TABLAS DE ACTIVIDADE  PARA A PESCA 2016.

 

 

 

 

Lembranzas da pesca no río Limia na Herdadiña. Ano 1975-1990

Hoxe non é un río normal, é un río embalsamado. Está morto.

 
n_star.gif (2841 bytes)A miña opinión sobre as tablas.
n_star.gif (2841 bytes)Tablas de actividade para este ano.

.n_star.gif (2841 bytes)O  lector debe ter en conta que hai  factores que poden  alterar esa actividade.

 galicia.gif (2685 bytes)  Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A MIÑA  OPINIÓN PERSOAL SOBRE AS TABLAS.

 

 

  

Pescas entre 1971-1984. Eran outros tempos onde pescar esa fonte de troitas que ten o meu compañeiro Félix era o máis normal, sobre 20 troitas. Pola aquela época pescamos moito o río Limia pola Herdadiña onde está feita a fotografía e Aceredo, do mellor da Provincia de Ourense, hoxe baixo o encoro de Lindoso. ¡Unha aberración!.

       É de xustiza dicir que as primeiras táboas solunares datan de 1934 e foron publicadas por John Alden Knight por primeira vez nese ano nos EEUU, en España publícanse desde 1955. Este americano, entusiasta da caza e a pesca e gran observador da natureza, intrigado polos continuas cambios de actividade, atopou, unha explicación, á marxe das influencias metereolóxicas e outros condicionantes do medio ambiente.


      A súa conclusión é que a atracción conxunta do Sol e a lúa, causa das mareas, inflúe tamén na actividade dos peixes, en especial, na necesidade de buscarse alimento. A tales momentos chamounos períodos solunares.


     As citadas táboas marcan por horas os períodos de maior actividade, con relación a outros períodos do día.


     O autor chegou tamén á conclusión de que polo menos en España os mellores períodos son os comprendidos entre o carto menguante e a lúa nova, sobre todo na pesca da troita, salmón e o lucio.
 

Ata aquí un pequeno resumo desta teoría.

 

A miña opinión:


      No ano 1968 chegaron ás miñas mans estas táboas e propúxenme abrir unha investigación para ver, polo menos empíricamente, que había de certo no anterior. A miña investigación comenceina no ano 1971 ata 1984 ( non tendo datos de 1978-79, xa que non estiven en Galicia neses anos). En todas as xornadas de pesca fun anotando: río, tramo, nº de troitas, cebo, condicións atmosféricas, período de lúa, cebos empregados, estado da auga e observacións persoais.

De cada xornada de pesca anotaba ou anotei durante máis de trece anos estos datos, aparte dos datos de cebo, xa que tamén levei unha estadística de moscas, ver un exemplo:

 

 

Estadística do ano 1984, primeira folla. Foi un mal ano de pesca ?? 13,5 de media ata maio. Naqueles tempos era malo,  hoxe conformaríame coa décima parte, dúas troitas de medida sempre...

Estos cuadernillos, non sei como, nos traslados de casa desapareceron...Unha mágoa...


Os datos da miña experiencia son os seguintes:

 

As miñas mellores pescatas (tanto en número como en picadas, é dicir en actividade de troitas,  fíxenas coa lúa en carto menguante, concretamente o 4º, 5º e 6º día entre cuarto menguante e  a lúa nova.

 

Outros teñen opinións parecidas, ver unha delas:

 

Fases L.

Día 1

Día 2

Día 3

Día4

Día 5

Día 6

Día 7

Lúa

Nova

(SC) Bon da noite ó alba.

 

(SC)Bon de noite á primeira hora da mañán.

(SC) Bon da noita á primeiras horas da tarde. (SC) Moi bon ata media tarde. (SC) Moi bon ata media tarde. (SC) Moi bon ata media tarde (SC) Excelente toda a manán.

Cuarto

Crecente

(SC) Bon pola mañán.

Regular pola tarde

 

(SC) Bon pola mañán.

Excelente pola tarde.

 

(SC) Regular

todo o día.

 

(SC) Regular

todo o día.

 

(SC) Regular

todo o día.

 

(SC) Moi bon de media tarde a noite.

 

(SC) Moi bon todo o día.

Lúa

Chea
(C) Regular todo o día.

 

(C) Malo todo o día (C) Moi malo todo o día. ?? Bon todo o día.

 

?? Bon á mañán e regular á tarde.

?? Bon á mañán e malo á tarde.

?? Bon ata medio media.

Cuarto

Menguante

(SC) Bon ó

mediodía.

(SC) Regular á tarde. (SC) Regular á tarde.

 

(C) Regular á tarde.

-----

Para mín excelente dende media mañán.

(C) Bon ó

mediodía.

-----

Para mín excelente dende media mañán.

(C) Excelente

ó mediodía e á

tarde.

------

Para mín excelente dende media mañán.

(C) Excelente

ó medio

día e á

tarde.

-----

Para mín excelente dende media mañán.

(C)  Comprabado por mín en trece anos de pesca da troita.

?? Con dúbidas este resultado.

(SC) non comprobado, por parte miña,  por medios empíricos.

 

Tendo en conta o dato anterior e coa única pretensión de que estos datos sexan útiles incluio neste traballo unha das moitas fórmulas que existen para este cálculo:

Link as tablas solunares. 

Por suposto existen outras tablas como as de John Alden e Jacqueline E. Knight que publicaba Hispano Europea tódolos anos, costaban 4 € e estaban adaptadas a España.

Persoalmente eran as que utilizaba sempre e dito sexa de paso eran as mellores. Hoxe, marzo de 2017 non se consiguen, deixaron de publicalas, polo menos en España.

flecha.jpg (1051 bytes) Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

TABLAS DE ACTIVIDADE  PARA ESTE ANO

O lector debe ter en conta que hai factores que poden alterar esta actividade.

Realmente non podo poñer as  tablas que recomendo que son as de Jhon Alden Knight, pero dende 2015 seica non se publican en España.

Pola miña parte son as que sempre usei.

 

Poño una das moitas fórmulas:

Ver este link sobre pesca e que pon as tablas

 

                galicia.gif (2685 bytes)  Volver Gal.                     flecha.jpg (1051 bytes) Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

    FACTORES QUE PODEN ALTERAR ESTA ACTIVIDADE.

A presión atmosférica
Unha baixada  de presión é sempre o inimigo  nº 1 do pescador. Tamén os cambios bruscos non son bós.
A temperatura ambiente.
Evidentemente si a temperatura é moi baixa, sobre todo a da auga os peixes teñen menos actividade.
O vento.
Vento norte moi malo. Vento  sur-suroeste bon, sempre que non sexa forte. As beiras nas que da o vento son as mellores.
Condicións do  lugar.
Unha enchenta é mala, o mismo unha baixada moi brusca.

Por eso onde hai minicentrais ou encoros  non hai maneira de controlar o chollo.

Momentos do ano.
Os mellores  meses  para a troita son abril, maio  e  xuño. Son os máis estables. Persoalmente cando se podía pescar o saltón, no verán,  para mín xullo era o mes preferido. Nunca esquecerei un día no río Arenteiro, pola zona de Seoane, onde fai uns anos se envelenou, as doce da mañá tuven que voltar para casa, non tiña onde meter as troitas e so eran 18. Era o mes de xullo e soio entraban troitas de 300 grs. para arriba... por suposto foi a miña maior pescata...eran, repito outros tempos, onde non había cupo, había poucos pescadores e moitas moitísimas troitas...

   flecha.jpg (1051 bytes) Subir.