
Este é o río Barbaña no paso
sobre Ourense.
Dous feitos motívanme a
escribir sobre o Barbaña. O primeio é o vertido, ás veces temporal, de
augas residuais da cidade na desembocadura sen pasar a depuradora -
quizáis pola súa incapacidade- contaminando así o noso pai Miño. O
segundo, o anuncio do presuposto dunha cantidade substanciosa para levar a
cabo a limpeza do seu cauce. Son dous feitos antitéticos. Por un lado
trátase de descontaminar, e polo outro, establécese unha barreira que
atranca a comunicación ecolóxica entre os dous ríos.

Este é o vertido que hai xusto a
100 metros da desembocadura no Miño.
O río Barbaña foi noutro
tempo un contorno que asemellaba a aquela Arcadia dos gregos. Un pequeno
paraiso de pastores e pastoras que gardaban os seus gandos nunha e outra
orela, no medio dunha paisaxe verdescente e florida, comunicándose as
súas coitas e reloucos amorosos en voz alta que amortecía o monótono
discorrer das augas, entón transparentes e cristalinas. Tamén era un
edén para os pescos. Abundaban peixes, troitas, anguías, escoitábase o
croar das ras e frecuentábano aves e mamíferos acuáticos.

O pozo do inferno no Barbaña,
preto do polvorín, o río que describe o amigo Antonio Vázquez, unha
marabilla.
Este río é o resultado de
tres regatos que descenden polas parroquias de San Xulián de Figueiroá (
dende o alto do Nevoeiro), Santa Baia de Golpellás e Cantoña.
Recibe o nome do que pasa pola aldea de Barbaña ( Golpellás) e rega o
val de Rabeda. Preto de Calvos, cal outro Guadiana, desaparece baixo
terra, para voltar á superficie ó pouco treito. Descende por Seixalvo,
Sevilla, Mariñamansa, Sila, Pozo do Inferno, Vila Valencia, Porto
Carreiro, desembocando no Miño un pouco máis abaixo da Ponte Vella. Ten
un só afluente regular, o río dos Muiños que nace na Mezquita, pasando
por Pontón, A Valenzá, A Carballeira, xuntándose co principal preto do
polvorín.

Penso que o mapa pode axudar a
comprender o que pón o texto. O río da dereita é o Barbaña. O río da
izquerda é o da Mezquita, o que chama Antonio Vázquez o río dos
Muiños.
O paso pola ciudade
atravesábano as pontes de Sevilla, Codesal, Pelamios, Pedriña e Lebrona.
O caudal deste manso río
aumenta considerablemente coas choivas do inverno e no verán experimenta
unha dura estiaxe. En xullo de 1945 sufriu unha xigantesca crecida debido
a unha tromba de auga que caeu no nacemento do dos Muíños, ocasionando
graves danos, destrución de casas, pontes, cultivos e morte de animais e
de varias persoas que foron arrastradas ata a desembocadura, algunha non
apreceu máis.
Mentras Ourense era unha
pequena cidade conservou o seu caracter idílico. Co crecemento da
población, perdeu aquela condición e transformouse nun vertedeiro de
lixo onde desapareceu toda clase de vida e ó mesmo tempo nun foco de
infección con emanación de pestilentes cheirumes. Coa chegada da
democracia, vén sendo a súa recuperación un dos temas que expoñen os
distintos partidos políticos nos seus programas electorais. Tense feito
bastante: Recollida das augas residuais mediante a construcción de
colectores, o paseo que vai polas súas beiras desde o Remedios ata o
Pabillón Paco Paz, o hoxe fermoso Parque Barbaña, a mellora das augas
coa depuradora do Polígono que facilita a presencia de bandos de parrulos
silvestres, pitas de auga e dunha que outra troita que xa foi vista por
uns ollos cheos de fantasía e peixiños que prateaban no fondo areoso.

Antonio Vázquez é un home que non
coñezo, pero sin dúbida é realista. Efectivamente téñense feito
cousas e os parrulos salvaxes e as pitas de auga vense no río Barbaña.
As troitas e os peixiños débense sin duda a mentes moi optimistas e
positivas...máis que avistalos e penso que imaxinan que ven...todo
é bon...soñar non costa cartos...e enriquece.
Débese continuar nesta
labor, de xeito que nun futuro próximo o Barbaña poida compararse co
Esgueva que atravesa a cidade de Valladolid, exemplo de recuperación
ecolóxica. Neste traballo, os ourensáns debemos dar exemplo de civismo,
tratando ó río como un lugar virxe, como algo que é noso, con cariño,
manténdoo limpo, as depuradoras funcionando a cotío, facer desaparecer
tódolos desagues nocivos e mellora-la vida nas súas augas con soltas de
crías e unha vixilancia exhaustiva. Este ambiente de amor, de
preocupación polo río, vímolo observando en moita xente que pasea polas
súas beiras. Cando consigámo-la realización deste ideal, podemos decir
que Ourense progresa, que en Ourense hai un verdadeiro progresismo.

Hoxe hai moita xente que pasea a
beira deste río. Moita xente que sentimos o que moi ben dí Antonio
Vázquez.

Gústame pasear polo río Barbaña.
É a miña ciudade. Ourense gústame. Pero no ano 2000 cheira mal. Si
Manuel Cabezas arregla este río terá a miña admiración como ourensán,
si non o fai será un alcalde máis...
Está claro que non fixo nada.
Palabras...
Ver este link.
|