©  S. Lorenzo Fdez . ///      Ríos Ourensáns : río Arnoia.///            

Presa no río Arnoia por riba do Rexo. Nesta presa, na parte dereita cóllese a auga para a minicentral do Rexo.

A palabra Arnoia  ten según  Frutos Fernández Glez no seu libro "Nomes do Ribeiro" a súa orixen documentada no século X. Pero ó que nos interesa é o grupo hidrónomo que neste caso é  Ar que quere decir "corrente de agua", agua que corre o flue. Aparece tamén en ríos como Arnego, Arnela, Arnado, etc.

 

DATOS TÉCNICOS do río Arnoia:

Nacimento : na Serra de San Mamede preto de Rebordechao. Vexetación predominante:  arbórea e subdominante inculto.
Desembocadura: no río Miño, no pobo de Arnoia Material xeológico: granito.
Afluentes principais:  Dereita:  río Maceda.  Esquerda: Orille e Tuño Tipo de rotación de cultivos: centeo,trigo patacas
Lonxitude : 84,5 km Densidade de gando: 1.8  vacuno/Ha.
Superficie conca: 923 km2 Densidade explotacións: 17.3  nº expl./km2
Densidade población:  57.2 hab/km2 Precipitacións: 1312 mm.
Diferencia entre cotas:  1550 m. Deficit hídrico: de 30 a 60 días
Pendente : 7.2º Días non útiles para verquidos: 204 días
Textura do solo: areoso. Aceptación choiva: moi alta
Porcentaxe de Concellos que compoñen a conca: Maceda 10%, Vilar de Barrio 10% , Baños de Molgas 10%, Allariz 10%, A Bola 10%, Celanova 10%, Cartelle 10%, Ramiráns 105, Verea 10%  e Padrenda 10%. Risco de contaminación: 1/3

Caudal abs.: 15,3 m3/s

Para unha prec. de 1.131,5 ten de coef. dasaugue 56,6%

 

 

( Fonte : As concas fluviais de Galicia. Francisco Díaz. Avelino Nuñez e Eugenio López.)

 

Nace na Serra de  San Mamede; na fotografía de Secundino Lorenzo vese o pueblo de Rebordechao e a Serra de San Mamede no centro de foto no fondo.

Nace na Serra de San Mamede sobre os 1300 m. de altitude, nunha serie de pequenos regos que se xuntan en Rebordechao. Pola dereita recibe o río Tioira, que nace na misma serra e ten 19 km. Desemboca pola dereita no río Arnoia. Tamén pola dereita ten o río Maceda cun recorrido de 14,5 km. No primeiro tramo recibe o pequeno río Ambía pola dereita.  O principio e bastante chan, por baixo de Allariz ten un trozo onde vai encaixonado, en Rubillós, motivo polo que lle meteron unha minicentral impropia do río, non me explico como se  autorizou xa que esnafra o río na zona. Polas terras de Celanova e Cartelle recibe pola dereita o río das Ellas e pola esquerda o Ourille, que baixa de Fonte Santa e o río Tuño outro río explotado con minicentrais, das primeiras que se meteron en Ourense, unha desfeita, sin escadas, cuns caudais ecolóxicos para rezar, polo menos nos primeiros tempos, penoso. Con todos os muíños desfeitos e un longo etc. a mal chamada enerxía limpa...Mais abaixo temos o canón de Cartelle ata o pueblo de Arnoia, espectacular. Este canón, con pendentes de 2,5%  foi o tal para meter en tempos minicentrais moi ben pensadas como a Peneda e Pigarzo. Minicentrais que hoxe se foron convertindo en auténticas presas de producción eléctrica, para mín sobredimensionadas e que desfixeron a zona que era marabillosa. A primeira a Peneda fixeron un túnel incrible coa desfeita de zonas boscosas (con árbores autóctonos como acereiro e outros), en fin o mal está feito xa e non ten remedio...Por certo onde tirarían a terra que sacaron do túnel?...

O Arnoia desemboca no río Miño pola esquerda no pueblo de Arnoia, despues de 84,5 km..

