![]()
![]()
![]()
ESCARÑO CONTRA
OS DESTRAGADORES DO MUNDO.
Contaminadores do aire puro e da auga
humilde,
casta,
e cristalina.
Incendiarios da sagrada fraga
misteriosa, cantora e ancestral.
Asasinos de paxaros.
Verdugos
de todo canto ama, vive e canta.
Violadores e destructores
da máxica paisaxe rumorosa.
ENEMIGOS DA VIDA E DA BELEZA.
Consentidores de tanto xenocidio:
cando reventa o pus do voso odio
sementades de morte a creación.
Malditos para sempre endexamais
por tódalas xeracións que son
e serán:
¡vós sodes
a miseria e a vileza deste mundo!.
Salir esp.
Saír gal.
Volver a vida nos ríos.
![]() |
|
Manuel María morreu o día 08/09/2004. Sin duda morreu un poeta único e sensacional
Dende esta páxina www ¡¡Moitas gracias, alí onde estes...!!
Nesta páxina www hai outro poemiña deste gran poeta. Concretamente no apartado Os ríos son poesía. Poemiña do Sr. Regato do Cepelo.