|

Río Xares no couto do mismo nome. Sensacional.
Foto de S.
Lorenzo
Según Elixio Rivas
no seu
libro "A auga na natureza" a palabra Xares parece ser unha
variante da palabra Sales e esta a sua vez son
ríos que corren entre prados, entre outros significados...
DATOS TÉCNICOS do río Xares:
|
Nacemento :
na Serra do Eixe en Pena Trevinca
a 2114 m . |
Vexetación predominante:
incultivo y
subdominante cultivo. |
|
Desembocadura: no río Bibei
á altura de Larouco. |
Material xeolóxico: micacitas. |
|
Afluentes principais:
Esquerda o río
Corzos e Canda. Dereita o río Requeixo |
Tipo de rotación de cultivos: centeo,
trigo, patacas, barbeito. |
|
Longitude : 32.5 km |
Densidade de ganado:
1.1 vacuno/Ha. |
|
Superficie conca: 311 km2 |
Densidade explotaciones:
3.4 nº expl./km2 |
|
Densidade población:
11 hab/km2 |
Precipitacións: 1382 mm. |
|
Diferencia entre cotas: 1450 m. |
Deficit hídrico: más de 90 días |
|
Pendente : 13.6º |
Días non úties vertidos: 162 días |
|
Textura do chan: arenoso. |
Aceptación choiva:
moderada. |
|
Porcentaxe de Concellos que componen
a conca:
A
Veiga 90% , O Bolo 19% |
Risco de contaminación:
1/3 |
( Fonte : As concas fluviais de Galicia.
Francisco Díaz. Avelino Nuñez e Eugenio López.)

( Fonte : As concas fluviais de Galicia.
Francisco Díaz. Avelino Nuñez y Eugenio López.)
No mapa fixen de maneira que quedase
resaltado o río Xares, engadín os afluentes: o río Corzos e o río
Canda así como o pueblo de Alberguería (un detalle meu a un pueblo
que amo de verdade e que está vivo no meu corazón; realmente
Alberguería está a 30 m. de profundidade, casi na
cabeceira do encoro de Prada, en pleno río Xares)
Mapa do río Xares. O encoro de Prada deixou
asolagado o gran pueblo de Alberguería, por certo do que
son fillo
adoptivo, por eso ó poño no mapa.
Ver ou tomar nota deste link,
merece a pena, é a historia dese gran pueblo, o mais grande dos trinta pueblos que tiña
A Veiga en 1958. Por certo eu mismo son o autor desa
páxina web.
Levo dous
anos sin pescar a zona alta ( dende a Veiga ata o seu
nacemento) deste río. As veces que o pesquei viñen
francamente contento da beleza do río.

Río Xares.
En principio no tiña por que estar mal
no primeiro tramo, xa que é do pouco que queda san na provincia de Ourense.
Os ríos están cada día peor...

Río Xares nos seus primeiros tramos.

Esta fotografía marabillosa del río Xares é de Adela Leiro. O
Escavadoiro

Esta fotografía marabillosa del río Xares tamén é de Adela
Leiro. O Escavadoiro
O río é francamente bonito, como pode
observarse nas fotografías. No verán leva moi pouca auga e baixa moito.

Río Xares, por riba do pueblo do
mismo nome. Marabilloso.
A zona, de todas formas
é preciosa e turisticamente moi apetecible a pouco que se promocione, que creo
están a facer...

Merece a pena.
Río Xares por debaixo do pueblo de
Ponte. Estas tostas ou presas abundan neste río e permitían
funcionar a unha gran cantidade de muíños que hai na zona, aparte de
regar prados. As presas son una defensa para as troitas
(truitas lle chaman na zona) inda que hoxe algunhas están
en mal estado.

|
Moi interesante:
O perfil mostra os tramos de
moita pendente., alternando con tramos de pendiente suave.
O primeiro vai dende o
nacemento, a 2000 m. ata os 1200 metros cunha
pendente do 14%. O segundo ata os 780 metros aproveita
a depresión de A Veiga e vai
cunha pendente do 1,6% ata Alberguería.
Xustamente en Alberguería rompe
esa pendente e aparece outra de 9,6% nas chamadas
"das costas" ou tamén Estreito de Alberguería, xustamente onde
se fixo o enoro de Prada.
Este perfil explica porque se
fixo o encoro de Prada que inundou o pueblo de Alberguería
totalmente. As condicións eran as idóneas. Efectivamente observar
no perfil que a 32-33 km. ten unha caída. Nesa caída,
no comenzo, fíxose o azud do encoro Prada.
O último tramo é dunha
pendente de 1,5%. |
Estado de conservación:

Presa sensacional no río Xares. Fora do
Couto e preto do
pueblo de Xares. S Lorenzo
Tramo Nacimiento-Embalse de a
Veiga:

Río Xares. 08/05/2012. A Ponte.
Efectivamente baixaba dos neveros, ademáis o ríoiba
moi cheo por os deshielos.