Desembocadura do río Arnoia no río Miño, no  pueblo de Arnoia. Ó fondo Francelos. Aquí as augas do río Miño están encoradas. Encoro de Frieira. Que tanto dano fixo o río Arnoia, a onde chegaban anguías a esgalla, aparte de outros peixes.  Fotografía de Andrés Glez.

 

No  mapa vese o  río Arnoia nacendo na Serra de San Mamede e desembocando pola esquerda  no río Miño por debaixo do Encoro de Castrelo de Miño. No mapa tamén se situan algunhos dos ríos máis importantes,  afluentes do Arnoia,  como pola dereita:  os ríos Tioira , Maceda e As Ellas e pola esquerda os ríos  Ambia, Ourille e Tuño.

 

Consideracións xerais:

Sinto escribir esto, xa que o río Arnoia foi un dos mellores ríos de Galicia, por suposto o mellor da provincia de Ourense en todo. Longitude (84,5 km. enteiramente en Ourense, caudal, defensa (estiaxe normal, sempre con agua, boas presas, etc.), etnografía (pontes, pontillóns, muíños, ferrerías, etc.), pesca fluvial excelente e abondosa, lugares de baño (areas recreativas varias) , espectacular en paisaxes, etc.

Hoxe, mayo 2020,  está moi abandonado. Sinto de verdade.

¡Gracias polas satisfacións que me deu sempre, como pescador de troitas,  en todos os lugares do río, pero en especial na parte de Arnuide, en Baños de Molgas, en Pontegrande e en Outomuro!. Pero xa foi...

 

  • É o río máis longo, 84,5 km.,  da provincia xunto có Limia e foi sempre un río troiteiro por excelencia , con grandes exemplares de troita en tódolos seus tramos. Atención xa que este gran río é enteiramente ourensán...

  • Actualmente está moi castigado pola contaminación e inda que tén troitas, estas son moitas menos e de peor calidade. Os verquidos das granxas, poblacións que non depuran como Arnuide, Maceda, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, etc. fanlle moito dano e actualmente cada día máis. Ningunha desta poblacións depura axeitadamente. Unha pena e unha vergoña. O día 11 de setiembre de 1999 foi envelenado en Baños de Molgas. Seica foi un vertido de cemento. Unha pena.

Fai nove anos, 2011,  estamos hoxe en maio 2020,  escribía esto sobre o río Arnoia o seguinte:

RÍO ARNOIA : prácticamente contaminado os vertidos do AVE están a pasarlle a misma factura que ó río TAMEGA. Arsénico, e plomo dabondo. Tamén puríns a tope nos dous últimos anos. A cantidade de auga está a salvar este río, quero decir o caudal, pero ollo que cada vez leva menos...

Moi afectado polo anterior. Un río que se está a perder totalmente.

 

O río Arnoia está bastante contaminado: obras do Ave, pouca depuración, puríns, minicentrais e máis cousas fan que este río esté hoxe na UVI e con poucas posibilidades de saír ...

Falan de covertilo nun río exemplar protexido por Medio Ambiente, patrimonio de non se qué...rede Natura.

 

  • Tamén lle afectaron moitísimo os verquidos do rio Ourille, sangrantes, inda que estos disminuiron, xa que Iberolacto, empresa queixeira e de productos derivados xa depura, en tempos non moi lexanos, contaminaba o río increiblemente. O río Arnoia, tén de tódolos xeitos moitos verquidos incontrolados de pobos, granxas, etc. É un río moi sucio nas súas orelas e xa vai sendo hora de que se tomen medidas. Unha mágoa.

Río Arnoia por riba de Allariz. Fotografía S. Lorenzo.

 

  • Na miña opinión podería ser un río recuperable, sempre que se tomen medidas globais, dende o nacimento ata a desembocadura no Miño.

  • De momento ( soio de momento) non tén ningunha minicentral na parte alta do río , únicamente se notan as baixadas e subidas debido ás minicentrais do Tuño. Tén duas minicentrais vellas na parte baixa que foron reconstruidas fai pouco, por certo aumentando a toma do río de forma incomprensible.

