Aquí tendes como chegar dende
Ourense ata esta aula así como os horarios e a web.
Tendes o autobús que vos levará a esta
aula o nº 11-A e o itinerario si queredes ir andando, un
paseo agradable que tamén podedes facer polo río, marxen
esquerda ou dereita xa que hai uns paseos fluviais únicos e
marabillosos.
Na Ponte Nova de Ourense podedes escoller si
ir a pé de río, por exemplo pola marxen dereita do río, pasades a
ponte e baixades ao paseo, hai exactamente 1.3 km. nun paseo
moi agradable. Despois podedes regresar polo marxen esquerdo
que ven sendo a misma distancia. Pola estrada tamén o pasar
a ponte a dereita son 1.18 km.

Outra fotografía da aula da natureza. Está
nun lugar idóneo. Esta aula é visitada por muitos turistas e
tamén algúns colexios da capital que deciden, con moi boa
lóxica pasar unha mañán o una tarde na zona e aproveitala para
ensinar os alumnos o noso patrimonio natural e o mismo tempo
a sensibilizarse sobre a importancia da conservación dos
ríos.

As fotografías que siguen son todas do autor
da web, o que escribe.


Outra imaxen da aula, Na parte dereita parece
un trociño de río e polo tanto a aula sería un barco que
pasa polo río. Non está mal pensado.

Outra vista exterior da aula ao levantar a
estructura, eso permite poñer paneis interiores e
exteriores, moi ben pensado. A aula non lle viría mal unha
pintadiña e posta a punto; seguro que o Concello toma nota
deste consello.
Vexamos como é no interior:

Aula para conferencias, explicacións
colectivas e proxeccións, entre outras

Parte de atrás da aula de conferencias.
Fotografía das pontes de Ourense no río Miño e un plano
cun dos itinerarios fortes ou vermellos do que logo
escribirei. Hai tamén unha maqueta que non saiu na
fotografía.

Parte norte na planta baixa, con moito
material e murais. Moi interesante. Agradecer a Luis, que
aparece na fotografía, as súas
explicacións. Aquí hai maquetas didácticas de todo tipo.

Parte de arriba da aula da natureza tamén
con moito material, paneis explicativos, maquetas, fichas e
detalles curiosos como a pel dunha serpente; na
parte sur teñen unha mesa
onde botei de menos uns ordenadores onde se puderan ver
moitas cousas do río Miño que non figurar actualmente na
aula. Non creo que costen moitos cartos poñer tres ou catro
pantallas para usos dos nenos que van a ver a aula. Cos ordenadores poden completar
datos, ver videos e ter publicacións sobre o río Miño.
Poderían entrar nesta páxina da que son autor simplemente
poñendo en Google paimiño.com, así de simple...

Na aula abundan os murais explicando
elementos básicos dun río como este que se ve na fotografía:
os insectos que marcan si un río está san ou non....
A aula ten 14 paneis que abordan os distintos aspectos do
río Miño.

Outro dos murais,
neste caso das árbores de ribeira. Hai murales de peixes,
mamíferos, aves, reptiles, anfibios, insectos. Tamén de
árbores e plantas e cogumelos. Tamén outros como o
mexilón de río, o sapoconcho, e outros etc.

Neste mural vese a importancia dos ríos para
a conservación do patrimonio ecolóxico.
Entre outras actividades teñen programados
Itinerarios ambientais de varios tipos:

Neste hai varias nos alrededores de Ourense:
a ruta da plata no entorno de Ourense, Coles 1 e coles 6
como rutas alternativas e rutas Periurbáns a realizar
que son moi interesantes. Todo elo vai neste folleto que
está feito para os visitantes..

Este libriño, de 36
páxinas, moi ben publicado axuda a
entender todo o que se pode ver nos itinerarios ambientais
que programan, trae o mapa con itinerarios; como
comportarse no recorrido dos itinerarios (todo un pequeno manual de conservación e bo estar na zona,
falando de papeleras, do lume de respectar os animais e
mais...). Tamén explica como escoller o itinerario a
facer, dando tres opcións (ver máis abaixo).
E explica de
forma moi sinxela, repito que me gusta moito, os leitos dos ríos a
formación de terrazas, meandros, illas do río, cachóns, pontes, aceas, fontes
termais, encoros (falando dos problemas ambientais
importantes que xenera como é o efecto barreira, entre
outros), afluentes, as barcas, a depuración das augas (tan
importante e básico), a pesca tan importante en tempos,
a relación do río Miño e o viño e moitas máis cousas. O texto cita e explica ata 44 especies.
Realmente unha pequena información, moi condensada,
interesante e que o visitante leva con gusto. Felicitar
a Aula da Natureza por estos folletos.
O libro vai dividido
en Paradas, unha división orixinal e práctica. Destaca a
calidade do papel e a calidade das fotografías, moitas,
boas e ben escollidas, e os dibuxos da fauna e das árbores
e plantas sinxelos e moi bons.
Poño estos exemplos
para demostrar o que digo:

O papurrubio. Un
dibuxo excelente para identificalo.

Unha fotografía moi
pequena do Cachón que había e inda ahi e que formaba a praia da
Concha, enfrente están os Caños, e a dereita unha acea importante. Un exemplo de
fotografía de calidade.

Dibuxo da Acea das
Veigas que inda hoxe, 2022, está de bon ver, para mín a
mellor acea hoxe, xa que a maioría están desfeitas.
Penso que a Confederación Hidrografica Miño-Sil, CHMS debera
tomar cartas no asunto, un patrimonio marabilloso que
temos en Ourense e desfeito.

Falando de aceas poño esta fotografía
dos anos corenta no que se ve unha delas que hoxe está
desfeita. Esta acea estaba a douscentros metros da Ponte
Vella a dereita. Unha acea que se pode restaurar a pouco
que se faga; que tome nota a CHMS. A fotografía non é
miña nin figura no libriño do que falo, merqueina nunha
feira de mes das que hai na Praza Maior de Ourense. É
curiosa...
Poño un exemplo de dúas
follas deste libriño.

Páxinas 20 e 21 das 36 marabillosas que
trae. Nun formato de librito de 11x16.5 que cabe en calquera
bolsillo ou carteira.
¡¡Unha marabilla!!
Ademais no noso galego.
Os itinerarios son básicamente tres:
1.-Un itinerario vermello
de 14,1 km
ata a pasarela de Ourariz. Dificultade media-alta.
2.- Itinerario verde: dende a aula da
natureza ata a ponte Velle de dificultade baixa son 4,5 km.
3.- Itinerario azul: discurre entre a
Ponte do Milenium ata a pasarela de Outariz e volta. De
dificultade media. 9 km.
Tamén ofrecen actividades para grupos
escolares, adaptadas ao seu nivel e ao tempo que dispoñan
entre eles, os itinerarios ambientais, os obradoiros
ambientais e os xogos ambientais.

Este é o folleto que explica as
posibilidades, os horarios a ubicación e o que se pode facer
na Aula da Natureza do río Miño de Ourense.

Frente do folleto

Parte interior.
Felicitar ao Concello de Ourense polo seu
mantenimiento, unha gran idea e pedir que o manteñan e doten
de cousas que eu vexo necesarias: como algúns ordenadores y
algunha bibliografia, libros que poidan complementar o que
se ve.
Gracias Luis. por ensinarme a aula, que xa
coñecía de fai anos, pero nona vira á fondo.
A Aula da Natureza Río Miño de Ourense en
internet:
Esto é o que atopo:
Aula da Natureza Río Miño en Ourense. Facebook.
Volver
a Centros de interpretación