O río Xares no pueblo de Xares
(A Veiga-Ourense) por debaixo do Hotel El Ciervo. 08/05/2012.
Fotografía Secundino Lorenzo.
------------------
"¡El Xares! Río truchero,
de perfil quebrado, que bajaba de los neveros de A Ponte, muy
cerca de Peña Trevinca, a trote y con prisa, entre roquedales,
sobre arena fina y cantos rodados, para perderse en las entrañas
del Bibei, del Sil, del Miño, del mar...
Y un poeta para
cantarlo." Victor Campio.
-------------------

O río Xares por riba do pueblo
de Xares, onde está está o Hotel "El Ciervo". Ese día
08/05/2012 os neveros deste río estaban cheos...
Coto del Xares: A Veiga

Mapa dibuxo do couto, actualizado a maio de 2012.
Por
certo moi curioso o refuxio de pescadores.

Aproveitaron un rocha e dentro
efectivamente fixeron un refuxio onde hai at unha lareira.
O
malo do tema é que moitos galegos non saben usar o que é de
todos, estaba un pouco sucio e con desperdicios. Observar
que ata ten chiminea. Por certo na fotografía está
o meu
amigo e compañeiro de pesca e paseos Julio (Páxaro).

No refuxio hai tamén unha mesa con
bancos feitos de cemento, xa que si no durarían pouco. Todo un
detalle de Medio Ambiente que debera repetir noutros ríos...Na
fotografía éstán Secundino L. o que escribe e Julio (Páxaro), na
bolsa había chourizos, bebidas e unhas frutas.
A bolsa volveu con nosoutros,
o demáis non, por suposto....
200 m augas
abaixo do rio Canda ó Pozo de Mouros
Debe ser do pouco que queda na provincia san,
eu estou recomendando este río a xente que me
pregunta.
De todas formas a última vez que o pesquei tiña moita troita pequena e xa
unha repoboación un pouco discriminada.
Nesta zona é couto.
Fotografía da parte alta do
couto

Parte superior do couto. Por riba a Ponte de Valdín.

Parte superior do couto. Outra
fotografía.
Por debaixo da desembocadura do río Canda.
Fotografías
da parte baixa do couto.

Todas as fotografías anteriores son do autor da www, pertenecen
ó couto de Xares e foron sacadas o día 10-01-2002.
O río, hai que telo en conta, a pesares da data viña
prácticamente na estiaxe. Sobra decir que é un río sensacional.

Outra fotografía del couto. S. Lorenzo.

Couto do río Xares. Presa
preto de Baños.
Fotografía S. Lorenzo.
No ano 1998 foi repoboado coa solta de 19.935 troitas
comuns dun máximo de 14 cm. Nol 1999 botaron 20.000 troitas
de 2 cms. ou sexa alevíns. No 2000 botaron 10.000 alevíns vesiculares,
realmente é dos poucos ríos onde se está a facer as cousas ben, en canto a
repoboacións.
Ollo que fai pouco fálase de
meter unha minicentral nun afluente, o río Canda, . ¡¡ Sin dúbida,
si o fan, chegou a maldición a este río
!!!.

Río Canda, afluente do Xares pola
esquerda, xusto onde remata o couto de pesca fluvial. . Este día iba un
poco cheo e un pouco sucio coas chuviass. 08/05/2012.
Fotografía S. Lorenzo.