  • Noticia de marzo de 1999, o ano 2.000 empezará a producir electricidade a minicentral do Rexo, mismo por riba de Allariz.

rexo.jpg (34208 bytes)

Minicentral do Rexo, das primeiras no río Arnoia quitando as da peneda e Pigarzo que son dos anos despois da Guerra.

  • Non comprendo como un Concello emblemático en Ourense por moitas cousas, como é o de Allariz, pode meter a pata deste xeito .  De momento está en construcción e polo canal que están a facer, chupará medio arnoia. E inconcebible. Estarei atentos. O río Arnoia empeza a ser irrecuperable.

  • En Xaneiro do ano 2000 vín traballando esta minicentral, podo certificar que é peligrosa. De tódolos xeitos, como minicentral, é a máis respetuosa co río das que levo visto en Ourense. Pequenos detalles como o canle aberto, moi peligroso, de feito xa caeu un cervo dentro e non pudo sair. Non quero nin pensar nunha persoa, morrerá sin dudalo. As escadas brilan tamén pola ausencia, e outros detalles. De tódolos xeitos, repito, das mellores da provincia.

Este conducto que leva auga dende o azud ata a turbina sempre foi ilegal para mín. Que conste que  non o viron así , no seu día, os dirixentes de Allariz. A larga demostrouse.

  • Nota: no 2012 leva tres años sin funcionar a minicentral. Razóns: incorrecta a toma de auga, peligrosa según as autoridades. Algo que esta páxina afirmaba fai once anos. O tempo pon a cada un no seu lugar...

  • Resumindo : a marzo de 1999 o río Arnoia ten xa tres minicentrais. Adeus río. O que pense que son esaxerado dareille unha noticia e que deduzca: as dúas minicentrais da parte baixa a Peneda e outra, xa foron multadas en marzo de 1999 por Medio Ambiente, por non respetar o caudal ecolóxico. As consecuencias son fácilmente deducibles. A minicentral que se está facendo no Rexo fará o mesmo...

  • Última hora: octubro do 2004: o Arnoia empeza a estar tocado da mala sorte. Xa construiron novas minicentrais na Peneda e Pigarzo, minicentrais dende o meu punto de vista impresentables e que explotan o río a tope. Concretamente a minicentral da Peneda que se fixo nova, 600 m. máis arriba da actual, é unha auténtica central, con un gran muro impropio do río. Lamentable.

Nova minicentral da Peneda. Impresentable para este río.

 

 

  • Por si o anterior fora pouco xa comenzaron os traballos da minicentral de A Merca, outra salvaxada.  Mellor dito xa está feita. Esta xente anda rápida. No 2006 xa foi inaugurada. Eu visiteina no 2012, en maio e quedei impresionado, pero negativamente...

Nova minicentral de Rubillós. Outra barbaridade.

Por si queredes ver algunhas fotografías da desfeita.

Fotos do 12 de maio de 2012. A minicentral estaba traballando a tope.

Inaugurouse no  2006.

Esta é a toma da auga do río, chupa o río Arnoia, observar o caudal ecolóxico, de coña...

O río Arnoia ata Rubillós quedou deste xeito cheo de pedras que tiraron ao facer a carretera e o canal.

En total 3 km. de carretera-canal  por onde vai, por baixo, o canal que leva a auga as turbinas. Pedras de desmonte que foi todo ó  río Arnoia.

Para arranxalo puxeron ese tramo de "pesca da troita sen morte". ¡Un insulto! Aparte ollo,  o que se atreva a facer os tres km. de pesca pode deixar as pernas no río. Sei dun que prometeu non volver, aparte de acordarse da Federación Galega  de Pesca por facer este tramo couto. Hai que pensar mal...aparte  ¡Hai que ter cara!

 

 

  • Estado de conservación:

 

  • Tramo Nacimento-Xunqueira:

O río Arnoia nace o xuntarse varios regatos, que baixan da serra de San Mamede e se xuntan en  Rebordechao (Ourense). Un lugar sensacional. Fotografía Secundino Lorenzo.

