo. Bólido. Salvador Diez.

 

Pois poidera ser...Algún día saberemos o final desta historia...

O día 17 de maio de 2016 caeu un bólido, de materia cósmica,  entre Arbo e Crecente, polo menos así ó determina a traxectoria calculada por investigadores do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago. As súas conclusións están basadas en que na tarde do día 17 de maio de 2016 varios testigos, do Baixo Miño, afirmaron que viran un bólido, e tamén oíron ruídos,  e que os restos é moi probable que caeran nas localidades de Arbo e As Neves.

Tamén indican que,  da investigación que levaron a cabo,  o bólido desplazouse dende unha altura de 95 km. ata unha de 26 km o longo da fronteira entre España e Porugal e durante tres segundos. Así aparece nun estudio presentado recentemente en Texas na "48 th lunar an Palnetary Science Conference", investigación levada a cabo polos investigadores José Ángel Docobo, Pedro Pablo Campo, Josep María Trigo-Rodríguez y José María  Madiedo. O parecer existe unha fotografía, sacada por un veciño da zona, da explosión final do bólido.

Fotografia sacada polo veciño da zona.

Os bólidos prodúcense cando pedras cósmicas de certo tamaño (meteoroides) que están describindo órbitas en torno ao Sol penetran na nosa atmosfera. Debido á gran velocidade coa que o fan e ao rozamento coas capas baixas da atmosfera dan lugar ao fenómeno luminoso observado, pero só cando o brillo que producen é superior ao do planeta Venus (magnitude -4) reciben o nome de bólidos; se non, son simplemente meteoros.

Esta é a referencia que fai a Voz de Galicia:

Links da Voz de Galicia

 

Outras Referencias do evento:

Xornal da USC.

Xornal de Galicia

e

Faro de  Vigo

 

 

     salir.jpg (922 bytes)   Volver a   río Miño