Un poco máis arriba do anterior e pola
dereita
desemboca otro bon río: o Requeixo.
Unha zona que debera declararse Parque Natural ou algo
similar, os alcaldes da zona deixana estropear cunha minicentral, seguramente
xigantesca. É algo que non logro entender. ¡¡¡ Unha desgracia pra zona !!!.
E si non ó tempo.
Última hora: a minicentral
foi
denegada. Enhoraboa.
A parte alta do río Xares é unha zona preciosa.
Según
Antonio Villarino no libro Espacios naturais de Ourense: a zona está amenazada
polos incendios, a caza (especialmente considera negativo o cercado cinegético do
couto de Xares), os proyectos turísticos con pouca cabeza e o excursionismo irrespetuoso.
Leo na Voz de Galicia do día 27-03-2000 que pretenden
declarar a zona de "explotación especial para caza e pesca"
creando un gran couto para a zona que podría chegar ata Viana. Pues
anden listos " si nazona poñen minicentrais díganlle adeus ,
ata logo, á zona pra pesca" e dende logo van polo Xares.
están có Bibei alto, e xa falan de construir en Viana. Amigos móvanse ou a zona en pouco tempo desaparece dende
o punto de vista da pesca
fluvial...farán Vds. "turismo dos mares
interiores"...unha aberración máis da Xunta. Que teñen Vds.
a caza..bueno estropeen a zona e verán o que lles queda.
Tramo A Veiga-Desembocadura no Bibei:

Río Xares á altura de Sta. Cristina. Año 1950.
O río cunha pendiente de 1,6% transcurría entre prados
e con
moitos pueblos a un e outro lado, tamén con moitos puentes
e pasais que unían estos pueblos. Alberguería-Corexido-Meda; Vilaboa-Candeda;
Sta. Cristina-Castromarigo-Casdenodres-A Veiga. Hoxe entre estos
pueblos non hai comunicación. Fixeron únicamente unha ponte en A veiga a 10 kms da
maioría dos pueblos. Prometeron moito pero fixeron
pouco ou nada, os amigos de Moncabril, a empresa que
fixo o encoro entre 1955 y 1958.
Para chorar. Esquilmado total.
Nalgúns tramos non leva auga. Os encoros da zona , o
encoro de Prada e o de Santa
Eulalia fan o que lles da a gana.
Son de Endesa.
Por certo o encoro de Prada deixou
baixo as súas augas pueblos marabillosos como Alberguería, pueblos que
eu non coñecía pero do que me falan xednte
galega que tuve que emigrar
a Arxentina, Francia e outros lugares, xa que deixáronos sin nada cando se
fixo oles dejaron sin nada cuando se hizo el
embalse.
Neste link escribo sobre este pueblo.

Pueblo de Alberguería en 1958.
Una marabilla que
inda hoxe vive nos nosos corazóns.

Pueblo de Alberguería a punto de
desaparecer baixo as augas do río Xares, asolagado pola
presa de Prada. 1958

Fotografía do río Xares no ano 1956. "Voo
americano". Vese perfectamente por donde iba o río Xares, que presas tiña
preto de Alberguería, as Pontes, incluso os pasais á Corixido. Unha fotografía histórica que se completamenta coas
dúas seguintes:.

Río Xares en Alberguería donde decía
Pascual Madoz que "hay abundante pesca
de ricas truchas" . Claro que Madoz escribiu esto en
1850...
Este era o río Xares. Hoxe esta zona
é a
cabecera do encoro de Prada, casi onde está feito o muro da
Presa. Tamén vese o Muíño de
Amancio. Ver a seguinte fotografía.

Fotografía que xa non se podrá ver
nunca. O Muíño de Amancio no río Xares xusto onde
está o muro da presa. O río Xares era un gran
río e sigue sendo gran río pero por riba de A Veiga.

Encoro de Prada. Realizado pola empresa Moncabril S.A. entre 1955-1958
no Estreito de Alberguería. Río Xares. Hoxe a explotación do
encoro faina a empresa Endesa.
Os caudais ecolóxicos da zona son para
chorar.

Encoro de Prada, por debaixo o
caudal actual apenas deixa velo río. Novembre de 2001.

Un chorriño de nada.

Así vai o río.

Encoro de Prada.

Encoro de Prada por debaixo o
caudal actual apenas deja ver el río. Noviembre del 2001.
Increible. Non entendo como Medio Ambiente permite estos
desastres na provincia de Ourense.

Río Xares en Novembre del
2001. Lastimoso. O caudal ecolóxico penoso.

Embalse de Santa Eulalia. Dende
1998 Endesa deixa un caudal penoso, ata ese ano o río iba seco
total.