 

É o tramo do río que está en mellor estado por tratarse da cabeceira. Máis  está moi esquilmado e tén verquidos incontrolados. En Arnuide, a poucos kilometros do nacimento, non é apto pró baño no verán ( 1998-99). Esto é moi grave. As repoblacións fanse con pouca cabeza.   Na zona tén un couto de pesca.

Río Arnoia. Por riba de  Ponte Ambía. Estrada a  Salgueiros.

Río Arnoia. Por riba de  Ponte Ambía. Espectacular tosta. Por debaixo da Ponte do Ave....

 

Nesta zona ten varios coutos de pesca.

Na fotografía de Andrés González, vese Rebordechao onde nace o río Arnoia.

Esta fotografía está sacada dun traballo sensacional de Andrés González Castro publicado en Youtube en cinco capítulos.

Dende esta páxina web darlle as gracias polo traballo que poño nesta ficha deste gran río, así como algunhas fotografías que irei referenciando.

Por suposto o autor ten a palabra, si quere que referencie doutro xeito o seu traballo ou incluso que o retire. Xa teño o permiso do autor. Moitas gracias.

En calquera caso ¡Enhoraboa! por este gran traballo.

Ver a primeira parte río Arnoia, Rebordechao, Ermida, Arnuide (1 de 5) dende un drón. (Castrodón). Andrés González Castro.

Presa no río Arnoia.  Fotografía Andrés González.

Ver a segunda parte río Arnoia, Baños de Molgas-Xunqueira Ambia  (2 de 5) dende un drón. (Castrodón). Andrés González Castro.

Ponte en Baños de Molgas. Fotografía Andrés Glez.

Chea do río en Baños de Molgas, febreiro de 2021. Descoñezo o autor da fotografía.

Chea do río en Baños de Molgas, febreiro de 2021. Descoñezo o autor da fotografía.

 

  • Tramo Xunqueira-Allariz:

Moi afectado, dende a desembocadura do rio Maceda. É de suliñar o esforzo do Concello de Allariz, fixeron un entorno do río realmente agradable ( xa podían tomar nota o chapuceiros provinciales)  pero non poden evitar que de cando en vez ( case sempre)  baixe turbio. Hai vertedeiros incontrolados. Xa veremos como lles afecta as minicentrais previstas por riba Allariz. O parecer en Allariz tampouco é apto pró baño (1998-99). Esta derradeira noticia colléume de sorpresa. Pensei que tiñan o problema resolto. Unha pena.

 Neste tramo tén un couto de pesca.

 

Río Arnoia por  debajo de Ponte Ambía. Xunqueira.

 

Río Arnoia no Parque do Rexo. Por riba de Allariz.

 

 

  • Tramo Allariz-Ponte Fechas:

Río Arnoia. Allariz. Da gusto velo. En Allariz reciben ó río Arnoia como se merece... Fotografía de Secundino Lorenzo.

 

Río Arnoia en Allariz. Fotografía Secundino Lorenzo.

 

Mal, era un tramo de moita troita, pero hoxe é penoso. Moi sucio e moitos verquidos.

Rectificación: abril do 2001 moi ben este tramo. Allariz depura perfectamente e o río gañou moitísimo.

¡¡ Enhoraboa!!.

Por certo hai que resolver o problema do camping de Allariz, díxome un paxariño que non depuran. Non sexa que o que está arranxado por un lado, se estropee por outro. Sería una mágoa.

 

Ver a terceira parte río Arnoia, Allariz (3 de 5) dende un drón. (Castrodón). Andrés González.

Río arnoia por baixo de Allariz. Fotografía Andrés Glez.

 

 

Río Arnoia por riba de Rubillós (A Merca).  Aquí intentan facer unha minicentral, esta imaxen, si fan a minicentral xa non volverá a ser así, na vida... Fotografía S. Lorenzo. Ano 2005.

 

Aquí están coa minicentral de Rubillós. Unha mágoa auténtica.

Minicentral de Rubillós. A Merca. Esta minicentral que xa está feita e funcionando estragou o río totalmente. Tuveron que facer unha estrada que leva a auga dende a presa ata as turbinas e como a zona é un canón estragaron todo botando pedras e terras o río que está impresentable.

