|
"Río Miño"-Poesía de Xosé Conde Fdez.
Portomarín cando era río Miño ceibe, polos anos 1950-1960. Onte ceibe... --0--
Xosé Conde
--0--
A misma fotografía xa co río Miño prisioneiro. 1962 Hoxe prisioneiro... Hoxe está a apodrecer en lamazais.
|
|
Xosé Conde un poeta a ter moi en conta.
Dibuxo de Xosé Conde Do"Repertorio bibliográfico de poetas galegos no exilio" CONDE FERNÁNDEZ, Xosé
Profesións: Poeta Profesións no exilio Poeta / Enfermeiro ----------------------------------------------
Nota:
A poesía "Río Miño" está recollida do libro "Ausencias, soños e rebeldías", poesía en galego (1952-1990). Este libro publicado por Arte de Trobar no ano 2012, é unha escolma da poesía de Xosé Conde elaborada por Víctor Campio Pereira e Edelmiro Vázquez Naval. Deste libro saco esta versión da poesía, poema que foi galardonado polo Concello de Lugo, no seu día.
Xosé Conde Fernández. Barbantes. Ourense (1918). O Porriño, Pontevedra (1990). Xosé Conde Fdez. cofundou con Eliseo Alonso e Teodoro Campos a revista "Mundo Gallego", en Arxentina. Colaborou en xornais e revistas da colectividade galega de Arxentina e na prensa de Galicia, especialmente en "La Región" e en "La hoja de lúnes" de Ourense, medios onde mantivo seccións fixas. Alén do seu labor literario , cultivou tamén a pintura e o dibuxo, asinando como Barqueiro.
Esta pintura, que figura na portada do libro, está firmada
por Barqueiro.
|