Por debaixo de Prada o río vai por
un canón cun desnivel moi grande e baixa 220 metros en seis kilómetros de río,
encaixado entre granitos.
O río vai entre as montañas que se ven
na fotografía. En tempos era sensacional.
Hoxe fixeron o encoro de Santa Eulalia
e a zona xa non é o que era fai 50 años.
Llámanlle progreso, eu un roubo increíble, a
explotación con todas as consecuencias, sin conceder un ápice á natureza.
A depredación auténtica..

Capilla de Santo Tomé e
Balneario de Mondón outra
fotografía histórica da zona.
Unha zona espectacular e increible.
Unha zona que está da mano de
Endesa, un monstruo das finanzas hidroeléctricas, que
presume de conservar a natureza. Conservarla para o seu bolsillo.

Na fotografía vese o
Balneario de Mondón e por debaixo o río Xares. A fotografía é
anterior a 1950.
Sobre o Balneario de
Mondón ver este link do que son autor.

Río Xares, encoro de Santa
Eulalia. Lonxe, na cima vese unha canteira que é onde está o
encoro de Prada. A sensacional
fotografía é de Ramón Vega.
Por debaixo desta zona está Portomourisco:

A Ponte de Portomourisco, famosa
dende a antiguedade como paso sobre este río fabuloso.
Hoxe o río por debaixo non existe.
Dende esta páxina www reivindico que se
devolva a este río a súa vondición de tal, que se conserven os
caudais ecolóxicos, en fin que o río Xares volva ser un río,
non o roubo que é hoxe.
A Xunta debera tomar cartas no asunto e
pedir a Endesa, un mostruo das finanzas hidroeléctricas,
que gañe menos cartos e que cumpla a lei.

Para rematar poño esta fotografía de Logio onde
vemos o último tramo do río Xares, a punto de
desembocar no río Bibei.

Aquí vese o río Bibei e como recibe pola dereita
o río Xares tapado por esa masa verde.
O día
7 de maio de
2010 estuven pescando no Couto do río Xares, e escribín no foro da páxina web de Alberguería un texto que me gustaría que
pechara estos datos, dun río marabilloso.
Salir.
Un día pescando
no río Xares. 10/05/2010
Si que me fai ilusión
e moita. Levo anos tratando de conseguir en boa lide, sin usar
recomendación, un permiso de pesca no couto troiteiro do Xares.
Conseguino por internet a primeiros de ano e soio para este día.
O día preséntase moi malo, casi de neve, frio, din que choverá e
non sei que máis. Pero dame igual...
Estarei a pe de río coa miña cana e pensando nos moitos pescos
que dunha ou outra forma pescaban no río Xares en Alberguería
como Tomás Prada o carteiro, o pai de Maruja, ou na ficción o
Saúl e o Tito tratando de coller aquela gran troita do Pozo
Grande, na sensacional novela "La marca del agua" de Santiago
Palmeiro...
Eu tamén tratarei de coller unha troita grande ou máis pequena,
a medida é 17 cms. e cando a colla brindarei con nostalxia por
aquela xente que lle roubaron un bon día de maio do ano 1959 non
soio o río Xares e as troitas sinon moito máis, moitísimo máis...
E direi ¡vai por eles!. Por suposto que tamén lembrarei a
Ovidio, o meu amigo para sempre, cando, en calquera pozo deste
río, pense naquela vez que fixo o rito da "Fraga dos mozos",
pasando a outra orela nadando a braza...
¡Como te boto de menos!...Cantas historias inda non me
contaras...e fúchesche sen facelo...
http://www.albergueria.es/deportes.htm#NADANDO_A_BRAZA_EN_EL_XARES.
Tamén irá o brindis por tantos e tantos amigos e amigas que
teño actualmente, relacionados con Alberguería; e por aqueles
que xa nos deixaron, pero que dalgunha forma tuven moitísima
relación con eles como Obdulia Paradelo e Claudina Estévez entre
outros.
Por suposto si non teño a sorte de pescar unha troita brindarei
igual, inda que soio sexa co murmurio do río Xares...

Pois si que pesquei aquel día
unhas truitas, como dicen na zona, marabillosas. ¡Vai por eles!

Río Xares, esta postura deume tres troitas
marabillosas a pluma...
Ver as
fotografías daquel día.
Salir. |