Non hai problema, como xa está dito,  xa que a Xunta puso o tramo de pesca sen morte. Así o que vai un día non volve pero non pasa nada.

 

Nesta zona de Rubillós está o canal de Ruca. Fotografía de Andrés Glez.

Canal do Ruca, casi un km. e 1,5 m. de ancho e os  laterais do muro pasan do metro. Un traballo importante.

 

Na zona hai unha ruta para visitar este canal que trouxo muíños e central de electricidad a zona en tempos. Ver este link coa ruta perfectamente descrita.

Este canal fíxose no 1930 coa idea de ser logo unha minicentral eléctrica. Non chegou a funcionar nunca.

 

  • Tramo Ponte Fechas-Outomuro 

 

Couto de Puentegrande. Unha marabilla en tempos. Cantas troitas saquei nesta postura e todas grandes...

 

En moi mal estado, moi pouca troita. É un couto penoso. As Granxas e os verquidos aféctalles moitísimo.  Neste tramo tén un couto. Seica van facer unha limpeza do couto asociacións de pescadores de Celanova, compre dende logo pero o non estar enmarcada nunha limpeza global do río penso que van a gastar os cartos inutilmente. O tempo.

En marzo del 2000 van inagurar o couto do  río Orille, ó parecer está limpo e cuidado e ten troitas. Si é así a miña máis cordial enhoraboa á Sociedade Puentegrande. Moitas gracias no nome de tódolos que amamos a natureza e os nosos ríos. Este río foi fantástico e espero que volva selo no futuro...farei unha visita a zona...

Río Arnoia por riba de Puentegrande no verán.

Río Arnoia en Pontegrande. Un bon couto en tempos.

Por debaixo deste couto quedan algúns tramos con troitas.

Noticia de marzo de 1999: dicen que van facer un gran encoro en Sande e que a cola do encoro chegará ata Pontegrande. De ser certo, noticia que me gustaría saber, adeus o río Arnoia.

Tamén se fala, agosto de 1999 de facer unha minicentral na Merca. ¡¡ ollo !!. Xa está feita.

 

Ponte Freixo. Fotografía Andrés González.

 

Ver a cuarta  parte río Arnoia, Canal de Ruca, Ponte Freixo  (4 de 5) dende un drón. (Castrodón). Andrés González Castro.

 

Ponte Freixo. Fotografía Andrés Glez.

 

  • Tramo Outomuro-Desembocadura:

Moito vertedeiro incontrolado, é frecuente ver todo tipo de obxetos no rio ( sobre todo na zona de Outomuro, que por certo teñen un sendeiro do mellor da Provincia) , lamentable, rio en mal estado e sucio. Pouca troita, pero inda quedan. Este tramo esta moi afectado polas continuas subidas e baixadas das tres minicentrais do Tuño.

Río Arnoia en Sande. Sensacional. Verán de 1999.

O río neste tramo é extraordinario, moi malo de andar, pero fora de serie. A fotografía está sacada na segunda minicentral da Peneda, no verán de 1999.

O primeiro día de pesca 19-03-98 fun a pescar este tramo, vín que na zona de Arnoia habían limpiado o río e presentaba un aspecto agradable.

Última hora: están xa funcionando a tope a minicentral de A Peneda, que por certo ten unha toma que chupa literalmente o río Arnoia. Incríble. Entérome de que inda por riba van ampliar esta minicentral. ¡¡ Están tolos !!......

Fotografía de Rosa Lia del Diario El Mundo. Minicentral da Peneda na Arnoia baixa.

Antigua minicentral da Peneda. Aproveitando unha vella. Hoxe xa está feita unha máis grande.

e tamén outra minicentral en Arnoia. Adeus río. Estas minicentrais según Medio Ambiente, noticia de marzo de 1999 xa foron multadas por non manteñer o caudal ecolóxico. Deduzcan Vds. as consecuencias. Outro desastre. esta vez nun gran río que sin dúbida empeza a ser irrecuperable. Unha mala noticia.

pened11.jpg (21501 bytes)

Segunda minicentral do Arnoia. Pigarzo.

 

Comentario final : estas minicentrais estropean na miña opinión unha parte do río sensacional e que podría ser explotado turísticamente. Non comprendo como os alcaldes da zona non son capaces de ver esas posibilidades y deixan facer. Por certo xa está prevista unha terceira minicentral. Esta xente cheira os cartos,  e veña...

 

Río Arnoia en la zona de Sande-Arnoya. Una zona increiblemente bella.

O río vai encaxonado entre montañas de bosques increíbles e podería ser explotado turísticamente como un dos lugares máis interesantes da provincia: pesca fluvial, senderismo, deportes de agua, etc.

Na fotografía vese a zona da que estou escribindo e que ten aproximadamente 10 km.

Estas minicentrais, feitas nesta zona estropean o río de forma increíble, os donos dirán que xa existían, certo, pero as actuais multiplican por 100 as tomas de caudais e deixan o río esfolado.

OURENSE TEN UNHA RIQUEZA EN RÍOS QUE OS NOSOS POLÍTICOS NON SABEN VER.

¡¡ OU SON CEGOS OU SON IÑORANTES!!.

 

Última hora ( octubre de 1999) : o Concello de Arnoia recibirá 700.000 pts anuais por estas minicentrais...e por si fora pouco o gran negocio, recibirá o 20% dun parque eólico que se pretende montar en Coto de Novelle, coa empresa Hidrogiesta, a propietaria das minicentrais. Según Rogelio Martinez , alcalde de Arnoia : "é positivo para o Concello". Tamén recibirán un 1.5% da producción a cambio dunhas licencias de pasos subterraneos.

Redondeando 1.700.000 ó ano, por deixar facer á empresa anterior ó que lle de a gana.

Sin comentarios...

O río Arnoia está sendo explotado a conciencia polos minicentraleiros que están a desfacer os ríos galegos con total impunidade. Un auténtico negocio impresentable.

 

Nova presa da Peneda, aquí o canal casi chupa o río completo.

 

Vista da Arnoia. O fondo o río Miño. Fotografía Andrés Glez. Castro.

Vista da  desembocadura do río Arnoia.  Fotografía Andrés Glez.

 

 

Ver a quinta  parte río Arnoia, Desembocadura. Arnoia (5 de 5) dende un drón. (Castrodón). Andrés González Castro.

 

Ver tamén o traballo de Andrés Gonzalez Castro sobre a Peneda.

 

-------------------------------

 

 

PASARON 14 ANOS.  ESTAMOS  NO 2012.

  ¿COMO ESTÁ  O RÍO ARNOIA?

Río Arnoia por debaixo de Baños de Molgas.

 

Algunas  Consideracións:

   En canto á limpeza do río mellorouse na parte intermedia, pero moi deficiente en outras zonas. Hai moito que facer e moito que depurar. As depuradoras instaladas son de baixa calidade, e ademais en algunhas houbo moita trampa, ou non  funcionan ou no hai cartas para facelas funcionar ou ben non sirven para nada. O resultado é deficiente por non decir outra cousa.

Unha mostra do que  digo deuse no verán de  2011, ver como iba o río:

Baños de Molgas. Río Arnoia eutrofizado. Razón? Está clara...Descoñezo o autor da fotografía.

A partir de A Merca o río vai moito máis sucio. En Puentegrande recibe ó Orille que ven francamente mal, Celanova debe depurar pouco e mal...

O río Arnoia está pedindo a berros unha limpeza integral e  un análisis a fondo das depuradoras de: Arnuide, Maceda, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambia, Allariz e  Celanova.

Tamén as granxas s contribuen ó deterioro.

Outros problemas: os puríns na parte alta e media, algunhas obras como o Ave, etc.

Este era o aspecto de Allariz a finais do verán de 2011. Descoñezo o autor da fotografía.

 

Pola contra melloraron o couto de pesca da troita de Medos, tanto en limpeza como en troitas, así como o couto de Allariz. No vexo mellora no couto de Pontegrande.

Vexo melloras ambientais en Maceda, Baños de Molgas, Xunqueira, Allariz e Outomuro. En  Allariz sobre todo.

Maceda. ben có río, mal coa depuradora...Fotografía S. Lorenzo.

Xunqueira de Ambia. Ben có  río...Fotografía S. Lorenzo.

O Parque do Rexo pode non gustar, pero é  un lugar a visitar. Ó principio non me decían moito ass árboles pintadas e as pedras, pero teño que recoñecer que o lugar ten un equilibrio e gusta moito, cada día máis... O que desdice é a minicentral, que por certo leva  tres anos sin funcionar.

Pontillón no río Arnoia. 45 m. Marabilloso. O lugar está cuidado e limpo, cousa rara bos tempos que corren. Fotografía S. Lorenzo.

Detalles de Ibarrola. Cada día que os vexo gústanme máis... Hai poucas  árbores pintadas...Fotografía S. Lorenzo.

A presa do Rexo é marabillosa. Nesta  presa había en tempos unha minicentral que era totalmente compatible có  río. Fotografía S. Lorenzo.

Un lugar para poñerse en contacto cós deuses e as ninfas do lugar e da paisaxe... Fotografía S. Lorenzo.

O Rexo merece una visita. Gusta a la gente.

 

En Allariz está todo a punto, como debe ser. A miña enhoraboa a un pobo que supo acondicionar o río e que enseña o río como unha xoia a disfrutar...

Hai xente que non entende nada....

pero non todos son iguais...

Unha das moitas imáxes fantásticas que se poden ver en Allariz. Teñen todo  impecable, dende este ponte ata a última tosta. Enhoraboa.

O tema das minicentrales resulta impresentable e afecta moi moito ó  río Arnoia sobre todo na parte central e baixa do seu canle.

É certo que non se fixo o gran encoro que estaba proxectado cara a Cartelle pero pola contra fixéronse dúas minicentrais que son grandes presas para o río: a de Rubillós e a da Peneda.

Minicentral do Rexo: non funciona por deficiencias no conducto da agua, xa que sempre foi impresentable e feita con pouca cabeza.... Un arma de matar:

Por este canal, a minicentral do Rexo leva tres años sin funcionar (2008-2011). Non  me estrana, era un arma de matar.

Esta minicentral é do Concello de Allariz e seica ten accións Engasa, así lles vai...

Minicentral de Rubillós: una obra moi grande para o río. Deixa tres kms de río inservible, peligroso e impresentable. Por riba fanno Coto libre Sin morte. Non debera funcionar mentras non arranxaran a zona, é un arma de matar. O de couto é impresentable e unha burla os pescadores e a xente que pensa...

O río impresentable cheo de pedras e terraplenes impresentables.... Ver fotografías.

Esta minicentral é de San Miguel. S.A.

Minicentral de A Peneda. outro desastre na zona.

Minicentral de A Peneda. Una gran central en toda regla. Ver link.

Esta minicentral era de Hidrogiesa pero hoxe parece ser é de  Fenosa Generación S.A. Hoxe será Naturgy.

Cando fixeron o túnel algúns veciños querían saber onde metían a area e pedras que sacaban da excavación... Nesta fotografía está a resposta ó  fondo tendes o lugar.  Lonxe o pueblo de Arnoia. Fotografía sacada polo que  escribe dende o pueblo de  Piñón. Fácil de encontrar.

 

 

Por un río Arnoia limpo. por un gran río de Ourense. Por o noso río, enteiramente noso, xa que toda a súa lonxitude  84,5 kms. está na nosa provincia.

Coidemos ao río Arnoia.  Noso mellor río...en tempos...

Fotografía S. Lorenzo.

 

-------------------------------------------------------------------------------------------

 

 

Os que queirades profundizar e coñecer este río un pouco mellor vouvos recomendar o libro dun amigo J.B. Reza, un experto neste río, pescador e fabuloso escritor:

O  libro está publicado no 2012 pola Confederación hidrográfica do  Miño-Sil.

 

salir.jpg (922 bytes) Volver os ríos.